Skip to Content

IDENTIFICACIÓN DAS ESPECIES VEXETAIS DO PATIO

Seguindo a formación recibida sobre Bosques Comestibles, dentro do Grupo de traballo: "Somos o que comemos" do Plan de Formación do Profesorado, o alumnado de Primaria estivo a traballar na identificación das especies vexetais que hai no patio e traballando tamén a competencia dixital.

Agora están a elaborar un mapa interactivo no que están situadas as especies e a súa información.

 

Tamén se están a elaborar carteis identificativos con:

- Nome da especie en Castelán, Galego e Inglés.

- Nome científico.

- Imaxe da planta.

- Código QR que enlaza á presentación coa información sobre a planta.

                                        



blog | by Dr. Radut