Gallego

S1401018: Metodoloxía didáctica específica para o profesorado de FP

Gallego

Data de comezo: 13/10/2014

Data de finalización: 18/11/2014

Lugar de celebración: Centro Autonómico Formación e Innovación

Numero de horas totais: 20

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61034

Ligazón á aula virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=382

Data: 

13/10/2014 - 18/11/2014

Sección: 

Curso presencial: Falar, contar e cantar

Summary: 

O CAFI no mes de outubro desenvolverá un curso de 12 horas no se pretende entre outros obxectivos coñecer estratexias metodolóxicas para traballar a oralidade cos nosos alumnos de infantil e primaria. O prazo para inscribirse remata o 19 de setembro de 2014.
Gallego

Centro de formación e recursos: CAFI
Data límite de inscrición: 19/09/2014
Lugar: Salón de Actos do CIFP Compostela (Lamas de Abade, s/n)
Prazas: 50

Horas: 12 horas

DATAS: 8,15,22 e 29 de outubro (horario 18:00-21:00 horas)

Destinatarios:

597031 - Mestres. Educación infantil

597038 - Mestres. Primaria

 

Obxectivos:

  • Coñecer estratexias metodolóxicas para traballar a oralidade.

  • Valorar a lingua oral como medio de expresión e comunicación

  • Presentar propostas motivadoras para fomentar o hábito lector

Contidos:

  • Expresión corporal e musical.

  • Contos,cantigas, poemas, refráns e lendas

  • A dramatización

Información: Departamento Infantil e Primaria CAFI

 

 

falar, contar, cantar

File: 

PCD Generator

PDC 3.0 é un programa que proporciona un sistema áxil, rápido e sinxelo para a planificación e o desenvolvemento de Programacións Didácticas e Unidades Didácticas baseadas en Competencias Clave. Dispón de distintos sistemas de avaliación e permite xerar en calquera momento un informe de cada alumno recollendo aqueles aspectos nos que é competente e aqueles nos que non. Tamén inclúe a posibilidade de crear adaptacións curriculares e PTIs (Plans de Traballo Individualizado).

 

 

Gallego
PCD generator

Formación Profesional básica

Summary: 

Decreto 107/2014, do 4 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia e se establecen vinte e un currículos de títulos profesionais básicos
Gallego

Xúntase o Decreto 107/2014, do 4 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia e se establecen vinte e un currículos de títulos profesionais básicos

FP basica

G1401019 Contabilidade práctica con aplicación informática

Summary: 

Actividad del Plan Anual de Formación para profesorado de Formación Profesional da familia de Administración e xestión
Gallego

Data de comenzo: 29 de setembro 2014

Data de finalización: 12 de decembro 2014

Número de horas totais: 50 horas

Lugar de celebración : Platega

Enlace contidos Fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61036

Sección: 

G1401019 Contabilidade práctica con aplicación informática

Summary: 

Curso do Plan Anual de Formación para profesorado de Formación Profesional da familia de Administración e xestión
Gallego

G 1401019 Contabilidade práctica con aplicación informática

Curso do Plan Anual 2014-15

A partires do vindeiro 29 de setembro, iniciarase un curso en rede programado para profesorado da familia de Administación e Xestión “ Contabilidade práctica con aplicación informática”.

Os obxectivos deste curso inclúen coñecer a aplicación informática ContaSol, así como o seu manexo mediante a resolución de supostos prácticos.

A actividade estenderase durante 10 semanas. Durante ese tempo deberanse completar as tarefas que a  titora  propoña. Como axuda estarán dispoñibles a través do email e dos foros para contestar dúbidas e resolver problemas, e ademais haberá documentación de axuda colgada na mesma aula virtual. Para recibir a certificación correspondente, debe facerse correctamente o mínimo das tarefas que a titora estableza.
Como é un curso en rede, cada participante pode conectarse á aula virtual no tempo e horario que considere oportuno: o importante é entregar as tarefas correctas e en tempo.

Data comenzo:29 setembro

Data finalización:12 de decembro

Lugar de celebración:Platega

Enlace a Fprofe:https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61036

contabilidade

Curso ITEC Abalar 2º ciclo

Summary: 

G1401078 (CAFI), O1401024 (CFR Ourense) e P1401035 (CFR Pontevedra) Últimos días para inscribirse no curso mixto do ITEC
Gallego

Resumo do proxecto
iTEC describe unha serie de escenarios de aprendizaxe, compostos por actividades secuenciadas coas que se resolverá un problema real buscando a motivación do alumnado e o aproveitamento dos recursos dispoñibles.
Estes escenarios non dependen do nivel, materia e contidos a traballar, sendo o profesorado o responsable de ordenar as actividades e elixir levalas a cabo baseándose na realidade da súa aula e o acceso á tecnoloxía de que dispoñan. Exemplos de escenarios de aprendizaxe son “narrar unha historia”, “crear un xogo”, “deseñar unha simulación de física” ou “crear un obxecto”.
Os escenarios de aprendizaxe deseñados no proxecto iTEC están empregándose en aulas piloto de 19 países coa fin de estudar a súa aplicabilidade. En Galicia a pilotaxe está dirixida pola Universidade de Vigo, única institución española participante no proxecto.

Adaptación do proxecto iTEC ao proxecto Abalar
Ao longo do ano 2014 están realizándose accións de pilotaxe do proxecto iTEC en aulas galegas. Nunha primeira fase, realizada entre xaneiro e maio participaron 6 docentes cuxo traballo pode verse en http://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/experiencias/experiencia/proxecto-itec.
Ao longo deste trimestre vai desenvolverse a segunda fase, que comeza no mes de setembro coa realización de tres cursos no CAFI e os CFR de Ourense e Pontevedra e continuará os próximos meses coa selección de 9 docentes participantes nestes cursos aos que se apoiará na implantación na aula do escenario perfilado durante o curso.
A inscrición nestes cursos remata o día 16 de setembro e pode realizarse mediante a plataforma Fprofe. Os códigos dos cursos son G1401078, O1401024 e P1401035.

Requisitos para participar na pilotaxe do proxecto
A finalidade da pilotaxe é adaptar as propostas de iTEC ás necesidades específicas de cada aula tendo en conta o equipamento e recursos dispoñibles nas aulas Abalar. Polo tanto pode participar todo o profesorado que imparta docencia en aulas Abalar, independentemente da etapa, que estea aberto á participación en novas iniciativas metodolóxicas.
A que alumnado está dirixido?
Aínda que os escenarios de aprendizaxe proporcionados polo iTEC son adaptables a calquera curso de todas as etapas educativas, o obxecto do traballo é a súa adaptación ás aulas Abalar, polo que está destinado ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria e 1º e 2º de ESO.
Que ten que facer o profesorado participante?
Debe levar á aula un dos dous escenarios de aprendizaxe que se van ensaiar durante o primeiro trimestre do curso 2014-2015. Queda á súa elección a materia e unidade didáctica na que o encadre así como o curso, sempre que sexa un dos niveis Abalar.
Ao longo do proceso o profesorado contará co apoio telefónico e online proporcionado por persoal da Universidade de Vigo.


Ligazóns de interese:
Web do proxecto: http://itec.eun.org/web/guest/home
Escenarios, deseños e prototipos iTEC: http://itec.aalto.fi/es/
Escenarios realizados na primeira fase do proxecto en Galicia: http://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/experiencias/experiencia/proxecto-itec

itec

Currículo da educación primaria

Summary: 

Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG Núm. 171)
Gallego

Este decreto ten por obxecto establecer o currículo da educación primaria no sistema educativo galego, dentro do marco de distribución de competencias da Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, e en atención á nova configuración curricular que establece o agrupamento de disciplinas en tres bloques: troncais, específicas e de libre configuración autonómica

 

DECRETO CURRÍCULO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

CURRICULUM

G1401037 A posta en práctica na acción titorial

Summary: 

Curso online_ Departamento de Organización Escolar e Diversidade. Ata o 19 de setembro o profesorado titor poderá inscribirse no curso en rede “A posta en práctica da acción titorial” .
Gallego

 

Modalidade: Curso en rede.  Referencia: G1401037
Centro de formación e recursos: CAFI.
Temporalización: 01/10/2014  -  12/12/2014
Data límite de inscrición:19/09/2014       https://www.edu.xunta.gal/fprofe/
Prazas: 50.

Horas totais: 60 h non presenciais.   http://www.edu.xunta.es/platega/course/view.php?id=2887

Destinatarios: profesorado titor.

Obxectivos:

  • Potenciar o valor da acción titorial a nivel educativo por parte de todo o profesorado que favoreza o desenvolvemento persoal e as relacións sociais.

  • Facilitar unha formación específica a nivel titorial proporcionando os recursos precisos que permitan o traballo en rede entre o profesorado e entre profesorado e o alumnado.

  • Reflexionar sobre a práctica diaria da acción titorial e facilitar o axuste á realidade.

Contidos:

  • A función titorial do profesorado como factor de calidade educativa.

  • Os fundamentos da acción titorial.

  • A organización e a posta en práctica da acción titorial no centro educativo.

Módulos de contido:

  • Módulo 1: Acción titorial

  • Módulo 2: Ensinar a convivir

  • Módulo 3: Ensinar a pensar

  • Módulo 4: Educación emocional

  • Módulo 5: Educación en valores

  • Módulo 6: Educación para a saúde

  • Módulo 7: Ensinar a decidirse

  • Módulo 8: Orientación familiar

Data: 

08/09/2014 - 05/12/2014