O 20 de novembro é un día importante para a infancia por varias razóns. Celébrase o Día Internacional das Crianzas, desde 1954, pero ademais é o Aniversario da Declaración Universal de Dereitos das Crianzas, que se produciu en 1959. E ese día en 1989 aprobouse a Convención dos Dereitos das Crianzas, o máis universal dos tratados internacionais. A Convención dos Dereitos das Crianzas establece unha serie de dereitos, incluídos os relativos á vida, a saúde, a educación, e o dereito para xogar, á vida familiar, a estar protexidos da violencia, a non ser discriminados e a que se escoiten as súas opinións.
EN SUS ZAPATOS, unha serie de vídeos para abrir a mente, cuestionar crenzas e entender mellor o mundo dos nenos e as nenas.
Hoxe conmemoramos o Día da Biblioteca, en lembranza da Biblioteca de Saraievo que foi destruída hai 26 anos. Agustín Fernández Paz dicía que «ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA HAI UNHA LUZ», para sermos semente nova, para poder agromar.
Conto ilustrado que achega a enfermidade de Alzhéimer aos máis pequenos. Que lle pasa á avoa? é unha historia na que dende os ollos dunha nena e mediante as las, os enredos e a calceta, se explica de forma sinxela como os recordos desta anciá están enmarañados. Só cando tece en compañía da súa neta parece que todo recobra unha orde e un sentido. Edición bilingüe en galego e inglés na que as ilustracións, colaxes e fotografías de Miguel Peralta e Xoana Álvarez achegan beleza e colorido a unha historia chea de nós.