Skip to Content

Complementarias

Inmersión lingüística en Salisbury

Despois duns anos sen sairmos ao extranxeiro por mor da covid, o 26 de marzo, o alumnado de 1º de bacharelato do IES de Soutomaior partiu hacia Salisbury.

O obxectivo era coñecer unha cultura diferente así como mellorar o dominio da lingua inglesa. Qué mellor que durmir no fogar dunha familia nativa coa que interaccionar para acadar o proposto.

Ainda que as veces o tempo non acompañou, puideron visitar lugares moi interesantes coma Londres e Bath.

Dende o centro queremos agradecer ao Departamento de Inglés con Irene Alonso á cabeza por organizar a viaxe. Tamén agradecemos enormemente o compromiso ás profesoras Sandra Soliño e Lucía Galván porteren acompañado a Irene e a todo o alumnado nesta aventura.

Excursión fin de etapa a Barcelona 2023

Tras pasar gran parte do curso traballando coa financiación e a organización da viaxe, o martes 28 de marzo ás 5:40 da mañá, o alumnado de 4º da ESO e o profesorado acompañante partiu rumbo a Barcelona ilusionado con vivir unha gran experiencia.

Nesta excursión puidemos coñecer as zonas máis importantes de Barcelona, a cidade de Tarragona e , aproveitando que durmiamos en Salou, visitar o parque de Port Aventura.

                

As fotos colgadas na galería podense consultar aquí.

Dende o IES de Soutomaior queremos agradecer ás familias a súa participación na organización da viaxe así como a axuda e cordialidade co desenvolvemento da súa financiación.

Tamén queremos agradecer ao alumnado participante o seu comportamento e disposición para manter o grupo unido, o que é imprescindible para realizar tódalas actividades con normalidade.

Por último, agradecer aos profesoras acompañantes Lucía López Senín e Paula Veiga a súa colaboración e o seu bo ánimo axudando a que non se producira ningún contratempo.

Excursión ao Courel 2023

A semana anterior á Semana Santa foi un periodo moi especial no IES de Soutomaior pois, grazas a colaboración de gran parte do profesorado, puidemos organizar varias saídas.

O Equipo de Dinamización de Lingua Galega, acercou ao alumnado de 2ºESO (29-31 de marzo) ao cerne da provincia de Ourense, un lugar onde se atopan algunhas das fragas e bosques máis fermosos da nosa comunidade. 

 

Aproveitando a ruta, aproveitamos para pasar polo Monte Furado en Quiroga e achegarnos ás Medulas xa na provincia de León.

Dende o IES de Soutomaior queremos discupar ás familias polos incedentes relacionados coa folga de transportes, que provocou non se puidera parar en Lugo como estaba previsto así como agradecer aos profesores Antonio Ricón e Damián Otero a súa implicación na organización e na labor de acompañar ao alumnado nesta aventura.

Visita a Santiago de Compostela

O pasado martes 11 de abril o alumnado de 2º de Bacharelato realizou unha saída a Santiago de Compostela. Nesta saída, organizada conxuntamente polos departamentos de Matemáticas e Xeografía e Historia, o alumnado dividiuse en 3 grupos para realizar distintas actividades:

- O alumnado de Métodos Estatísticos coñeceu de primeira man o traballo do IGE (Instituto Galego de Estatística).

- O alumnado de Tecnoloxía Industrial visitou o CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia).

- O alumnado de Humanidades e Xeografía aproveitou a viaxe para visitar o CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) e o Museo do Pobo Galego.

Ademais, os dous primeiros grupos foron recibidos na facultade de Matemáticas pola actual decana, Elena Vázquez Cendón, quen lles fixo unha breve introdución das titulacións que poden cursarse neste centro para, a continuación, realizar un percorrido polo edificio da facultade.

A saída pechouse cun paseo polo casco vello de Santiago, unha cidade con moita vida universitaria.

 

 

Foto I visita FACULTAD DE MATEMÁTICAS

Foto II visita FACULTAD DE MATEMÁTICAS

O IES de Soutomaior recibe a profesores da Universidade de Vigo

O departamento de Tecnoloxía, que mantén contactos cos profesores da facultade de Enxeñaría da Telecomunicación da Universidade de Vigo, organizou dúas charlas para o martes 21 e o xoves 23 de marzo nas que nos explicaron contidos relacionados co seu traballo.

O alumnado de 1º de Bacharelato asistiu á conferencia "Érase unha vez Internet", na que o profesor describiu as características da rede desde os seus orixes ata a actualidade. Tamén aproveitou para orientar ao alumnado contándolle as características das enxeñarías animándoos a estudiar carreiras e ciclos relacionados.

Por outra banda, o alumnado de 2º de bacharelato disfrutou da exposición doutro profesor na que lles advertiu dos riscos que ten o uso do móbil e trasmitiulles varios consellos para evitar ter problemas de que alguén acceda a información persoal contida no noso celular.

Recital de poesía. Pompa e Boato

O IES de Soutomaior tivo a gran sorte de poder contar co poeta Samuel Merino (Pompa e Boato) que nos visitou o mércores 15 de marzo e amosou ao alumnado de 3º e 4º da ESO unha visión da poesía máis contemporánea e artística do que estamos afeitos.

Samuel ofreceu un espectáculo acompañado de música no que nos destripou os seus sentementos e a súa visión da vida con versos recitados con moita emoción e paixón.

Só nos queda desexar que volten outro curso para volver a enriquecernos co seu arte.

Web Pompa e Boato

 

 

Excursión a Manzaneda

O alumnado do IES de Soutomaior xa voltou de Manzaneda e poido disfrutar da neve así como tamén puido practicar os deportes de inverno previstos.

Dende o centro queremos agradecer o comportamento dos rapaces que fixeron posible que a excursión se desenvolvera correctamente e que tanto o profesorado e o alumnado puidera disfrutar deses días xuntos.

Xa só nos queda ollar as fotos lembrando eses bos momentos que pasamos xuntos.

Galería de fotos

O 8 M no IES de Soutomaior

Este día tan importante non pasou desapercibido no IES de Soutomaior, no que distintos departamentos organizaron varias actvidades facendo fincapé no papel da muller na nosa sociedade.

O equipo da biblioteca elaborou unha pequena mostra de escritoras en conmemoración do 8 M, "Día da Muller". Coa axuda do alumnado de grego de 1º bach, dita mostra fica exposta no corredor da propia biblioteca.

Dende o Comando Igualdade preparouse material para unha actividade que o profesorado desenvolveu nas aulas. Esta consistiu na realización dun kahoot no que o alumnado respostaría preguntas acerca de contidos explicados e proxectados previamente polo profesorado: a orixe do 8 M e mulleres de importante relevancia na nosa sociedade.

Por último, o departamento de galego traballou o 8 M xunto cos máis pequenos, dedicando parte das clases a preparar un traballo no que se expoñen as biografías de mulleres con relevancia histórica. Os traballos están colgados nos pasillos do centro.

                                  

 As fotos pódense visualizar mellor na galería

 

O Día de Rosalía de Castro no IES de Soutomaior

O IES de Soutomaior, para conmemorar a memoria dunha das personalidades más representativas de Galiza, celebrou varias actividades os días 23 e 24 de febreiro no centro.

- O Departamento de Bioloxía xunto coa comunidade de montes do concello, continuaron coa labor que comezaron o curso pasado, guiando ao alumnado de 1º da ESO na plantación de árbores autóctonas no bautizado como "Souto de Rosalía" situado nas inmediacións do noso instituto.

 

- Por outra banda, o Equipo de Dinamización Lingüística da Lingua Galega, con Antonio Rincón á cabeza, organizou un evento no recreo do venres 24 de febreiro no que alumnas de tódolos cursos recitaron poemas de Rosalía e, para amenizar a actividade, convidouse ao alumnado e ao profesorado á degustación do "Caldo da Gloria", moi necesario para quentar o corpo nestes días tan fríos.

- A nosa Biblioteca sumouse ao día de Rosalía coa organización dunha pequena exposición de publicacións referidas á escritora, tanto da súa obra literaria como de diversos estudos; e igualmente unha selección que na prensa tivo a efeméride.

Convidamos a ler tanto a súa poesía como os seus textos narrativos, pois Rosalía é unha escritora galega referencial e de interese permanente, que nos axuda a interpretar a nosa realidade cunha visión propia e crítica.
                                      

Todas as imaxes das actividades están subidas á galería de fotos do centro.

Entroido no IES de Soutomaior

Despois de dous anos de restriccións sanitarias e sen poder celebrar o entroido de xeito normal, por fin, o pasado 17 de febreiro o alumnado do centro disfrutou dunha festividade moi especial para toda a comunidade.

Á primeira hora xa moitos alumnos e algún profesor paseaban polo instituto disfrazados e preparados para o festival que se celebraría despois do recreo. Cada aula escolleu un país como temática e se disfrazou en relación coa cultura deste. Finalmente, no campo de fútbol do centro, todo o mundo puido ver as actuacións que foron valoradas polo xurado para que, ao final da festa, se entregaran os premios ás máis destacadas.

 

O resto das imaxes están colgadas coma sempre na galería do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut