Skip to Content

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR - NATACIÓN CURSO 2023/2024

Desde a Concellería de Deportes do Concello da Coruña nos informan do inicio do Programa de Natación Escolar en centros educativos públicos. 

Nesta edición coincidindo co inicio do curso escolar, e para facilitar ás familias a incorporación da actividade no horario anual de cada rapaz e rapaza, a partir do día 11 e ata o 22 de setembro, poderase realizar a inscrición no Programa.

A Campaña vai dirixida exclusivamente aos escolares de Ed. Primaria (2º, 3º e 4º curso) de Centros Públicos, con un número total de 500 prazas ofertadas na campaña, distribuídas en tres piscinas (Riazor, San Amaro y San Diego) e según as datas e horarios que se indican nas condicións da oferta.

IMPORTANTE NOVIDADE: Para esta edición a oferta de beneficiarios amplíase aos eScolares de 2º curso.

 

PROGRAMA DE NATACIÓN ESCOLAR 2023-2024

Dirixido a: Ed. Primaria (2º, 3º e 4º curso) de Centros Públicos.

Prazas: 500 prazas.

Inscricións: Do 11 ao 22 de setembro.

Lugar: Piscinas de Riazor, San Amaro e San Diego.

Datas curso: Do 3 de outubro ao 31 de maio.

 

No caso do noso centro, CEIP José Cornide, a piscina que nos corresponde é a de San Amaro, os días de curso son os venres. O transporte recollerá os nenos e nenas inscritos na porta no colexio as 16:35 h e os devolverán ó remate do curso as 18:35 h no mesmo lugar. Son os pais/nais/titores legais os encargados de levar e recoller os nenos inscritos á parada do autobús.

AnexoTamaño
Info Familias.pdf199.12 KB
Carta Concejalía.pdf265.7 KB
TALON DE PAGO.pdf173.13 KB
Condiciones de la oferta.pdf690.16 KB


blog | by Dr. Radut