Uso responsable das TIC, Vivimos en comunidade, Autoconfianza, Relacións cos demais, Coeducación, Consumo Responsable, Crianzas coma nós, Educación Vial, Prevención da violencia de xénero, Construimos igualdade, Contigo contra o acoso escolar, De maior podo ser...

25N Non hai amor no maltrato

Imaxe do IES de Melide vencedora no  concurso da Xunta contra a violencia de xénero.

 

DGT: Conduce tu vida

Fábrica de persoas que non existen

Antes de ser publicadas, a maioría das fotos que saen en prensa e TV sufren algún retoque dixital. Botádelle unha ollada con calma a estes videos e tede en conta, cando teñades a tentación de comparavos con elas/es, que vós sodes auténticas/os...  elas/es xa vedes que non.

 

Obradoiros sobre corresponsabilidade no fogar

Este venres rematan os obradoiros sobre corresponsabilidade no fogar organizados polo concello de Oia en colaboración coa Deputación de Pontevedra.

Nestes días reflexionamos sobre moitos temas e aprendemos moitas máis cousas pero sobre todo démonos conta da cantidade de cousas que xa sabiamos facer e de que estamos listos e listas para ir aos poucos adquirindo responsabilidades dentro da nosa familia e non so por axudar, senón porque formamos parte dun equipo e para que funcione todo o mundo ten que contribuír.

Moitísimas grazas a Estela a monitora da actividade que soubo converter os obradoiros en experiencias divertidas, interesantes e sobre todo participativas. 

 

Aquí nos tedes tendendo a roupa despois de saír da "lavadora".

 

 

Recolléndoa cando está seca.

 

E dobrándoa para despois gardala no seu sitio.

Día Universal dos Dereitos das Crianzas

O 20 de novembro é un día importante para a infancia por varias razóns. Celébrase o Día Internacional das Crianzas, desde 1954, pero ademais é o Aniversario da Declaración Universal de Dereitos das Crianzas, que se produciu en 1959. E ese día en 1989 aprobouse a Convención dos Dereitos das Crianzas, o máis universal dos tratados internacionais. A Convención dos Dereitos das Crianzas establece unha serie de dereitos, incluídos os relativos á vida, a saúde, a educación, e o dereito para xogar, á vida familiar, a estar protexidos da violencia, a non ser discriminados e a que se escoiten as súas opinións.

EN SUS ZAPATOS, unha serie de vídeos para abrir a mente, cuestionar crenzas e entender mellor o mundo dos nenos e as nenas. 

 

 

Previr o acoso escolar implícanos a todas/os

Protocolo xeral para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar _v.2 (pdf)_adaptado ás Leis 39/2015 e 40/2015

 

Perfil da vítima de acoso escolar:

Normalmente atopámonos con crianzas que presentan algunhas das seguintes características ou factores de risco:

  • Ten unha autoestima baixa ou pobre.
  • Posúe poucas ou escasas habilidades sociais.
  • É pouco popular na escola.
  • Pode ter algún tipo de discapacidade física ou psíquica, que a/o fai vulnerable ou débil.
  • Presenta características persoais distintas ás dominantes: obesidade, miopía, unha forma de vestir diferente, falta de hixiene...
  • Pertence a grupos étnicos ou culturais minoritarios.

 

Perfil do/a acosador/a:

A crianza que realiza as accións agresivas, que maltrata e acosa a algún/ha compañeiro/a de clase, polo xeral é un neno ou nena que adoita presentar algunha, varias ou moitas destas características:

  • Provén dunha familia  desestructurada ou que está a atravesar unha situación estresante, como un divorcio, a morte dun dos proxenitores ou un familiar moi querido.
  • Teñen proxenitores con estilos educativos inadecuados, xa sexa por autoritarismo, permisividade, neglixencia, incoherencia, inatención, …
  • Adoitan ser nenos ou nenas  fortes fisicamente que necesitan dominar, ter poder e sentirse superiores.
  • Adoitan ser impulsivas/os.
  • Adoitan ser desafiantes e agresivas/os coas persoas adultas.
  • Teñen baixa tolerancia á frustración.
  • Teñen comportamentos antisociais temperáns.
  • Presentan escasa  empatía ou incapacidade para percibir a dor allea.
  • Son  egocéntricas/os.
  • Teñen unha actitude negativa cara a escola.
  • Adoitan ser crianzas con fracaso escolar.
  • Poden ter sido vítimas de malos tratos domésticos ou acoso escolar.

 

Perfil dos/as espectadores/as pasivos/as:

A) Alumnado: As características que definen a estas crianzas adoitan ser as seguintes:

  • Toleran os malos tratos e se  inhiben sistematicamente cando se producen.
  • Son conscientes dos malos tratos.
  • Coñecen as circunstancias, ao/á maltratador/a, á vítima, onde ten lugar, … pero calan.
  • Poida que colaboren no acoso gravando as agresións, ignorando ou illando aínda máis á vítima.

B) Profesorado e familias: Con frecuencia ambos non damos importancia aos sinais de alerta. Non actuamos ou nos inhibimos ante a resolución do conflito porque son "cousas de nenos". Na nosa man está cambialo.

  

Distribuir contido