Gallego

Xornadas galegas de linguas estranxeiras 2015

Summary: 

Petición de propostas para as Xornadas Galegas de Linguas Estranxeiras 2016
Gallego

Petición de propostas para as Xornadas Galegas de Linguas Estranxeiras 2016. Podénse facer propostas sobre distintas temáticas,  ámbitos e niveis educativos  en lingua galega, castelán, inglés, francés, portugués e alemán.  As propostas deben enviarse antes do 20 de outubro de 2015 a: cafi.linguas@edu.xunta.es

Xornadas galegas de linguas estranxeiras 2015
Xornadas galegas de linguas estranxeiras 2015

Plan Anual de Formación do profesorado de Formación Profesional

Summary: 

Neste apartado pódese consultar o Plan Anual de Formación do Profesorado de Formación Profesional do curso 2015/2016
Gallego

Neste apartado pódese consultar o Plan Anual de Formación do profesorado de Formación Profesional  do curso 2015/2016. Premendo sobre a imaxe accedese a toda a información. Pódese consultar directamente os diferentes apartados nas seguintes ligazóns:

 

1. Introdución

2. Normas xerais

3. Convocatorias

4. Actividades de formación

Plan Anual de Formación do profesorado de Formación Profesional
Plan Anual de Formación do profesorado de Formación Profesional

Plan Anual de Formación do Profesorado

Summary: 

Neste apartado pódese consultar o Plan Anual de Formación do Profesorado do curso 2015/2016
Gallego

Neste apartado pódese consultar o Plan Anual de Formación do Profesorado do curso 2015/2016. Premendo sobre a imaxe accedese a toda a información. Pódese consultar directamente os diferentes apartados nas seguintes ligazóns:

 

1. Normas xerais

2. Convocatorias

3. Erasmus +

4. Formación en centros

5. Actividades a desenvolver polo CAFI

6. Actividades a desenvolver polo CFR da Coruña

7. Actividades a desenvolver polo CFR de Ferrol

8. Actividades a desenvolver polo CFR de Lugo

9. Actividades a desenvolver polo CFR de Ourense

10. Actividades a desenvolver polo CFR de Pontevedra

11. Actividades a desenvolver polo CFR de Vigo

12. Inscrición nas actividades

13. Enderezos de interese

Plan Anual de Formación do Profesorado
Plan Anual de Formación do Profesorado

S1503008 "Creatividade musical aplicada

Summary: 

Curso do plan de formación de Ensinanzas de réxime especial para profesorado de música e de conservatorios
Gallego

Obxectivos:

  • Dotar aos asistentes das ferramentas técnicas básicas necesarias para compoñer e improvisar melodias, harmonias e ritmos aplicados á aula en diferentes estilos musicais.
  • Fomentar a análise crítica sobre as propias prácticas para propiciar os cambios que sexan necesarios tendentes á mellora do ensino.
  • Interesarse por novos materiais musicais aplicandoos aos diferentes niveis do ensino da música, na busca dunha maior calidade no ensino

 

Data de comezo: 7 de setembro

Data de finalización: 10 setembro

Lugar de celebración: CMUS de Santiago

Horario: de 10 a 14h

Número de horas totais:16

Enlace a fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaInicio.do?DIALOG-EVENT-verAct=verAct&cod_actividade=66989

Enlace a Aula Virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=607

creatividade musical aplicada
creatividade musical aplicada

Román Rodríguez gaba aos docentes polo seu papel de “principal activo do sistema educativo” na presentación do Plan de Formación do Profesorado do vindeiro curso

A Consellería de Cultura e Educación impulsará as competencias que se consideran necesarias para un axeitado desenvolvemento da profesión, tales como a xestión do coñecemento ou a destreza nas TIC

O Plan implantará por primeira vez un Curso Masivo Aberto en Rede (MOOC) sobre a integración das competencias clave no currículo

A previsión inicial pasa por poñer en marcha máis de 370 actividades formativas –é dicir, unha media de dúas por día lectivo– e conseguir que 4 de cada 10 centros teñan un plan de Formación Permanente do Profesorado

Os prognósticos do ano pasado superáronse con creces, pois realizáronse máis de 2.000 actividades, cuxa valoración media rozou a máxima puntuación

Gallego
 Román Rodríguez gaba aos docentes polo seu papel de “principal activo do sistema educativo” na presentación do Plan de Formación do Profesorado do vindeiro curso
Román Rodríguez gaba aos docentes polo seu papel de “principal activo do sistema educativo” na presentación do Plan de Formación do Profesorado do vindeiro curso

Con motivo da presentación do Plan de Formación do Profesorado para o vindeiro curso 2015/2016, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria gabou hoxe o labor dos docentes, aos cales definiu como “o principal activo do sistema educativo”, posto que “non hai boa escola se non hai bos profesionais e viceversa”, salientou. Neste sentido, Román Rodríguez afirmou que iniciativas coma esta teñen como obxectivo ampliar e mellorar as capacidades do corpo docente, que terá á súa disposición un amplo abano de actividades para continuar e afondar na súa formación.

Tomando esta finalidade como base, o Plan de Formación do Profesorado para o curso que vén estará articulado en función das competencias consideradas necesarias para un axeitado desenvolvemento da profesión docente, tales como a xestión do coñecemento, a destreza nas TIC, a competencia para ser guía no proceso de ensino e a habilidade para contribuír a crear centros saudables e con seguridade integral. Deste xeito, a partir destes descritores poñeranse en marcha as distintas actividades formativas, un traballo que acaba redundando nunha mellora global do sistema educativo, que en Galicia xa está sendo avalada, por exemplo, a través do informe PISA.

O titular do departamento educativo da Xunta de Galicia puntualizou que o que hoxe se presentou é unha estrutura base, que se irá enriquecendo ao longo do curso escolar. Boa proba disto −dixo− son os resultados obtidos co anterior plan, a raíz do cal se realizaron máis de 2.000 actividades (máis de dez por día lectivo) cunha valoración media que rozou a máxima puntuación, xa que foi superior a 4 sobre 5. Isto é, as previsións iniciais superáronse con creces, posto que finalmente se realizaron máis de 500 accións de ampliación do plan base, contabilizáronse máis de 70.000 inscricións e 53.500 horas formativas. Segundo destacou Román Rodríguez, “son datos significativos que falan da transcendencia do plan”.  

De cara o vindeiro curso, xa só o plan base recolle o desenvolvemento de máis de 370 actividades –é dicir, dúas por día lectivo de media–, máis de 20.000 prazas formativas e preto de 15.000 horas en cursos, xornadas e congresos; uns números que tenden a duplicarse. Ademais, a Consellería tamén busca incrementar a formación en centros, en aras de que 4 de cada 10 teñan un Plan de Formación Permanente do Profesorado, o que duplicaría as cifras de hai dous anos.

Nova modalidade na formación “en rede”

A maiores dunha novidosa configuración en torno ás competencias básicas para desenvolver adecuadamente a profesión, implantarase unha modalidade dentro do formato de formación “en rede”, que se compatibiliza co presencial. Deste xeito, o vindeiro curso estrearase o primeiro MOOC (Massive Online Open Course ou Curso Masivo Aberto en Rede) sobre a integración das competencias clave no currículo.

Catro eixes para acadar a excelencia

Por outro lado, o Plan estrutúrase en base a catro eixes. O principal é a formación en centros, que a realiza o propio centro –co acompañamento preciso– despois dunha reflexión persoal a partir da cal presentan unha planificación. Pola súa parte, as actividades formativas da rede promóvense dende as propias estruturas de formación –ben sexa o CAFI ou ben os seis centros de Formación e Recursos–, que presentan un catálogo inicial de actividades que se ven incrementadas ao remate do curso. Algunhas delas desenvólvense en conxunto con outras consellerías e entidades de carácter social.

A través do terceiro eixe, de fomento da autoformación, búscase que o propio profesorado sexa quen de solucionar as súas inquedanzas e necesidades individuais. Para iso puxéronse en marcha, por exemplo, as licenzas de formación, que lle permiten centrarse durante un tempo na elaboración de solucións metodolóxicas e materias curriculares innovadoras en aras de que despois as compartan en rede. Mentres dure esta fase, o profesional queda eximido das súas tarefas docentes.

Por último, o cuarto eixe susténtase na formación de acompañamento, visibilizada a través do apoio en idiomas ou nas tecnoloxías da aprendizaxe e o coñecemento. Ademais, tamén se potencia a formación no referente á diversidade e inclusión colaborando con diversas asociacións deste ámbito e, ao mesmo tempo, impúlsase o emprendemento dende os centros, a introdución das novas tecnoloxías e as ferramentas máis innovadoras.

Resposta aos novos retos educativos

En definitiva, a Consellería articula un ano máis un plan que persegue o éxito, a calidade e a excelencia do sistema educativo galego; un instrumento que dá resposta aos novos retos educativos, tales como a implantación dos novos currículos ou a aposta polo traballo por competencias e metodoloxías innovadoras. Así mesmo, a abordaxe integral da mellora da convivencia escolar –que xa goza dunha base sólida artellada en torno á Estratexia Galega de Convivencia escolar 2015-2020 ‘educonvives.gal’–, a potenciación das tecnoloxías da aprendizaxe e o coñecemento desde itinerarios TIC, así como a atención á diversidade, son outros dos retos a alcanzar, uns compromisos que comparten Consellería e docentes.

Ao acto tamén asistiu o director xeral de Educación, Manuel Corredoira, responsables da súa dirección que esmiuzaron o plan e o director do CAFI, Ángel Rodríguez.

Colectivo: 

Procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2015

Summary: 

Orde do 12 de xuño de 2015
Gallego

Xúntase a Orde do 12 de xuño de 2015 pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2015.

O prazo de presentación de solicitudes será de polo menos 10 días naturais de antelación con respecto á data de comezo da actividade. Para as actividades formativas que comezaron a partir do 1 de xaneiro, así como para aquelas que comecen a partir do día da publicación desta orde e que non poidan cumprir o prazo de solicitude de 10 días naturais de antelación, a solicitude entenderase en prazo sempre que sexa presentada dentro dos 15 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no DOG.

Destinatarios e requisitos:

 1. Poderá solicitar os ditos reintegros o persoal docente funcionario de carreira que imparta as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, con destino en centros docentes públicos en que exerza docencia directa co alumnado, equipos de orientación específicos, postos de asesoría dentro da estrutura administrativa da consellería, e na Inspección educativa.

 2. Así mesmo, poderán cursar solicitude as persoas en situación de interinidade que manteñan esta condición tanto no momento da presentación da solicitude como no momento da resolución. Para estes efectos entenderase como persoal interino unicamente aquelas persoas que teñan nomeamento como tales ata o remate do curso ou cursos académicos correspondentes.

 Os solicitantes non poderán percibir outro tipo de axudas para a asistencia á actividade solicitada.

Documentación necesaria

 a) Orixinal ou fotocopia da convocatoria da actividade para a cal se solicita o reintegro.

b) No caso de que a persoa solicitante non estea exercendo docencia directa nun centro docente público, certificación expedida polo/a xefe/a de servizo da súa unidade administrativa con indicación do posto de traballo que ocupa.

c) Orzamento dos gastos de matrícula e desprazamento. En ningún caso se farán constar gastos de mantenza e aloxamento.

d) Memoria explicativa dos motivos polos que se desexa asistir á actividade e repercusión da asistencia a esta na súa función docente.

Máis información

Correo electrónico: reintegros.fprofe@edu.xunta.es

Tl.: 981 546 515/ 881 997 635

Servizo de Formación do Profesorado

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2015
Procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2015

S1501079 Técnicas, recursos e contextos para a expresión

Summary: 

Curso do Plan anual 2015-16 para profesorado de FP da familia de Servizos socioculturais e á comunidade
Gallego

O curso “Técnicas, recursos e contextos para a expresión", destinado ao profesorado da familia de Servizos socioculturais e á comunidade, terá lugar do 6 ao 8 de xullo nas  aulas do CAFI en Santiago de Compostela.

Os obxectivos deste curso inclúen

 1.Adquirir técnicas e recursos para a expresividade e comunicación.
2. Mostrar recursos materiais, espaciais e estéticos para a planificación de actividades de teatro, c ontacontos e monicreques. Adquirir a ferramenta de " Rimas con Movemento".
3. Aplicar unha pedagoxía fundamentada na metodoloxía Waldorf.

Contidos desta actividade

1.Desenvolvemento neurolóxico, sensomotor e lingüístico do neno de 0 a 6 anos.
2. Didáctica e efecto das rimas con movemento no proceso de aprendizaxe infantil.
3. Didáctica e efecto dos contos breves e repetitivos, contados con monicreques de mesa ou escenificados.
4. Exercicios de articulación para o uso correcto da voz do educador e para mellorar a capacidade de expresión, comunicación e narración.
5. Metodoloxía Waldorf.
6. Didáctica e efecto das rimas con movemento no proceso de aprendizaxe infantil.

Esta actividade terá unha duración de 20 horas e contará  con Tamara Chubarovski como relatora especialista en voz e movemento.

Enlace Fprofe: http://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=67006

Técnicas, recursos e contextos para a expresión
Técnicas, recursos e contextos para a expresión

S1501074 Implante e elaboración de próteses sobre implantes

Summary: 

Curso do Plan anual 2015-16
Gallego

O próximo 6 de setembro comezará o curso “Implante e elaboración de próteses sobre implantes”, de 30 horas de duración e  programado para o profesorado da familia profesional de Sanidade.

Os obxectivos deste curso inclúen coñecer os implantes e os seus tipos, confeccionar próteses fixas implantos ou portadas así como confeccionar sobredentaduras sobre implantes.

Este curso se desenvolverá dende o 6 ata o 9 de setembro de 2015, no IES Lamas de Abade de Santiago .

Enlace a Fprofe: http://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=66995

Implante e elaboración de próteses sobre implantes
Implante e elaboración de próteses sobre implantes

S1502018 Xornadas de Electricidade e Electrónica 2015

Summary: 

Xornadas dirixidas ao profesorado de FP da familia de electricidade e electrónica. Contará con obradoiros prácticos e conferencias impartidas por importantes empresas do sector.
Gallego

As xornadas de electricidade e electrónica veñen celebrándose ininterrompidamente a segunda semana de setembro dende o ano 2010. Son sempre un punto de encontro entre todo o profesorado de electricidade e electrónica de Galicia que durante dous días se xuntan para ver aquelas experiencias máis salientables que se fan nas aulas, as novidades técnicas e tecnolóxicas que se producen; pero sobre todo para compartir as súas experiencias docentes do día a día.

Este ano as Xornadas celebraranse no IES Macías O Namorado en Padrón. Contarase coa participación de relevantes empresas e asociaciones do sector:

Ademais haberá diversos obradoiros demostrativos, onde profesores de FP de diferentes centros educativos galegos amosarán maquetas e aplicacións educativas, de utilidade para o ensino nos ciclos da familia.

Estas Xornadas foron organizadas coa axuda da Asociación de profesores de electricidade e electrónica de Galicia, APEEGA, quenes dirixirán unha mesa redonda prevista para a derradeira sesión.

Data de comezo: 8/9/2015

Data de finalización: 9/9/2015

Lugar de celebración: IES Macías O Namorado (Padrón)

Número de horas totais: 8

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=67009

Ligazón á Aula Virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cfrpontevedra/aulavirtual/course/view.php?id=355

Xornadas de Electricidade e Electrónica 2015
Xornadas de Electricidade e Electrónica 2015