Gallego

Obradoiros en inglés para reflexionar e innovar

Summary: 

Obradoiros en inglés para reflexionar e innovar
Gallego

Curso dividido en tres Módulos de dez horas cada un, no que se intentará que os asistentes activen a súa competencia oral en inglés ao tempo que reflexionarán sobre temas formativos clave e recibirán exemplos prácticos que poderán adaptar ás súas aulas para experimentar e innovar.

obradoiros ingles
descargable_obradoiros

G 1402001“ A implantación dos ciclos de FP básica en Galicia ”

Summary: 

Curso do Plan anual 2014-15
Gallego

O día 13 de outubro comenzará a actividade “A implantación dos ciclos de FP básica en Galicia” programado para todo o profesorado de Formación Profesional.

Os obxectivos deste curso inclúen

1. Analizar a estrutura do sistema educativo ao abeiro da LOMCE.

2. Analizar e interpretar a normativa de FP básica en Galicia. Estrutura dos títulos de FP básica.

3. Iniciación á elaboración de programacións na FP básica.

Esta actividade desenvolverase os días 13 e 20 de outubro, en horario de 16:30 a 20:30, no salón de actos do CIFP Compostela .

Enlace Fprofe:

https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61027

FPBASICA

Convocatoria de Proxectos de Formación de FP 2014

Summary: 

Acábase de abrir o prazo para a preinscrición dos interesados na realización dun Proxecto de Formación para o profesorado de Formación Profesional (PFFP). A diferenza de anos anteriores, neste curso só haberá unha única convocatoria. O prazo de preinscrición remata o vindeiro día 24 de outubro.
Gallego

Está publicada a convocatoria de Proxectos de Formación para o profesorado de Formación Profesional (PFFP) para o curso 2014-15. Esta modalidade de formación se desenvolve nos  propios centros educativos para favorecer e estimular o traballo en equipo do profesorado, sendo  os propios solicitantes  os que  deseñan  a actividade. Isto permite dar resposta a necesidades puntuais de formación , detectadas nos distintos  departamentos dos centros educativos, e que non foron cubertas na oferta de cursos do Plan Anual de Formación. Os materiais que se consideren de  calidade, elaborados o finalizar estes proxectos, serán difundidos pola Dirección Xeral de Educación , Formación Profesional e Innovación Educativa.
Entre os cambios salientables, destaca incluír como liña de actuación prioritaria a de dar cobertura ás necesidades formativas derivadas da implantación dos novos títulos de formación profesional básica.

Resumo

  • Aprobaranse ata 75 proxectos
  • A contía máxima é de 1500€,  e poderá incluír a docencia de persoas expertas, así como material ofimático (ata 200€), bibliográfico (ata 200€) e funxible, sempre xustificándoos debidamente.
  • A duración debe ser de entre 20 e 50 horas. A docencia pode ser de ata o 50% da duración total.
  • Entre 4-12 profesores:
    • funcionarios (non substitutos/as) dalgún dos corpos e especialidades que imparten na FP inicial.
    • dun ou mais centros educativos de niveis non universitarios que impartan ensinanzas de formación profesional.
    • que actualmente impartan docencia en Formación Profesional.
    • que dependan da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Calendario de entrega de documentación

Documento Onde Antes do Observacións
Preinscrición fprofe Pestana: “GT, Seminario, PFC, PFFP” 25/10/2014 A partires do 25/10/14 un/ha asesor/a de formación do CFR/CAFI porase en contacto co/a coordinador/a para ofrecer axuda para a elaboración do proxecto.
Proxecto fprofe e Orixinal no CFR ou CAFI 15/11/2014

O documento se descarga dende: Proxecto

Debe incluír un orzamento xustificado e detallado, e mais unha temporalización onde se especifique, de ser o caso, que sesións corresponden a docencia.

Actas das Reunións fprofe e CFR ou CAFI 30/05/2015 Cóbrense en fprofe durante o desenvolvemento da actividade, e ao termo se imprimen e asinan polo coordinador para a súa entrega no CFR/CAFI.
Follas de Control de sinaturas CFR ou CAFI 30/05/2015 A folla correspondente a cada reunión descargase de fprofe e, tras o remate da mesma, é asinada por todos os asistentes. Ao termo do proxecto deben entregarse todas no CAFI/CFR.
Memoria final fprofe e CFR ou CAFI 30/05/2015 O documento se descarga dende: Memoria final
Acta final CFR ou CAFI 30/05/2015 Descárgase de fprofe e debe vir asinado polo Xefe/a de estudos do centro sede, o/a coordinador/a e demais participantes.
Actividade de aplicación directa na aula fprofe 30/05/2015 O/A asesor/a do CFR/CAFI facilitará un documento modelo con exemplos. Deberá estar nun formato editable (.doc ou .odt) e o seu tamaño será inferior a 10MB.
Declaración responsable CFR ou CAFI 30/05/2015 O documento descárgase dende: Declaración responsable
Facturas e Albaráns CFR ou CAFI 30/05/2015 Deben vir con data posterior ao 15/03/2015.

 

  • A selección dos proxectos farase no mes de Novembro de 2014, e a publicación dos proxectos concedidos durante o mes de Decembro do 2014.
  • Posteriormente os asesores de formación do CFR/CAFI poranse en contacto cos/oas coordinadores/as dos proxectos concedidos para acordar unha reunión de asesoramento onde se lles explicaría o procedemento de desenvolvemento do proxecto e as súas tarefas como coordinador/a.
  • As sesións de traballo do grupo, poderán comezar a partires da aprobación do proxecto.


Os participantes nesta actividade, a proposta da Comisión de selección,  recibirán un certificado acreditativo da súa participación no proxecto, onde  constarán o número de horas de traballo  realizadas. Á persoa coordinadora da actividade, poderáselle asignar ata un 30% máis do número de horas correspondentes aos participantes.

PFFP 2014

Axudas para o deseño e aplicación de proxectos de mellora da aprendizaxe do alumnado

Summary: 

Consulta as bases.
Gallego

Para acceder a toda a información preme na seguinte ligazón que leva á páxina do INTEF.

ACCEDER

 

axudas_intef

G1401013: Fundamentos de hidráulica convencional

Gallego

Data de comezo: 20 de outubro de 2014

Data de finalización: 28 de novembro de 2014

Lugar de celebración: Platega

Número de horas totais: 30

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61022

Ligazón á aula virtual: http://www.edu.xunta.es/platega/course/view.php?id=2867

Data: 

20/10/2014 - 28/11/2014

Sección: 

G1401013: Fundamentos de hidráulica convencional

Summary: 

Con respecto a edición anterior, renováronse os contidos da aula virtual e mais o equipo de titores, na busca dunha maior adecuación ás demandas manifestadas polo profesorado que participou na anterior edición.
Gallego

Por segundo ano consecutivo, volve a ofertarse unha actividade formativa en rede para o ensino dos fundamentos da hidráulica. Con respecto a edición anterior, renováronse os contidos da aula virtual e mais o equipo de titores, na busca dunha maior adecuación ás demandas manifestadas polo profesorado que participou na anterior edición.

Aínda que a actividade está dirixida principalmente á familia de Transporte e Mantemento de Vehículos, no caso de quedaren prazas vacantes terá acceso á actividade o profesorado da familia profesional de Electricidade e electrónica e de Instalación e mantemento, xa que detectarase que moitos profesores desta especialidade solicitaron participar na anterior edición da actividade.

Os titores, que teñen unha ampla experiencia tanto na formación presencial e a distancia do profesorado, deseñaron unha actividade cunha parte inicial teórica e completada con prácticas de simulación de circuítos hidráulicos cun software especializado. A intención é que as actividades e materiais que estarán dispoñibles na aula virtual poidan ser de proveito para os participantes para trasladalo á aula.

Fundamentos de hidráulica convencional

A actividade estenderase durante 5 semanas. Durante ese tempo deberanse completar as tarefas que os titores propoñan. Como axuda estarán dispoñibles a través do email e dos foros para contestar dúbidas e resolver problemas, e ademais haberá documentación de axuda colgada na mesma aula virtual. Para recibir a certificación correspondente, debe facerse correctamente o mínimo das tarefas que os titores establezan.
Como é un curso en rede, cada participante pode conectarse á aula virtual no tempo e horario que considere oportuno: o importante é entregar as tarefas correctas e en tempo.

Data de comezo: 20 de outubro de 2014

Data de finalización: 28 de novembro de 2014

Lugar de celebración: Platega

Número de horas totais: 30

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61022

Ligazón á aula virtual: http://www.edu.xunta.es/platega/course/view.php?id=2867

hidraulica

G1401007: Programación orientada a obxectos con Java. Iniciación

Summary: 

Actividade en rede para o profesorado de FP de Informática e Comunicacións, onde se iniciará ao profesorado na programación orientada a obxectos coa linguaxe Java.
Gallego

Este curso é unha das novidades do plan anual de formación do profesorado da familia de Informática e Comunicacións no presente curso 2014-15, substituíndo a actividade do plan anterior: "Acceso a datos en Java". Xurde como resposta á necesidade de contar cos fundamentos da linguaxe de programación orientada a obxectos Java para poder posteriormente abordar outras temáticas relacionadas, como por exemplo a programación de aplicacións web e a das aplicacións para o sistema operativo Android.

POO con Java

Data de comezo: 27/10/2014

Data de finalización: 7/12/2014

Lugar de celebración: Platega

Número de horas totais: 30

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61015

Ligazón á aula virtual: http://www.edu.xunta.es/platega/course/view.php?id=2848

Iniciacion a POO con Java

G1401007: Programación orientada a obxectos con Java. Iniciación

Gallego

Data de comezo: 27/10/2014

Data de finalización: 7/12/2014

Lugar de celebración: Platega

Número de horas totais: 30

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61015

Ligazón á aula virtual: http://www.edu.xunta.es/platega/course/view.php?id=2848

Data: 

27/10/2014 - 07/12/2014

Sección: 

S1401018: Metodoloxía didáctica específica para o profesorado de FP

Summary: 

Por segundo ano consecutivo e dentro da oferta formativa dirixida a todo o profesorado de FP, ofrécese esta actividade que pretende achegar ao profesorado estratexias e procedementos que poidan ser de axuda nas tarfeas docentes do profesorado de FP.
Gallego

Por segundo ano consecutivo e dentro da oferta formativa dirixida a todo o profesorado de FP, ofrécese esta actividade que pretende achegar ao profesorado estratexias e procedementos que poidan ser de axuda nas tarefas docentes do profesorado de FP.

Ofertaranse dúas actividades cos mesmos contidos e relatores que se celebrarán no primeiro trimestre: unha no CFR de Vigo en horario de tarde, e outra no CAFI en horario de mañá. O obxectivo e que o profesorado que nas anteriores edicións non tivo a oportunidade de participar por incompatibilidade horaria, poida facelo desta vez.

Aínda que o título, obxectivos e duración da actividade seguen a ser os mesmos cos da anterior edición, a actividade foi obxecto dunha profunda revisión dos contidos, froito das demandas e suxestións transmitidas polo profesorado que participara na anterior edición. Nesta ocasión intervirán novos relatores que aportarán a súa experiencia nas novas temáticas que se van a tratar:

  • Metodoloxías docentes innovadoras, centrado no uso de ferramentas informáticas gratuítas e cun enfoque práctico.
  • Xestión de emocións, tratando o aspecto psicolóxico do alumnado de FP na aula.

Programa da Actividade

Metodoloxías docentes innovadoras (6 horas, 2 sesións)
    Como usar de xeito seguro as memorias USB no instituto?
    Ferramentas na nube. Sincronización de documentos entre o centro e o ordenador da casa
    Ferramentas na nube de Google
    Aplicación á metodoloxía didáctica
        Creación de formularios (recopilación de datos, fichas de alumnos, etc)
        Fotocopiadora virtual (compartir documentos)
        Caderno de avaliación (seguimento de faltas e avaliación)
     Caso práctico
       Elaboración da listaxe de alumnos
       Práctica de xestión de documentos na nube
       Compartir documentos entre alumnos
       Elaboración de criterios de avaliación
       Avaliación de traballos de aula e de probas escritas
       Elaboración de enquisas de valoración do alumno

Dinamización do traballo na aula (3 horas, 1 sesión)
    As dinámicas de grupo aplicadas á formación
    Características e funcionamento dos grupos.
    Técnicas de formación de grupos
    Dinámicas para gran grupo
    Dinámicas para pequeno grupo
    Elección das técnicas:
        Técnicas de presentación.
        Técnicas divisorias.
        Técnicas para fomentar a participación.
        Técnicas de planificación.
        Técnicas de discusión e obtención de ideas
        Outras

Xestión de emocións (3 horas, 1 sesión)
    Coñecer ás persoas coas que traballamos
        Necesidades básicas
        Estilos parentais e docentes
    O plano afectivo persoal:
        Coñecemento das emocións propias e alleas
        Axeitada valoración de si mesm@
        Autocontrol
        Flexibilidade
        Motivación de logro
        Demora da gratificación
    Cohesión de grupo:
        Escoita activa
        Regras do xogo
        Habilidades sociais
        Xogos cooperativos
    O plano afectivo interpersoal
        Empatía
        Aproveitamento da diversidade
        Resolución de conflitos

Metodoloxías de avaliación da FP (3 horas, 1 sesión)
    Instrumentos e técnicas de avaliación segundo os obxectivos e tipos de aprendizaxe   
        Técnicas e instrumentos para avaliar coñecementos teóricos
        Técnicas e instrumentos para avaliar habilidades e destrezas
        Técnicas e instrumentos para avaliar comportamentos e actitudes
    A autoavaliación da práctica docente.
        Avaliación da acción formativa
        Instrumentos para la avaliación das competencias docentes

Traballo cooperativo e por proxectos (4 horas, 1 sesión)
    Delimitación do concepto didáctico de proxecto.
    Estratexias de traballo cooperativo
    Xestores de proxecto: concepto e clasificación
    Aplicación didáctica: utilización dun xestor nun proxecto.
 

Data de comezo: 13/10/2014

Data de finalización: 18/11/2014

Lugar de celebración: Centro Autonómico Formación e Innovación

Número de horas totais: 20

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61034

Ligazón á aula virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=382

Metodoloxía didáctica

G1401010 Servizos de virtualización tipo I e tipo II. Técnicas de alta dispoñibilidade

Summary: 

Curso do Plan Anual de Formación do profesorado de FP
Gallego

Data de comenzo:6 outubro 2014

Data de finalización:12 decembro 2014

Duración do curso:50 horas

Lugar de celebración: Platega

Enlace a Fprofe:

 https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61019

Data: 

06/10/2014 - 12/12/2014

Sección: