Premios ás boas prácticas de innovación educativa desenvolvidas durante o curso escolar 2012/2013 en centros públicos dependentes desta Consellería

Mar, 24/09/2013 - 13:10

Estes premios pretenden recoñecer as boas prácticas innovadoras desenvolvidas polos centros educativos galegos públicos na súa procura da mellora da calidade educativa.

Destinatarios: centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Modalidades:

  • A.  Mellora da convivencia nos centros educativos galegos.
  • B.  Atención á diversidade.
  • C.  Uso innovador das tecnoloxías da información e da comunicación que introduzan cambios metodolóxicos.
  • D.  Desenvolvemento das competencias básicas.
  • E.  Mellora da aprendizaxe e do uso da lingua galega.
  • F.  Mellora da aprendizaxe e do uso das linguas estranxeiras.
  • G.  Iniciativas de emprendemento e/ou de innovación metodolóxica na Formación Profesional.

Premios e dotación económica:

Cada modalidade contará cos seguintes premios:

  • 1º premio: 3.000 €
  • 2º premio: 2.000 €

Ademais, haberá 4 accésits por valor de 1.150 € cada un, para as boas prácticas nas modalidades que decida a comisión de selección.

Estas cantidades irán destinadas aos centros onde se desenvolveron as boas prácticas.

Recoñecemento para o profesorado:

Os autores dos traballos premiados serán recoñecidos pola Administración Educativa como premio de innovación educativa.

Documentación a presentar:

  • Anexo I (a descargar no arquivo anexo)
  • Memoria descritiva
  • Materiais e recursos dixitais

Prazo de presentación: ata o 15 de outubro de 2013, inclusive.

Máis detalles no arquivo anexo da resolución.

En caso de dúbidas pode dirixirse a: