Skip to Content

Linguas clásicas

Criterios de cualificación e recuperación 2024-2025

Publícanse os criterios de cualificación e recuperación das materias de Cultura Clásica, Latín e Grego para o curso 2024-2025.  

programacións didácticas 23-24

CLUB DE LECTURA DE 1º BACHARELATO

ACTIVIDADE DO CLUB DE LECTURA DE 1º BACHARELATO

O alumnado de latín e grego de 1º de bacharelato, durante o primeiro trimestre, leron un par de libros sobre a vida cotiá de Grecia e Roma antiga. Ambos libros, editados por Xerais, contan con interesantes ilustracións que reproducen visualmente os contidos máis importantes. O alumnado foi consciente dos aspectos xerais que proveñen do mundo clkásico ou daqueles outros que teñen o seu fundamento na cultura grega e latina. Tamén se leu unha publicación sobre a historia do Castelo de Soutomaior, agasallada polo Concello.

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

O alumnado de Latín e Grego de 1º bacharelato elaborou na biblioteca distintos carteis sobre o "Día Escolar da Paz e a Non Violencia", que se conmemorou o 30 de xaneiro.
Esta acción serviu para reflexionar no concepto de "paz" nas linguas clásicas e tamén, en xeral, para denunciarmos todas as guerras e as dinámicas belicistas e imperialistas. Este concepto, o de "imperium", tamén foi obxecto da nosa reflexión.

¿Cal é a orixe do símbolo da paz?

Para ver as imaxes da actividade pulsar na seguinte ligazón

Seres mitolóxicos inventados

Máis imaxes neste álbum fotográfico

O alumnado de grego de 1º Bach., tras recoller ideas que foron saíndo en diversas clases desta materia e algunhas instrucións de metodoloxía e contidos, nun alarde de creatividade, crearon unhas figuras que conectan cos seres mitolóxicos do mundo grego.

A mitoloxía é un dos aspectos máis atractivos e interesantes da cultura clásica, cunha grande repercusión na posteridade, en diversos eidos como literatura, arte, música, cinema… mesmo no léxico máis cotiá.

Preme nestas ligazóns (unha e dúas) para coñecer mellor as creacións do alumnado

Equidna, Tifón, Argos, Lamia, Hidra, Esfinxe, Cerbero, Cíclope, Medusa, Minotauro, harpías… uns seres fascinantes, cunhas actuacións asombrosas, son algúns dos exemplos ben coñecidos.

O alumnado de Grego, mostrando grande orixinalidade e invención, seguiron os trazos básicos dos monstros clásicos: crearon unhas entidades cheas de vida, combinando bestas diferentes, conseguindo fantasías cheas de sedución e abraio que nos magnetizan cos seus poderes…

Hidroleón, Ántropociclo ou o Home-roda, Krolon, Ninferos, Fobófago ou o Comemedos, Mousis, Silvaqua, Ántropodendro ou o Home-árbore… uns nomes con cadansúa representación, descrición e feitos… Atrápannos!

Podedes coñecer máis polo miúdo o traballo e os deseños do alumnado premendo nos documentos anexos.

Árbores e latín

O alumnado de linguas clásicas (latín e grego) realizou uns traballos ilustrados polos que averigou a denominación en latín de nove árbores moi significativas.

Tamén, ademais de poñer o nome correspondente en galego, os alumnos anotaron cadansúa denominación noutros seis idiomas: portugués, galego, inglés, francés, italiano e alemán. Este traballo de descuberta terminolóxica resultou moi interesante para entenderen a relación e parentesco entre linguas.

Asemade, relacionaron cada árbore con campos moi atractivos como a mitoloxía, as lendas, a cultura popular, etc.

 

Adaptación da Programación Didáctica

Adaptación da Programación Didáctica do Departamento de Linguas Clásicas do curso 2021-2022 segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato no sistema educativo de Galicia. 

Ousa saber!

 
Máis imaxes nesta galería fotográfica
 
O alumnado de Grego e Latín de 1° de Bacharelato presenta en distintos formatos e con diferentes materiais (cerámica, téxtil, cartelería, madeira...) unha escolma de textos desas linguas clásicas moi coñecidos e usados aínda hoxe en diferentes campos como a filosofia, literatura, historia, publicidade, xornalismo, etc: "carpe diem", "tempus fugit", "alea iacta est", "panta rhei", "mēden agán"...
 
Na montaxe da exposición colaborou alumnado de 2° Bacharelato. Agradecemos o interese e curiosidade das moitas persoas que se achegan a contemplala e, mesmo, a facer preguntas. Aí está a esencia dunha conciencia crítica: as preguntas. Así que atrevámonos a saber ("sapere aude")!!!

Programación didáctica e criterios de avaliación das diferentes materias (Curso 2021-2022)

Premendo na seguinte ligazón accédese á Programación Didáctica do Departamento de Linguas Clásicas para o presente curso, que así mesmo está depositada no centro escolar para a súa consulta.

Para acceder ao resumo dos criterios de avaliación e promoción das seguintes materias, prema nos documentos adxuntos ou en:

Cultura Clásica 3º ESO Latín 1º BACH Grego 1º BACH
Latín 4º ESO Latín 2º BACH Grego 2º BACH
Distribuir contido


by Dr. Radut