Gallego

Nova seccion no apartado "formación" da web: Formación aberta

Summary: 
Nova sección na web da rede de formación de Galicia: Formación aberta
Gallego

A nova sección está aloxada no apartado de FORMACIÓN. Para acceder directamente ao apartado de formación aberta, pulsade nesta ligazón: FORMACIÓN ABERTA.

"Formación Aberta" é unha sección da Aula Virtual do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) con acceso aos materiais de Platega dos cursos de formación máis demandados ao longo do ano académico e os mellor valorados nas enquisas finais de actividade.

O fin é dar a coñecer os materiais cun ánimo autoformativo, polo que estes cursos non implican nin titorización nin certificación. De precisalo, deberanse seguir os pasos habituais de inscrición na actividade (en caso de estarse impartindo ao longo do ano) a través da aplicación FPROFE.

FORMACION ABERTA

Presentación das actividades do curso 2013-2014 aos centros do ámbito do CFR

Summary: 
O día 1 de outubro terá lugar ás 11:00 da mañá a presentación no salón de actos do CFR de Ferrol das actividades proxectadas para o curso 2013-2014 dende as estruturas de formación do profesorado
Gallego

O martes, día 1 de outubro, terá lugar no Salón de actos do CFR de Ferrol, a presentación do curso 2013-2014.

Presentaranse as actividades de formación que vanse desenvolver no ámbito do CFR de Ferrol dende as estruturas de formación do profesorado. Tamén exporanse as indicacións oportunas para poder solicitar: Proxectos de formación en centros e Grupos de Traballo ABALAR e os Seminarios e Grupos de Traballo de carácter xeral.

 

Curso 2013-2014
Curso 2013-2014

A posta en práctica da acción titoral

Gallego

 A POSTA EN PRÁCTICA DA ACCIÓN TITORIAL

TUTORÍA

Referencia: G1301036
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  03/10/2013  -  17/12/2013
Lugar: En rede         http://www.edu.xunta.es/platega/course/view.php?id=2284 

Horas: 60 horas non presenciais.
Prazas:  50

Obxectivos:

1.Potenciar o valor da acción titorial a nivel educativo por parte de todo o profesorado que favoreza o desenvolvemento persoal e as relacións sociais.

2.Facilitar unha formación específica a nivel titorial proporcionando os recursos precisos que permitan o traballo en rede entre o profesorado e entre profesorado e o alumnado.

3.Reflexionar sobre a práctica diaria da acción titorial e facilitar o axuste á realidade.

Contidos:

1.A función titorial do profesorado como factor de calidade educativa.

2.Os fundamentos da acción titorial.

3.A organización e a posta en práctica da acción titorial no centro educativo.

Data: 
26/09/2013 - 17/12/2013
Sección: 

V1302004: Xornadas Competencias básicas. Propostas metodolóxicas e para a avaliación

Summary: 
Desde o 2 ata o 29 de outubro, terán lugar no IES San Tomé de Freixeiro de Vigo, as Xornadas Competencias básicas. Propostas metodolóxicas e para a avaliación, destinadas a profesorado de Primaria e Secundaria.
Gallego

 

Desde o 2 ata o 29 de outubro, terán lugar no IES San Tomé de Freixeiro de Vigo, as Xornadas Competencias básicas. Propostas metodolóxicas e para a avaliación, destinadas a profesorado de Primaria e Secundaria.

Data de comezo: 2 de outubro de 2013

Data de finalización: 29 de outubro de 2013

Lugar de celebración: IES San Tomé de Freixeiro

FPROFE: www.edu.xunta.es/fprofe

competencias básicas
Competencias básicas

Reunión PFPPs

Summary: 
O luns 16 ás 16 horas terá lugar unha reunión no CFR da Coruña para informar respecto dos PFPPs. Poderán acudir representantes de tódolos centros preinscritos nos PFPPs.
Gallego
Data: 
16/09/2013
Sección: 

Resumo de normas das actividades de formación

Summary: 
Resumo de normas dos Pfpp, Pfac, Gt e Seminarios do curso 2013/2014.
Gallego

Podes descargar os ficheiros informativos pinchando nos enlaces:

imaxe plan anual

S1301057 Atención á diversidade nunha escola inclusiva

Summary: 
Organizado polo Departamento de Organización Escolar e Diversidade.
Durante este 1º trimestre terá lugar no CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) un curso sobre a atención á diversidade. O prazo para inscribirse remata o 20 de setembro de 2013.
Gallego

Título: Atención á diversidade nunha escola inclusiva

Modalidade: Curso presencial

Referencia: S1301057
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización: 1º trimestre
Data límite de inscrición: 20/09/2013
Lugar: Santiago de Compostela
Prazas: 25

Horas: 30 horas (24 horas presenciais e 6 horas en rede )

 

Destinatarios: Todas as ensinanzas

Corpos e especialidades

511 - Catedráticos de ensino secundario
590 - Profesores de ensino secundario
597 - Mestres


 

Criterios de selección:

Os criterios xerais do plan anual de formación

Obxectivos:

  • Sensibilizar e contribuír a desenvolver unha actitude positiva cara á inclusión do alumnado.

  • Coñecer as características do alumnado con necesidades educativas específicas.

  • Aprender estratexias de intervención para a aplicación na aula inclusiva.

Contidos:

1.Intervención na aula inclusiva: recursos específicos para o alumnado con dificultades de aprendizaxe, conduta, discapacidade e outras necesidades.

2.Deseño e aplicación de respostas educativas dentro da escola inclusiva.

3.Estratexias de intervención para a inclusión do alumnado.

4.Fase non presencial:

4.1.Marco conceptual e lexislativo de atención á diversidade.

4.2.Características do alumnado con necesidades educativas específicas.

S1301057

G1301036 A posta en práctica da acción titorial

Summary: 
Curso online do Departamento de Organización Escolar e Diversidade. 1º Trimestre
Ata o 20 de setembro o profesorado titor poderá inscribirse no curso en rede “A posta en práctica da acción titorial” .
Gallego

Título: A posta en práctica da acción titorial.

Modalidade: Curso en rede.

Referencia: G1301036.
Centro de formación e recursos: CAFI.
Temporalización: 1º trimestre .
Data límite de inscrición:20/09/2013.
Prazas: 50.

Horas totais: 60 non presenciais.

Destinatarios: profesorado titor.


 

Obxectivos:

  • Potenciar o valor da acción titorial a nivel educativo por parte de todo o profesorado que favoreza o desenvolvemento persoal e as relacións sociais.

  • Facilitar unha formación específica a nivel titorial proporcionando os recursos precisos que permitan o traballo en rede entre o profesorado e entre profesorado e o alumnado.

  • Reflexionar sobre a práctica diaria da acción titorial e facilitar o axuste á realidade.

Contidos:

  • A función titorial do profesorado como factor de calidade educativa.

  • Os fundamentos da acción titorial.

  • A organización e a posta en práctica da acción titorial no centro educativo.

Módulos de contido:

  • Módulo 1: Acción titorial

  • Módulo 2: Ensinar a convivir

  • Módulo 3: Ensinar a pensar

  • Módulo 4: Educación emocional

  • Módulo 5: Educación en valores

  • Módulo 6: Educación para a saúde

  • Módulo 7: Ensinar a decidirse

  • Módulo 8: Orientación familiar

A posta en práctica da acción titorial

Formación inicial para equipos directivos

Summary: 
A formación iniciada hoxe, a cargo do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), reúne en Santiago de Compostela a preto de 200 docentes, que abordarán ata o vindeiro día 23 diferentes cuestións arredor das funcións correspondentes á xestión e dirección de centros de ensino.
Gallego

 

A formación iniciada hoxe, a cargo do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), reúne en Santiago de Compostela a preto de 200 docentes, que abordarán ata o vindeiro día 23 diferentes cuestións arredor das funcións correspondentes á xestión e dirección de centros de ensino.

Así, ao longo das xornadas abordarase temáticas como a xestión eficaz de centros de educación primaria e secundaria, os documentos pedagóxicos e organizativos, plans e programas escolares, marco normativo, innovación e calidade, traballo colaborativo ou recursos humanos do centro. Así mesmo afondarase en cuestións de interese na actualidade educativa, tales como as contornas virtuais e a seguridade en internet, o plan de autoprotección e, fundamentalmente, ferramentas de xestión do liderado pedagóxico, organizativo e relacional-emocional.

Para enriquecer a experiencia, ademais da fase presencial que supoñen estas xornadas, nas que contamos con especialistas de renome a nivel nacional como Nélida Zaitegi, Joan Vaello ou Carmen García de Leániz, e outros ponentes destacados da nosa Consellería, disporase dun espazo virtual no que os equipos directivos noveis serán asesorados no seu primeiro ano de exercicio por expertos na planificación e organización escolar.

Esta actividade forma parte da oferta da Rede de Formación Permanente do Profesorado, que conta con certificación de calidade en base á Norma UNE-EN ISO 9001:2008, para potenciar o desenvolvemento profesional dos equipos directivos de centros do século XXI.

portada directores
noticia directores
asistentes