Uso responsable das TIC, Vivimos en comunidade, Autoconfianza, Relacións cos demais, Coeducación, Consumo Responsable, Crianzas coma nós, Educación Vial, Prevención da violencia de xénero, Construimos igualdade, Contigo contra o acoso escolar, De maior podo ser...

Lili non quere medrar

Buscador seguro para as crianzas

 
Vivimos nunha época na que as crianzas viven envoltas en tecnoloxía, xa que é raro o fogar que non dispón de máis dun móbil na casa, unha tablet, un ordenador ou mesmo unha TV intelixente. Todos eles dispositivos conectados a Internet que os/as máis pequenos/as da casa son quen de manexar cada vez a unha idade máis temperá e cos que comparten moitas horas de pantalla.
 
Desta forma, as/os pequenas/os están a afacerse a unha contorna dixital na que atoparán multitude de recursos ao alcance da súa man. Pero a preocupación das familias é que naveguen por contidos apropiados á súa idade, algo que de momento implica que para que as crianzas fagan uso destas tecnoloxías de forma segura, as familias teñen que estar a lles vixiar en cada momento.
 
Ata agora, foron varios os intentos por ofrecer plataformas de contido infantil que ofrecían un uso totalmente seguro por parte dos/as máis pequenos/as como  YouTube  Kids ou  Designed  for  families, pero ningún deles están aínda dispoñibles en España e non se sabe se chegarán.
 
Agora chega  Bunis, o Google para nenos que filtra calquera contido non apto para menores. Segundo conta o propio creador, un enxeñeiro informático español chamado Emilio López, “É un buscador seguro que evita amosar resultados non aptos para menores, como contido pornográfico, violento ou con palabras  malsonantes”.
 
Se se accede á súa web oficial  bunis.org, pódese ver como dous simpáticos  monstruiños dan a benvida aos/ás máis pequenos/as e ofrecen unha caixa de procura para que as crianzas introduzan aquilo que queren ver ou co que se queren entreter.
 
Debaixo dese buscador, o informático español, creou un completo sistema de  filtros baseado no motor de procura de Google, pero que se encargan de realizar unha serie extra de  filtros en función de miles de palabras prohibidas que poidan levar a obter resultados non desexados.
 
 
 
 
Catro  filtros especiais
 
Concretamente, o buscador Bunis realiza catro  filtros sobre os resultados obtidos de Google onde o primeiro deles compara os termos de procura cunha base de datos con miles de palabras prohibidas, que no caso de coincidir non seguirá realizando a procura e por tanto non mostrará resultados.
 
Se a procura supera o primeiro filtro, é cando entra en xogo o segundo filtro, o de Google (Google  Safe  Search), que ten a función de excluír dos resultados obtidos despois de aplicar o primeiro filtro aqueles sitios que conduzan a imaxes, vídeos ou calquera outro tipo contido sexual explícito para que as crianzas non atopen contido indebido.

A continuación, Bunis aplicará outros dous filtros máis, un terceiro que comprobará se os resultados obtidos non se atopan dentro dunha base de datos que contén páxinas webs con contidos non aptos para as crianzas e un último filtro que non fai outra cousa que volver pasar o primeiro filtro sobre os resultados finais para asegurarse de que o que se vai a mostrar ao menor non conteña palabras  malsonantes nin contidos inapropiados.

Con todo, se aínda así nalgún momento as familias descobren algún contido que estimen non sexa o máis apropiado, o desenvolvedor do buscador habilitou un formulario para que se lle informe diso e poder proceder a engadilo nas súas bases de datos para que  Bunis sexa cada vez máis efectivo.

Aínda así, a vixiancia por parte das familias segue sendo importante e por iso é polo que  Bunis ten pensado ofrecer proximamente un panel de control para as familias, que lles permita rexistrar as procuras realizadas polas crianzas con todo detalle.

30X Día da Paz

 

 

Este ano as nosas pombas da Paz foron pombas mensaxeiras.

Pinchade na imaxe para que empece o desfile.

Álbum: Curso 18-19 -> Mural Paz
Distribuir contido