Gallego

L1201015 - Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos

Summary: 

Actividade mixta na que se está a desenvolver a fase práctica.
Gallego
Falta pouco para rematar esta nova actividade mixta que se está desenvolvendo no CFR de Lugo e que consta dunha fase presencial de 30 h e outra fase non presencial de 20 h.
Durante a fase presencial acompañáronnos excelente profesorado relator que nos deixou a súa pegada co seu bo facer e as súas experiencias prácticas ao longo de 10 interesantes sesións:
  • Xa levamos camiño andado e recordamos o 7 de febreiro no que nos acompañou  Dna. María Carmen Loureiro, profesora no IES da Illa de Arousa,   acercándonos  cunha emocionante exposición á ABP.
  • Dn. Ramón Noche Fraga, profesor no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria,  amosounos a importancia das TIC dentro da ABP, o uso de ferramentas colaborativas e autoría e licenzas, entre outras cousas. É autor  de wikis e do blog alifBai.
  • Dn. Josué LLull Peñalba, profesor na Escola Universitaria Cardenal Cisneros de Alcalá de Henares, explicou o proxecto levado a cabo: La ciudad en el arte.
  • Outra interesante experiencia foi presentada por Dn. José Luís Guede Losada, profesor no CPR San José de Ourense, na que puidemos acercarnos a súa experiencia e traballo e entre outras cousas o emprego da realidade aumentada e códigos QR no traballo co seu alumnado.  Podemos seguir o seu andar no seu  Civitas Auriensis.
  • Dn. Francisco Martín Castillo Rodríguez, director do Departamento Técnico de Estudos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, acercounos nocións de paisaxe, integración paisaxística, convenios Europeos e a protección da paisaxe como patrimonio natural.
  • Dn Manuel González Álvarez, profesor no IES Concepción Arenal, e autor de Cliphistoria  unha vez máis sorprendeunos coas magníficas experiencias do alumnado e o seu bo facer.
  • Co mesmo interese desenvolvéronse as 3 últimas sesións estiveron a cargo de Dn. Antonio Reigosa Carreiras, Responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística de Lugo, abordando na primeira  sesión a temática do patrimonio inmaterial.
  • Na  segunda  sesión, ao longo dun itinerario pola cidade, analizouse o xurdir da cidade "como  froito dun longo percorrido, un mostrario de pegadas e o resultado dun proxecto colectivo" a través da canalización da auga e a función das distintas fontes do percorrido. Foi un interesante percorrido nunha tarde fría, ventosa e chuviosa.
  • No  último día da fase presencial, visitamos o Centro de Interpretación do Camiño, a Casa dos Mosaicos, o Centro de Interpretación da Muralla e o Museo Provincial.
Na aula virtual do CFR de Lugo creouse un curso co material de todo este profesorado e ademais engadiuse abundante material complementario para consultar. A través desta plataforma poden enviar as tarefas, participar nos foros e comunicarse co chat.
Nestes momentos estase a desenvolver a fase non presencial que consta no deseño, posta en práctica e valoración dun proxecto. Esta fase non presencial está titorizada por Dna. Anna María Sorolla Lerma e por Dn. José Luís Guede Losada.
O profesorado está traballando con amosado interese  na aula e polas tarefas enviadas abordan  curiosas preguntas, retos  e tarefas como a tradición  oral, formas das arquitecturas relixiosas, a vida dos romanos, o cole e o entorno, a migración galega no século pasado, diferenza entre as feiras e os oficios de antes e agora, moceando polo tempo, Chantada noticias, o antroido ribeiriano, paseo polo Lugo romano en  latín clásico e actual, guía turística de Castroverde, o cole como obra de arte e a gastronomía dos nosos avós...
Parabéns a todo o profesorado e ánimo no voso traballo!
Patrimonio

A Consellería de Cultura e Educación converte as webs dos centros da rede de formación do profesorado galego en referentes na materia, coa introdución de novos contidos

En colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, os espazos en internet destes centros veñen de incorporar novidades que lles permiten aos docentes un acceso máis rápido á información para desenvolver o seu labor

Gallego
A Consellería de Cultura e Educación converte as webs dos centros da rede de for
A Consellería de Cultura e Educación converte as webs dos centros da rede de formación do profesorado galego en referentes na materia, coa introdución de novos contidos

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de dar un forte impulso ás webs do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) e mais dos Centros de Formación e Recursos (CFR) da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, coa introdución de novos contidos e funcionalidades, tarefa desenvolvida en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Coa incorporación destas novidades o departamento educativo da Xunta de Galicia converte os espazos en internet destes centros en referentes da formación do profesorado galego, webs que lles permiten aos docentes un acceso máis rápido á información para desenvolver o seu labor educativo.

Tras os cambios realizados, as páxinas do CAFI e CFR  facilitan aínda máis o acceso á información, tanto no relativo a novas relacionadas coa formación do profesorado, como aos centros nos que se imparte e aos plans de formación nas súas diferentes modalidades. Ademais faise máis sinxelo o acceso ás aulas virtuais, aos contidos orientados a cada área ou departamento, así como ao apartado no que se recolle unha análise de diferentes ferramentas online ou de descarga gratuíta que poden axudar aos docentes no seu labor educativo.

Así mesmo, na páxina de inicio móstranse as últimas cinco novas publicadas, un bloque de destaques con acceso a diferentes webs relacionadas co ámbito da formación e unha axenda actualizada dos cursos que se están a levar a cabo actualmente.

Formación e áreas

No bloque dedicado á “Formación” pódese acceder á oferta formativa en todas as súas modalidades e variantes, ás convocatorias, á relación das listaxes das actividades formativas que se van levar a cabo ao longo do curso escolar, etc. Ademais, na páxina web de cada CFR ofrécese información esencial de cada centro de formación: horario, localización, mapa de asesoría de centros delimitada por concellos, organigrama estrutural ou vídeos das instalacións, etc.

Por outra parte, no espazo “Áreas” e “Departamentos” o profesorado pode atopar información agrupada por temas: novas, recursos, actividades formativas ou destaques especializados.

Ferramentas

Dentro do apartado “Ferramentas” os docentes poden escoller, dentro dunha selección detallada, unha serie de recursos tanto online como instalables e ordenados segundo a súa funcionalidade.

Este banco irá medrando gradualmente, respondendo así aos intereses e necesidades de toda a comunidade educativa. Desta forma, búscase ofrecer non só a descrición da ferramenta, senón tamén o seu emprego didáctico, é dicir, orientar ao profesorado sobre o seu uso para integralo ao seu labor docente.

As webs son as seguintes:

CAFI: /portal/cafi

CFR Coruña: /portal/cfrcoruna

CFR Ferrol: /portal/cfrferrol

CFR Lugo: /portal/cfrlugo

CFR Ourense: /portal/cfrourense

CFR Pontevedra: /portal/cfrpontevedra

CFR Vigo: /portal/cfrvigo

Tema: 

Colectivo: 

G1202018 I Xornada de coordinadores e coordinadoras do proxecto Abalar

Summary: 

O día 19 de abril de 2013 celebrarase a I Xornada de coordinadores e coordinadoras do proxecto Abalar. Terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela.
Gallego

O día 19 de abril de 2013 celebrarase a I Xornada de coordinadores e coordinadoras do proxecto Abalar.

Terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela.
 
Número de horas: 8
Data límite de inscrición: 01/04/2013

Os obxectivos desta Xornada son:

1. Promover o intercambio de actividades, así como o debate e a difusión de experiencias docentes con tecnoloxías da información e da comunicación.

2. Impulsar e apoiar o compromiso e a participación do profesorado coas tecnoloxías da información e da comunicación, especialmente o proxecto ABALAR.

3. Facilitar a unificación de criterios e propostas de integración das tecnoloxías da información e da comunicación para unha mellora significativa da práctica docente.

 

baner xornada abalar

L1201037: As TIC no desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado con NEAE

Gallego

A competencia comunicativa no alumnado con NEAE.
As TIC como recurso nos procesos de ensinanza e aprendizaxe do alumnado con trastornos de comunicación.
Programas e accesorios informáticos para o alumnado con problemas comunicativos.
Experiencias innovadoras na aplicación das TIC co alumnado con NEAE.

Data: 

13/03/2013 - 24/04/2013

Sección: 

Áreas-CAFI: 

L1201037: As TIC no desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado con NEAE

Summary: 

A competencia comunicativa no alumnado con NEAE. As TIC como recurso nos procesos de ensinanza e aprendizaxe do alumnado con trastornos de comunicación. Programas e accesorios informáticos para o alumnado com problemas comunicativos. Experiencias innovadoras na aplicación das TIC co alumnado con NEAE
Gallego

Data: 

13/03/2013 - 24/04/2013

Sección: 

Áreas-CAFI: 

Ars Virtual

 

Ars VIRTUAL é un programa desenvolto pola Fundación Telefónica na que podemos coñecer varios monumentos de España, América Latina e Marrocos mediante visitas virtuais desenvolvidas mediante técnicas 3D.
Podemos navegar pola web mediante o menú ou cun mapa do patrimonio onde podemos ver a situación dos monumentos. Os lugares españois están clasificados en reales sitios (Granxa de San Ildefonso, Mosteiro do Escorial, Palacio de Aranjuez, etc.), templos (catedrais de León, Burgos, Sagrada Familia, Toledo e as tres culturas), patrimonio natural (As Médulas e o Parque Natural de Cabárceno) e outros monumentos (conxunto románico do Vall de Boí, Alhambra de Granada e Atapuerca). En Marrocos e América Latina de momento hai poucas visitas.
 
Unha vez elixido o monumento ábrese unha nova ventá do navegador na que temos acceso ás distintas seccións da visita. Dependen do monumento elixido, pero na maioría podemos ver unha reseña histórica, explicación das características do monumento e imaxes panorámicas dos aspectos máis representativos.
Interesante pola labor de dixitalización e conservación do noso patrimonio.
 
Gallego
ArsVirtual

Easy Notecards

Easy Notecards permítenos crear e compartir fichas de estudo. O manexo é moi sinxelo. Unha vez creada a conta pulsamos no botón "create notecards" e xa podemos cubrir un formulario dividido en dúas zonas:
1. Unha cabeceira onde poñemos o título e descrición do conxunto de fichas e, se imos resumir un libro, tamén podemos poñer o ISBN e o capítulo. Tamén se pode especificar o nivel educativo ao que están destinadas as fichas.
2. Para cada ficha cóbrense dúas casillas. Na esquerda escríbese o título e na dereita o resume dos datos. No título tamén se pode poñer unha imaxe.
Bótase de menos a existencia dun gadget que permita colocar as fichas no blog e a posibilidade de poñer vínculos. Tamén sería interesante compartir a edición das fichas.
O programa da a posibilidade de crear un test partindo das fichas. Só hai que pulsar no botón "take quiz" cando estamos vendo as fichas.
Gallego
baner easy

SpiderScribe

SpiderScribe é unha ferramenta que nos permite crear mapas mentais nos que se inclúen textos, imaxes, arquivos adxuntos e mapas.
Para crear un elemento basta arrastrar a icona do tipo desexado dende a parte esquerda. Para conectar dous nodos hai que trazar unha liña dende o centro da parte inferior do pai ata o fillo.
Pódese invitar a outras persoas a ver e modificar o mapa. Tamén se poden publicar na web.
A ferramenta é moi fácil de usar. É intuitiva e razoablemente rápida. Ideal para utilizar nas aulas.

Gallego
SpiderScribe

I Encontros de Educación Infantil e Educación Primaria

Summary: 

Os días 12 e 13 de abril de 2013, celebraranse os I Encontros de Educación Infantil e Educación Primaria. Desenvolveranse no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia (Santiago de Compostela).
Gallego

 

Os días 12 e 13 de abril de 2013, celebraranse os I Encontros de Educación Infantil e Educación Primaria.

Desenvolveranse no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia (Santiago de Compostela).

Será un espazo onde compartir experiencias, facer visible boas prácticas de aula e motivar ao profesorado destas etapas educativas, que por primeira vez se verán xuntas nun mesmo espazo.

Os obxectivos principais desta actividade formativa son:

1. Facilitar a continuidade curricular e unificar as propostas metodolóxicas.

2. Reflexionar sobre a atención á diversidade nas aulas de educación infantil e primaria.

3. Propiciar o intercambio de experiencias innovadoras e de recursos didácticos entre o profesorado.

encontros infantil e primaria