Gallego

G1301007: Servizos de rede e deseño dunha infraestrutura de dominio con GNU/Linux

Summary: 

Volve á oferta formativa de FP a actividade que anteriormente titulábase: "Xestión avanzada de Ubuntu. Servizos de rede e deseño dunha infraestrutura de dominio". Está dirixido ao profesorado de FP de Informática e Comunicacións e de ciclos de Sistemas de Telecomunicación e Informáticos.
Gallego

Esta actividade formativa en rede, forma parte da oferta formativa do plan anual de formación do profesorado de FP para o terceiro trimestre, destinada principalmente ao profesorado da familia profesional de Informática e comunicacións e tamén ao profesorado de Sistemas Electrónicos que imparta no ciclo de Sistemas de Telecomunicación e Informáticos. O profesorado interesado debe contar con coñecementos básicos de administración do Sistema Operativo Linux, sendo este un requisito necesario para participar na actividade.

O curso dedícase ás diversas tecnoloxías que se poden utilizar para a implementación de dominios con usuarios centralizados e recursos compartidos en rede, facendo uso de sistemas GNU/Linux e integrando tamén equipos clientes baseados en Windows. Para os exercicios prácticos empregarase Virtualbox e a última versión LTS do sistema operativo Ubuntu, polo cal os participantes deben contar cun PC con polo menos 4GB de memoria RAM.

Os titores responsables do curso, profesores da familia profesional de informática e comunicacións, xa actuaron coma titores na actividade anteriormente relacionada: Xestión avanzada de Ubuntu. Servizos de rede e deseño dunha infraestrutura de dominio.

Xa que esta actividade celébrase en paralelo co curso G1301003: Desenvolvemento de aplicacións web con J2EE , destinada ao profesorado da mesma familia profesional, pode darse a situación de que un/ha profesor/a sexa seleccionado/a para participar nas dúas actividades. De ocorrer ese caso os/as afectados/as deberán confirmar a súa admisión no curso que máis lle interese e renunciar ao outro. No caso de confirmar a súa admisión nas dúas actividades, será dado/a de baixa de oficio de unha delas elixida ao azar, en cumprimento do artigo 10.1.e da Orde do 14 de Maio de 2013 (DOG do 22/5/13).

Data de comezo: 22/4/2014

Data de finalización: 1/6/2014

Lugar de celebración: Platega

Número de horas totais: 30

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54378

Ligazón á Aula Virtual: http://www.edu.xunta.es/platega/course/view.php?id=2451

Servizos de rede e deseño dunha infraestrutura de dominio con Linux

G1301007: Servizos de rede e deseño dunha infraestrutura de dominio con GNU/Linux

Gallego

Data de comezo: 22/4/2014

Data de finalización: 1/6/2014

Lugar de celebración: Platega

Número de horas totais: 30

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54378

Ligazón á Aula Virtual: http://www.edu.xunta.es/platega/course/view.php?id=2451

Data: 

22/04/2014 - 01/06/2014

Sección: 

G1301003: Desenvolvemento de aplicacións web con J2EE

Summary: 

Dentro das novidades do presente plan anual de formación do profesorado de FP da familia de Informática e comunicacións, está programada para o 3º trimestre esta acción formativa en rede.
Gallego

Esta actividade formativa en rede, forma parte da oferta formativa do plan anual de formación do profesorado de FP para o terceiro trimestre, destinada ao profesorado da familia profesional de Informática e comunicacións. Xurde da demanda do profesorado desta familia, para formarse en linguaxes de programación para aplicacións web, completando un itinerario formativo neste eido formado polas seguintes actividades xa rematadas:

O curso dedícase á presentación e ó desenvolvemento dunha aplicación web usando tecnoloxías JEE, usando unha arquitectura de 4 capas. Usarase unha base de datos relacional para facer a persistencia, a capa de negocio e o acceso a datos ira no servidor de aplicacións JBoss e a capa de presentación Web se despregará nun servidor de servlets coma Jetty ou Tomcat.

O titor responsable do curso, profesor da familia profesional de informática e comunicacións, ten unha dilatada experiencia laboral como programador de aplicacións web e xa actuou coma titor na actividade: Desenvolvemento web con HTML5, CSS3 e jQuery empregando as pautas de Symfony2

Xa que esta actividade celébrase en paralelo co curso G1301007: Servizos de rede e deseño dunha infraestrutura de dominio con GNU/Linux , destinada ao profesorado da mesma familia profesional, pode darse a situación de que un/ha profesor/a sexa seleccionado/a para participar nas dúas actividades. De ocorrer ese caso os/as afectados/as deberán confirmar a súa admisión no curso que máis lle interese e renunciar ao outro. No caso de confirmar a súa admisión nas dúas actividades, será dado/a de baixa de oficio de unha delas elixida ao azar, en cumprimento do artigo 10.1.e da Orde do 14 de Maio de 2013 (DOG do 22/5/13).

Data de comezo: 21/4/2014

Data de finalización: 31/5/2014

Lugar de celebración: Platega

Número de horas totais: 30

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54373

Ligazón á Aula Virtual: http://www.edu.xunta.es/platega/course/view.php?id=2223

Desenvolvemento de aplicacions web con J2EE

G1301003: Desenvolvemento de aplicacións web con J2EE

Gallego

Data de comezo: 21/4/2014

Data de finalización: 31/5/2014

Lugar de celebración: Platega

Número de horas totais: 30

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54373

Ligazón á Aula Virtual: http://www.edu.xunta.es/platega/course/view.php?id=2223

Data: 

21/04/2014 - 31/05/2014

Sección: 

Publicación dos premios ás boas prácticas de innovación educativa 2013

Summary: 

Publícase unha selección dos proxectos premiados referentes á Resolución o 12 de setembro de 2013 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convocan premios ás boas prácticas de innovación educativa desenvolvidas durante o curso escolar 2012-2013.
Gallego

Publícase unha selección dos proxectos premiados referentes á Resolución o 12 de setembro de 2013 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convocan premios ás boas prácticas de innovación educativa desenvolvidas durante o curso escolar 2012-2013.

Pretendemos así dar publicidade a aquelas boas prácticas innovadoras premiadas que se desenvolveron nos centros educativos galegos durante o curso 2012-2013 e que supuxeron unha mellora da calidade do ensino.

  • Modalidade A: Mellora da convivencia nos centros educativos galegos.

1º premio: IES Afonso X O Sabio, Cambre, A Coruña (Un modelo de convivencia)

2º premio: CEIP de Cespón, Boiro, A Coruña (Bos días princesa)

Accésit: CMUS Profesional de Vigo, Pontevedra (Unha proposta de modelo organizativo de Centro no contexto do século XXI)

  • Modalidade B: Atención á diversidade.

1º premio: IES Plurilingüe de Ames, A Coruña (Proxecto Eslabón. Viaxe no tempo. O musical 2011-13)

2º premio: CEIP de Oza dos Ríos, A Coruña (O blog da aula de AL: "Falando enténdese a xente...")

Accésit: IES Luís Seoane, Pontevedra (Con-vivindo con-arte)

  • Modalidade C: Uso innovador das tecnoloxías da información e da comunicación que introduzan cambios metodolóxicos.

1º premio: IES Manuel García Barros, A Estrada, Pontevedra (Dives Gallaecia)

2º premio: IES de Sabón, Arteixo, A Coruña (Aplicación dos códigos QR en contornos educativos)

Accésit: CEIP A Rúa, Cangas, Pontevedra (Utilización de Google Sites na metodoloxía de traballo por proxectos)

  • Modalidade D: Desenvolvemento das competencias básicas.

1º premio: IES Plurilingüe Fontem Albei, A Fonsagrada, Lugo (Aprendizaxe por proxectos no desenvolvemento das CCBB)

2º premio: IES Carlos Casares, Viana do Bolo, Ourense (A adquisición das competencias básicas como unha realidade multidisciplinaria)

Accésit: CEIP Santa María do Valadouro, O Valadouro, Lugo (Competentes coas competencias!)

  • Modalidade E: Mellora da aprendizaxe e do uso da lingua galega.

1º premio: IES Félix Muriel, Rianxo, A Coruña (Rianxo fala)

2º premio: IES Perdouro, Burela, Lugo (Modelo Burela)

  • Modalidade F: Mellora da aprendizaxe e do uso das linguas estranxeiras.

1º premio: CEIP Wenceslao Fernández Flórez, Cambre, A Coruña (Uso das TICs nas seccións bilingües)

2º premio: EEI Concepción Crespo Rivas, Pontevedra (I can travel around the World with english)

  • Modalidade G: Iniciativas de emprendemento e/ou de innovación metodolóxica na Formación Profesional.

1º premio: CIFP Ánxel Casal-Monte Alto, A Coruña (Inclusión do alumnado con deficiencia auditiva. Acústica das aulas e acceso á linguaxe oral)

2º premio: IES Leixa, Ferrol, A Coruña (Proxectos colaboración)

boas practicas

Novo MOOC de Educalab: Aprendizaxe baseada por proxectos

Gallego

O curso “Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP)” ofrece unha oportunidade de desenvolvemento profesional a través da participación nunha rede de aprendizaxe masiva e en liña e grazas ao deseño dun proxecto de aprendizaxe nun ambiente colaborativo.

Participar nesta experiencia permitiranos coñecer proxectos de referencia, analizalos, deseñar os nosos propios proxectos e entrar en contacto con outros docentes, profesionais ou persoas interesadas na educación con quen non só debateremos sobre esta metodoloxía senón que tamén serán o noso principal apoio e os nosos compañeiros e compañeiras para o desenvolvemento dos nosos proxectos.

Ao longo do curso poderanse conseguir 3 emblemas dixitais:

  • Ao finalizar a unidade 3: Docente activo

  • Ao finalizar a unidade 5: Docente avaliador

  • Ao finalizar a unidade 7: Docente ABP

Esta modalidade de formación faise de forma experimental sen certificación. Só se entregan os emblemas dixitais mencionados como forma de recoñecemento da aprendizaxe desenvolvida nas actividades do curso e non se certifican “horas de formación”. A estimación de carga horaria (40 h) é só orientativa. Agárdase que a participación no curso teña como principal motivación a aprendizaxe persoal, o desenvolvemento profesional e a colaboración con outros docentes.

As actividades da unidade 1 abriranse o luns 31 de marzo.

ACCESO A TODA A INFORMACIÓN

mooc

Encontros dos centros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2013/2014

Summary: 

Os días 27 e 28 de marzo celebraranse os Encontros dos centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2013/2014 no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela
Gallego

Como cada ano, reuniranse nesta última semana do mes de marzo en Santiago, os responsables das bibliotecas escolares dos centros acollidos ao Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia. Os Encontros compartirán o lema elixido pola Asesoría de Bibliotecas Escolares para este curso 2013/2014, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR.

Fotografía de Inés MiretFotografía de Luis Miguel Cencerrado
O primeiro día, no que se congregarán os representantes dos centros que se incorporaron ao PLAMBE na última convocatoria, iniciarase coa conferencia ¿Reinventarse? Retos para a biblioteca escolar do século XXI, a cargo da relatora Inés Miret Bernal, Coordinadora do grupo de expertos en lectura e bibliotecas da OEI e directora do equipo que elaborou o estudio LAS BIBLIOTECAS ESCOLARES EN ESPAÑA. DINÁMICAS 2005-2011, realizado pola  Fundación Germán Sánchez Ruipérez, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. A  Asesoría de Bibliotecas Escolaresfará a presentación do  Plan de mellora de bibliotecas escolares para os novos integrantes. Presentaranse  3 experiencia de boas prácticas e pechará o día a conferencia de Luis Miguel Cencerrado, Sentido e alcance da colección da biblioteca escolar en tempos de cambio. Fotografía de Jorge Mira

Jorge Mira Pérez, Director do departamento de física aplicada da Universidade de Santiago de Compostela e responsable do programa ConCiencia de divulgación científica, abrirá a xornada do  venres 28 de marzo coa conferencia A emoción do descubrimento científico: unha porta cara ao hábito lector reflexivo

O venres haberá dúas sesións con actividades simultáneas: pola mañá, mesas de experiencias;  e reunións temáticas pola tarde. Cada participante deberá escoller aquela mesa de experiencias ou aquela reunión temática que sexa do seu interese.

Antonio Rodriguez de las Heras, Director do Instituto de Cultura e tecnoloxía da Universidade Carlos III de Madrid, fará a conferencia de clausura, O lugar da biblioteca na sociedade tecnolóxica.


PROGRAMA

. Fotografía de Antonio Rodríguez de las Heras

 

Encontros PLAMBE
Montaxe de imaxes para representar os Encontros do PLAMBE
Inés Miret
Fotografía de Inés Miret, Coordinadora do grupo de expertos en lectura e bibliotecas da OEI
Luis Miguel Cencerrado
Fotografía de Luis Miguel Cencerrado
Jorge Mira
Fotografía de Jorge Mira
Antonio Rodríguez de las Heras
Fotografía de Antonio Rodríguez de las Heras

Xornadas de Contratos Programa

Summary: 

Lugar de realización: Palacio de Congresos – Santiago de Compostela Data de realización : Venres 4 de abril de 2014
Gallego

Nesta convocatoria a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria comprometeuse a proporcionarlle unha formación específica ao equipo directivo e ao profesorado dos centros implicados no desenvolvemento de contratos-programa, así como a divulgar as boas prácticas, identificadas no desenvolvemento dos programas nos diferentes centros e que poidan servir de modelo de referencia na organización e xestión doutros centros.

Obxectivos:
1.- Contribuír á mellora do desenvolvemento dos contratos-programas.
2.- Aproveitar os recursos e as estratexias metodolóxicas máis axeitadas para as distintas liñas de actuación.
3.- Intercambiar experiencias de boas prácticas entre os centros participantes.

Lugar de realización: Palacio de Congresos – Santiago de Compostela
Data de realización :  Venres  4 de abril de 2014

Destinatarios:
Nº de asistentes: 600

contratos programa

Streaming da Xornada escol@tic.2014

Summary: 

Streaming da Xornada escol@tic.2014
Gallego

Comezan as Xornadas escol@tic.2014 no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. Dende a tarde de hoxe, 21 de marzo, ata a tarde de mañá, sábado 22, todas as persoas que non poidades asistir ao mesmo tedes a oportunidade de seguilo nas vosas casas en streaming. Para acceder preme no botón de abaixo.

 

 

 

 

streaming

Mindmeister

Seguindo a filosofía de "Dálle un peixe e comerá un día, ensínalle a pescar e comerá toda a vida", MINDMEISTER é un mapa que vai máis alá de recursos para desenvolver a competencia lingüística a través das catro destrezas básicas. Inclúe tamén ferramentas TIC e o modo de integralas nas clases de linguas. Asemade é tamén unha fonte de material AICLE/CLIL para distintas áreas. Resulta de grande interese porque ademais cada temática hipervincula a webs que ofrecen un abano grande de posibilidades de gran utilidade para todos os niveis educativos. En definitiva, é un recurso interdisciplinar, holístico e que fomenta a iniciativa e a creatividade por parte dos docentes.

 

 

Gallego
mindmeinster