Día de ...

Ioga + Plástica polo Día da Paz

Pinchade na foto para ver todos os traballos.

Álbum: Curso 19-20 -> Ioga + Plástica

Obradoiro de ioga polo Día da paz

Pinchade na imaxe para ver as fotos.

Álbum: Curso 19-20 -> Obradoiros de ioga

31X: Día escolar da non violencia e da paz 2020

Para ver o vídeo que gravamos pinchade na imaxe.

30X: Obradoiro de ioga e relaxación polo Día da Paz

28/01/2020 12:00
Europe/Madrid

11F: Día da muller e a nena na ciencia.

10/02/2020 10:00
Europe/Madrid

O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia celébrase o 11 de febreiro. Foi proclamado en 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e das nenas.

 

 

Con ese fin imos organizar o día antes, xa que o 11 temos a charla "O monte é vida" da Consellería e Medio Rural, os seguinte obradoiros:

MUSEO CIENTÍFICO

10:00h Grupo de 1º, 2º e 3º  / 10:00h Obradoiro KIDS na súa aula para infantil.

11:30h Visita do grupo de infantil ao museo.

12:00h Grupo de 4º, 5º e 6º

 

 

 

 

 

30X: Día escolar da non violencia e a Paz

30/01/2020 12:00
Europe/Madrid

Queridas familias:

Este xoves día 30 despois do recreo, con motivo do "Día escolar pola Paz", imos desenvolver dous obradoiros infantís de ioga na zona azul. Faremos dous grupos: infantil, primeiro e segundo e terceiro, cuarto, quinto e sexto.

As sesións van ser guiadas por un mestre de ioga con moita experiencia en traballar con crianzas. É importante que ese día traian roupa cómoda. 

5X Facendo "plogging" na praia do Muíño

"Foi este febreiro cando se visibilizou de forma oficial en España o movemento  Plogging, unha nova práctica  ecodeportiva nada en Suecia no ano 2016 (o seu nome  aúna  jogging -correr en inglés- e  plocka  upp, que significa recoller en sueco) e que anima a recoller residuos e a depositalos nunha bolsa mentres se practica deporte ou se fai algo de exercicio diario. Os seus defensores organizaron en Eivissa unhas xornadas de sensibilización para dar máis a coñecer este fenómeno impulsado polo sueco Erik  Ahlström, un cidadán que farto de ver os residuos que había preto de Estocolmo, decidiu non quedar quieto e tratar de recoller parte do lixo nas súas carreiras habituais. Tras deixar constancia diso nas redes sociais, creou un grupo que de forma vertixinosa estendeu esta tendencia -que combina esforzo físico e cívico-, polos territorios nórdicos para acabar conquistando a máis de 25.000 persoas dun centenar de países, entre eles, España, onde chegou no 2018."

Pinchade na imaxe para saber máis.

Álbum: Curso 18-19 -> Limpeza no Muíño

5X Ideas para loitar contra os microplásticos da roupa

"Unha das moitas fontes de microplásticos é o material co que se fabrica a gran maioría de pezas de vestir que utilizamos cada día. Falamos de fibras sintéticas, que comprenden materiais como o nailon e o poliéster, obtidos pola síntese de diversos produtos derivados do petróleo e, por tanto, cunha persistencia ambiental moi elevada."

 

Pinchade na imaxe para seguir lendo.

Distribuir contido