Gallego

Convocatoria de cursos do INTEF

Summary: 

Segunda edición do 2014 de cursos de formación en rede do INTEF.
Gallego

O Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado (INTEF) convoca 5.145 prazas, en 21 cursos, en red de formación permanente do profesorado.

Pódese consultar a convocatoria no B.O.E.  núm. 47, de 24 de febreiro de 2014.

A solicitude de inscrición faise mediante instancia, accesible por Internet.
intef

Convocatorias de interese

Summary: 

Convocatorias de interese
Gallego
  • Axudas para a elaboración de recursos didácticos para a súa incorporación ás plataformas de acceso público do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (ata 18 de setembro de 2014):

http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo-servicios/becas-ayudas-subvenciones/para-profesores/no-universitarios/elabora-recurso-didactico.html

  • XV Concurso Hispanoamericano de Ortografía do ano 2014:

http://blog.educalab.es/cniie/2014/09/02/xv-concurso-hispanoamericano-de-ortografia-del-ano-2014/

  •  XXX Premios “Francisco Giner de los Ríos” á mellora da calidade educativa 2014 (ata 15 de outubro):

http://blog.educalab.es/cniie/2014/08/21/xxx-premios-francisco-giner-de-los-rios-a-la-mejora-de-la-calidad-educativa-2014/

  • Formación do profesorado en rede (prazo de presentación de solicitudes: do 8 ao 22 de setembro):

https://sede.educacion.gob.es/catalogo-tramites/profesores/formacion/no-universitarios/formacion-en-red.html

 

 

 

 

 

 

convocatorias de interese

V Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia

Summary: 

Celebración en Santiago de Compostela das V Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia
Gallego

Os días 7 e 8 de novembro de 2014 temos previsto celebrar en Santiago de Compostela as V Xornada de bibliotecas escolares de Galicia (referencia: G1402014)

A Asesoría de bibliotecas escolares e o departamento de biblioteca escolares do CAFI colaboramos no programa e organización e estamos a traballar co fin de acadar unha actividade de interese e utilidade para o profesorado.

Esta é unha actividade aberta á participación de todo o profesorado; contamos con 1100 prazas e o prazo de inscrición non remata até o 19/09/2014.

V Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia
V Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia

Axudas para a creación de recursos didácticos

Summary: 

Resolución de 16 de xuño de 2014, da Secretaría do Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan axudas para a elaboración de recursos didácticos para a súa incorporación ás plataformas de acceso público do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Gallego
Resolución de 16 de xuño de 2014, da Secretaría do Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan axudas para a elaboración de recursos didácticos para a súa incorporación ás plataformas de acceso público do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
 
 
 
 
axudas
axudas

S1402001: Xornadas de transporte e mantemento de vehículos 2014

Summary: 

Por terceiro ano consecutivo, na segunda semana do vindeiro mes de setembro, celébranse no CIFP Politécnico de Santiago estas Xornadas destinadas a todo o profesorado da familia de FP de Transporte e mantemento de vehículos.
Gallego

Tras recoller as suxestións realizadas polos participantes das anteriores edicións das Xornadas, desta volta decidiuse alongar a duración dos Obradoiros prácticos e das Xornadas. A diferenza dos anos anteriores esta edición durará un total de 20 horas, distribuídas nos días 9, 10 e 11 de setembro en horario de 9:30 a 14:00 e de 15:30 a 18:00.

As Xornadas organízanse en 5 obradoiros de diferentes temáticas, que se celebran en paralelo. Os obradoiros duran todo un día (6h30) e teñen un carácter práctico. Estes obradoiros repítense os 3 días, deste xeito cada un dos participantes terá a oportunidade de asistir a lo menos a 3 dos 5 obradoiros que se ofertan, de acordo cos seus intereses. Como se pode comprobar na seguinte táboa, os relatores son expertos de empresas e entidades do máximo recoñecemento nacional, e as temáticas elixidas recollen moitas das demandas formativas solicitadas polo profesorado da familia de TMV:

Relator Temática do Obradoiro

JOSÉ LAUREANO CANOIRA LÓPEZ ETSE Minas e Enerxía da Universidade Politécnica de Madrid

Bio-diesel

FEDERICO CARRERA SALVADOR CESVIMAP

Reparación de plásticos

PEDRO JAVIER FERNÁNDEZ PAREDES Robert Bosch España, S.L.U.

Comprobación de sensores/actuadores

ALEJANDRO JIMÉNEZ Hella, S.A.

Funcionamento e diagnose de sistemas de alumeado de xenón e LEDs

CARLOS POLONIO NIETO Cars Marobe, S.L.

Sistemas anticontaminación e diagnose a través de gases de escape

Xornadas TMV

Data de comezo: 9/9/2014

Data de finalización: 11/9/2014

Lugar de celebración: CIFP Politécnico de Santiago

Número de horas totais: 20

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61023

Ligazón á Aula Virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=272

Xornadas TMV 2014
Xornadas TMV

Estancias profesionais para centros e profesores

Summary: 

Publicadas no BOE as convocatorias de estancias profesionais dirixidas a centros e a profesores
Gallego

Publícanse no BOE as convocatorias de estancias profesionais dirixidas ao profesorado que imparte ensinos regulados por LOE e aos centros educativos de todo o territorio nacional e destinadas a fomentar intercambios profesionais e culturais entre centros e docentes doutros países europeos. O profesorado poderá realizar estancias en centros educativos de Alemaña, Austria, Francia, Reino Unido ou Suíza, que lles ofrecerá a oportunidade de coñecer diferentes sistemas educativos e fórmulas de organización e xestión de centros, ademais de ampliar as súas estratexias de ensino e aprendizaxe dunha lingua estranxeira ou nunha lingua estranxeira. Os centros que o desexen poderán acoller a profesores dalgún dos países participantes na convocatoria.

estancias profesionais
estancias profesionais

S1401002 - Comercio internacional, custos e documentación

Summary: 

Comercio internacional, custos e documentación (S1401002) Prazas libres para este curso que se celebrará no CAFI, en Santiago de Compostela, do 1 ao 5 de setembro de 2014
Gallego

Imaxe promocional do curso Comercio Internacional

Prazas vacantes para o curso S1401002 - Comercio internacional, custos e documentación que se celebrará no CAFI en Santiago de Compostela do 1 ao 5 de setembro de 2014.

Este curso está dirixido á área de FP de Comercio e marketing. Terá unha duración de 25 horas.

Máis información na ficha de FProfe

Esta actividade está financiada polo Fondo Social Europeo.

curso comercio

S1401021:O imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF).unha aproximación práctica

Summary: 

Curso do Plan Anual 2014-15 para profesorado de Administración e xestión
Gallego

O día 30 de xuño comezará nas instalacións do CAFI   o curso “  O imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF).unha aproximación práctica” programado para o  profesorado de Formación Profesional da familia de Administración e Xestión .

 Contidos do curso

1.Rendas exentas e rendas suxeitas, unidade familiar e tributación conxunta, sancións e recargas, IRPF dos arrendamentos.

2..Rendementos de actividades profesionais en estimación directa, rendementos de actividades agrícolas e gandeiras, réxime especial de agricultura gandería e pesca.

3.A obriga de declarar. As obrigas fiscais do comercio minorista. O aprazamento das débedas tributarias. O embargo de soldos e salarios. Retencións e cálculo.

4.As ganancias patrimoniais. Módulos: obrigas fiscais de bares e restaurantes.

5.Deducións, mínimos persoais, plans de pensións, deducións..

 

Esta actividade  desenvolverase dende o 30 de xuño  ata o día 4 de xullo, en horario de 9:00 a 14:00 horas , e terá lugar nas aulas do CAFI

Como axuda estarán dispoñibles os materiais do curso na aula virtual do CAFI .

Enlace a ficha do curso:

https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61038

 

IRPF

S1401016: Como dar a coñecer a miña empresa e vender os meus produtos a través de internet

Summary: 

Curso do Plan Anual 2014-15 para profesorado de Formación Profesional
Gallego

O día 30 de xuño comezará  nas instalacións do CAFI  o curso “Como dar a coñecer a miña empresa e vender os meus  produtos a través de internet”  programado para todo o  profesorado de Formación Profesional, e especialmente para os titores dos viveiros de empresa.

Neste curso farase un análise das  redes sociais como medio de transmisión de información das empresas, así como o uso da publicidade e o marketing empresarial mediante a utilización de internet.

Esta actividade  desenvolverase dende o 30 de xuño  ata o día 4 de xullo, en horario de 9:00 a 14:00 horas , e terá lugar nas aulas do CAFI

Como axuda estarán dispoñibles os materiais do curso na aula virtual do CAFI .

como dar a coñecer

enlace ficha contidos:

https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61029

Como dar a coñecer a miña empresa

S1401017: Formación específica de xestión económica para secretarios de centros con ensinanzas cofinanciadas polo FSE

Summary: 

Esta actividade xurde das demandas de moitos/as dos/as secretarios/as dos centros educativos onde se imparten ensinanzas financiadas polo Fondo Social Europeo, con respecto ás xestións administrativas necesarias.
Gallego

Esta actividade xurde das demandas de moitos/as dos/as secretarios/as dos centros educativos onde se imparten ensinanzas financiadas polo Fondo Social Europeo, con respecto ás xestións administrativas necesarias. Repasará os problemas e trámites mais habituais:

  • Pagos a provedores nacionais e internacionais.
  • Procedemento de pago a provedores online
  • Pago a provedores aos que se lles debe practicar retención do IRPF. Obrigas fiscais, modelos(111,190,357…)
  • Gastos elixibles: directos e indirectos.

Celebrarase polas mañás na aula de informática do CIFP Compostela (10:00-14:00) e pola tarde na aula 1.11 do CAFI (15:30-19:00)

Secretarios FSE

 

Data de comezo: 7/7/2014

Data de finalización: 9/7/2014

Lugar de celebración: CIFP Compostela (10:00-14:00) , CAFI (15:30-19:00)

Número de horas totais: 20

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61031

Ligazón á Aula Virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=495

 cofinanciadas polo FSE