Día de ...

5X Campaña contra a purpurina: un perigoso contaminante dos océanos

"Diversas organizacións e expertos internacionais alertaron durante os últimos meses da contaminación provocada, especialmente en mares e océanos, pola presenza de microplásticos. E non hai ningunha dúbida de que a maior parte dos produtos comercializados como purpurina están fabricados con minúsculas partículas plásticas e metálicas, que permanecen inalterables no medio ambiente durante decenas de anos."

Pinchade na imaxe para saber máis.

5X O lixo mariño, que é?

Fonte do artigo AEBAM.

O lixo mariño supón unha seria ameaza para a vida mariña, tanto pola súa elevada cantidade no medio mariño como pola súa composición (maioritariamente plásticos cuns elevados tempos de permanencia no medio, en ocasións superiores a 200 anos, que se  fragmentan en pequenas partículas ou  microplásticos), e pode afectar negativamente aos individuos, poboacións e ecosistemas mariños. O lixo mariños é, en particular a acumulación de residuos plásticos, foron identificadas como un problema global xunto con outros temas actuais clave como o cambio climático, a acidificación oceánica e a perda de biodiversidade ( CBD  and  STAP- GEF, 2012).

 

Impactos en ecosistemas mariños. Os impactos máis importantes producidos pola contaminación por lixos mariños son o enredo de fauna mariña en lixos, a inxestión de lixos mariños por parte de organismos vivos de todos os tamaños, os efectos derivados do seu potencial como  vector de introdución de especies  alóctonas, a alteración da estrutura das comunidades  bentónicas e a degradación dos fondos mariños. Estes impactos varían en función do tipo e tamaño dos elementos que compoñen os lixos mariños e dos organismos mariños cos que  interaccionan. Así mesmo, constatáronse efectos nas capacidades de alimentación, respiración, crecemento e reprodución nunha gran variedade de organismos por mor dos  microplásticos. Tamén é importante indicar que os efectos nocivos nos organismos non son só producidos pola incorporación de  microplásticos senón tamén polo efecto dos aditivos que estes conteñen.

             

Impactos sobre a saúde humana. Ademais destes impactos físicos, existe unha crecente preocupación polo impacto sobre a saúde humana como consecuencia das substancias tóxicas liberadas polos residuos plásticos ou a influencia que teñen os  microplásticos ao potenciar o transporte e a  biodisponibilidad de substancias tóxicas,  bioacumulativas e persistentes que poderían entrar na cadea alimentaria. Os organismos mariños como o  zooplancton poden inxerir diminutas partículas de plástico (que poden concentrar restos de hidrocarburos e transportar pesticidas como o  DDT) e acumulalas nos seus corpos. Estes contaminantes pasan a outros organismos que se alimentan de  zooplancton e así sucesivamente. Así, tanto as pezas de plástico como os tóxicos acumúlanse no corpo dos depredadores e aumenta a súa cantidade a medida que se avanza na rede  trófica mariña, o que se coñece como  bioacumulación e  biomagnificación, respectivamente. Os danos non só se circunscriben á vida do mar, senón que poden chegar ao ser humano, cando consome produtos mariños.

Pinchade nas imaxes

       

Impactos socioeconómicos. O lixo mariño ten tamén un impacto socioeconómico negativo, podendo provocar perdas económicas a industrias como a pesca comercial e o tráfico marítimo (obstrución de hélices), así como ás actividades recreativas e ao turismo. Os lixos mariños poden provocar a degradación dos caladoiros de pesca e producir pesca pantasma cando aparellos de pesca como redes, trampas e nasas que os pescadores abandonaron, perdido ou refugado continúan atrapando e matando un gran número de organismos mariños. Tamén poñen en perigo a saúde e a seguridade humanas tanto polas feridas causadas polos lixos aos bañistas como polos accidentes nas embarcacións debidos aos lixos mariños. Os lixos mariños ademais de producir contaminación estética nas costas que pode afectar o turismo e ás actividades recreativas, impactan ás economías locais, non só pola perda de ingresos procedentes do turismo senón porque a limpeza do lixo das praias e a súa xestión pode chegar a ser moi custosa.

 

5X Día Mundial do Medio Ambiente: Unímonos ao #trashtagchallenge

05/06/2019 09:00
Europe/Madrid

O próximo mércores día 5 celébrase o “Dia Internacional do Medio Ambiente” e se o tempo o permite para conmemoralo imos unirnos ao #trashtagchallenge e facer unha limpeza de plásticos na praia do Muíño na Guarda:

09:20h Saída en bus cara a praia.

10:00h Limpeza organizada en equipos mixtos supervisados cada un por un/ha mestre/a.

11:30h Merenda.

12:00h Xogos cooperativos.

13:00h Volta ao colexio. 

As crianzas van precisar unha bolsa para o lixo, unha gorra, crema para o sol botada da casa, roupa cómoda e o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º un par de lubas para protexer as mans. Convidámosvos a compartir esa xornada con nós. Quedamos ás 10:00h no aparcamento do hotel. Vémonos alí !!

 

 Podedes descargar unha copia da autorización descargando o ficheiro adxunto na parte inferior esquerda.

Pinchade na imaxe para ter máis información sobre o #trashtagchallenge

23A Día do Libro: Consellos lectores

Pinchade na foto para ver os libros recomentados este curso.

Álbum: Curso 18-19 -> Día do Libro

15M “Paseíño para peques no Monte Aloia”

15/05/2019 10:30
15/05/2019 13:00
Europe/Madrid

O próximo mércores día 15 celébrase o “Dia Internacional das Familias” e este curso queremos compartir a súa celebración con vós, coas familias do noso alumnado.

Convidámosvos a compartir coas vosas crianzas unha andaina, “Paseíño para peques no Monte Aloia, na que nos van falar da riqueza do seu entorno natural.

Por suposto, pode participar calquera membro da familia e as persoas que se animen a acompañarnos formarán equipo de traballo coa súa crianza recollendo información que ao rematar levarán para a casa. 

A actividade vaise desenvolver, se o tempo o permite, o mesmo mércores 15 de maio entre as 10:30h as 13:00h. As crianzas deberán traer a merenda e irán con nós en autobús.

O punto de partida vai ser un aparcamento que hai a 2km da casa forestal do parque natural indo cara o norte.

Vémonos alí !!

 Pinchade na imaxe

 

Consellos lectores polo Día do Libro

Pinchade na imaxe.

Álbum: Curso 18-19 -> Día do Libro: Consellos lectores

Semana da Lingua Galega

Hoxe rematou a "Semana da Lingua Galega".

Moitas grazas e felicitacións ao alumnado participante nas lecturas.

21M Día Internacional dos Bosques

"Sábese que unha sociedade progresa cando as persoas plantan árbores sabendo que nunca van poder sentar á súa sombra"  (Proverbio grego)

 

 "Fun aos bosques porque quería vivir sen présa. Quería vivir intensamente e sorberlle todo o seu zume á vida. Abandonar todo o que non era vida, para non descubrir, no momento da miña morte, que non vivira" (H.D. Thoreau) 

 

Distribuir contido