Uso responsable das TIC, Vivimos en comunidade, Autoconfianza, Relacións cos demais, Coeducación, Consumo Responsable, Crianzas coma nós, Educación Vial, Prevención da violencia de xénero, Construimos igualdade, Contigo contra o acoso escolar, De maior podo ser...

Para que serven os Días Internacionais?

"Sensibilizar, concienciar, chamar a atención, sinalar que existe un problema sen resolver, un asunto importante e pendente nas sociedades para que, a través desa sensibilización, os gobernos e os estados actúen e tomen medidas ou para que a cidadanía así o esixa ás/aos súas/seus representantes."

Pincha na imaxe.

Non hai nada imposible se o facemos xuntos

Nunca deixes pasar unha oportunidade de facer a alguén sorrir.

 

Heterofobia

As veces a mellor maneira de comprender aos demais é tratar de poñerse na súa pel... de calzar os seus zapatos durante un tempo...

Ás veces non nos damos conta do que poden ferir as palabras...

Ás veces cando formamos parte dun grupo deixamos de ser... e facemos e dicimos cousas que non teñen nada que ver con nós... 

Imaxinar un mundo ao revés descóbrenos onde están as inxustizas... e pon diante dos nosos ollos os nosos defectos ...

El vuelco de la brecha digital

Pincha en la imagen

25N Coloreamos o noso mundo de lila

Hoxe queremos poñer o noso pequeniño gran de area e sumarnos a unha reivindicación tan importante como é a do cese de calquera tipo de violencia contra as mulleres. Se pinchades na imaxe e a descargades poderedes usala para confeccionar pegatinas ou chapas nas que as crianzas podan escribir ao voso carón palabras de esperanza para o seu futuro.

 

 

25N Por que o día contra a violencia de xénero é o 25 de novembro?

Pincha na imaxe.

Patria, Dedé e Minerva Mirabal, feministas dominicanas. 

25N Nin unha menos

A dor, as ganas de fuxir e non poder. O medo, a angustia, a soidade, o propósito. O arrepentimento ficticio e o perdón malentendido... Todo condensado nunha interpretación que se asemella bastante á realidade.

Distribuir contido