Skip to Content

Economía

Charla USC. "Que pode facer a economía por ti?"

O xoves 7 de marzo, tivesmos a sorte de poder contar con Rosa Regueiro, titular de economía aplicada da USC do programa A Ponte, que veu a realizar unha ponencia titulada "Que pode fader a economía por ti?".

 A esta charla asistiu o alumnado de 4º de ESO e de bacharelato que teñen a materia de Economía. Nesta, a poñente explicou con detalle e pasión como serían os estudos na Universidade se escollen a carreira de Economía, as súas saídas así coma a súa experiencia persoal.

Queremos agradecer dende o centro o esforzo da profesora de Economía Rosa Isorna que organizou esta actividade.

 

O IES de Soutomaior visita a Área Portuaria de Marín

Os alumnos/as de economía de 1º e 2º de bacharelato e os alumnos de FOPP de 4º da Eso visitaron en Marín a empresa familiar e asteleiro NODOSA como actividade organizada polo Departamento de Economía.

Participaron en charlas organizadas polo persoal do astilleiro e disfrutaron dunha agradable visita ás súas instalacións con varios buques en construcción e outros en reparación. Tamén puideron testar de primeira man as tarefas e a atmósfera de traballo.

A continuación visitaron a Autoridade Portuaria de Marín, da man da Xefa de Comunicación María Eyo, para coñecer a súa estructrura e funcionamento.

O centro quere agradecer a implicación de Rosa Isorna Potel, profesora de Economía e a Giuseppe Branca, profesor que a acompañou nesta visita.

 

                          

 

NODOSA ten a súa orixe origen hai máis de 40 años como empresa auxiliar do metal. En 1.982 inaugura os seus talleres de calderería e a comezos dos anos 90 adquire a concesión  duns pequeños varadeiros. Tras sucesivas fases de crecemento e ampliación, os primeros conviertense na factoría, e os segundos no gran astilleiro que podemos ver hoxe en día.

PROGRAMACIÓNS 23-24

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA PARA 1º DE BACHARELATO

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA FOPP

PROGRAMACIÓN 4º DA ESO

PROGRAMACIÓN 2º DE BACHARELATO

O IES de Soutomaior navega rumbo ás Cíes

Con un pouco de medo por mor do mal tempo, o alumnado de 1º de Bacharelato puido por fin zarpar dende Vigo rumbo a unha das illas máis bonitas do noso Parque Nacional.

A saída tivo lugar o día 8 de Xuño e foi organizada por Menchu Bussieres Valcarce, que animou ao alumnado a participar e contou como acompañantes con Montse, Giuseppe Branca e Jose Carlos Rojo.

A idea inicial era percorrer a Illa do Faro ata o punto máis alto e fermoso desta, aínda que finalmente, para evitar neboeiros e chuvascos, tomamos camiño ata o Alto do Príncipe; unha das máis fermosas vistas do lugar. Durante o percorrido os guías explicaron a historia, economía e a flora e fauna do arquípélago, dando á visita o punto cultural que buscabamos.

Finalmente, o alumnado puido descansar e darse un baño merecido, mentres comían e esperaban polo Catamarán de volta.

PROGRAMACIONS

PARABENS AO ALUMNADO DE ECONOMÍA DE 1º DE BACHARELATO

O colofón as actividades foi a participación na I Feira da Ciencia de Soutomaior do alumnado de 1º de bacharelato, con un proxecto de investigación feito dentro e fora das aulas, achegando a contorna ó Centro, e o Centro a contorna: “A situación da muller no mercado laboral na contorna do IES de Soutomaior”.

Aínda que non se  establece a maioría das veces  a relación da Economía coa Ciencia e a investigación, a Economía e unha ciencia na que se investiga coma en calquera outra ciencia. E así o demostraron @s alumn@s facendo este traballo de investigación.

Tal é así que acadaron un dos premios otorgados polo xurado, o Premio Divulga.

PARABENS!!!

ACTIVIDADES O LONGO DO CURSO

 

 Imos rematando o curso e vai sendo hora de facer reconto das actividades nas que participou o alumnado que cursa materias do Departamento de Economía.

 O alumnado de 4º ESO, tanto de Economía como de Iniciación a Actividade Emprendedora e Empresarial asistiu, xunto cos seus compañeiros de Bioloxía, as charlas impartidas polo GALP, Grupo de Acción Local Pesqueira de Vigo. Durante o primeiro e o segundo trimestres acercaron o mundo do mar ao IES dende distintos ángulos: a pesca, a extracción, a conservación e a comercialización do peixe; os oficios e as profesións que se poden dar e os estudos que se poden cursar; o respecto o medio; etc.

A maiores, o mesmo alumnado asistiu a unha charla impartida polo profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñería, da Universidade de Santiago de Compostela, M. Ramiro Rodríguez, que lles falou da gandería, produción de alimentos, o benestar animal e cambio climático. Charla que tamén tivo lugar no segundo trimestre.

 

 O alumnado de bacharelato tamén asistiu as  charlas “¿Sabemos o impacto ambiental do que comemos?”, sendo a relatora a profesora Mª Jesús Sainz Osés, e “ A situación enerxética galega, un debate necesario para ter futuro”, sendo o profesor Adrián Dios Vicente o relator. Ámbolos dous, profesores na Universidade de Santiago de Compostela, da Facultade de Veterinaria a primeira, e da Facultade de Economía o segundo.

 

ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO

Debido os cambios introducidos pola Consellería de Educación faise necesario realizar unha adaptación das Programacións das materias impartidas polos distintos Departamentos. 

No adxunto que acompaña este texto figuran as distintas adaptacións das diversas materias do Departamento

AVISO. ECONOMÍA 1º BACHARELATO PENDENTE

Fixase a data para a realización do exame final de recuperación da materia Economía de 1º de bacharelato pendente, no día 22 de abril de 2022.  Data que, como quedaramos, foi  acordada entre o alumnado de 2º de bacharelato afectado e mais  a profesora.

AVISO PARA O ALUMNADO DE 2º BACH COA MATERIA ECONOMÍA DE 1º BACH PENDENTE

O alumnado que non logrou superar a materia Economía de 1º de bacharelato mediante a realización dos dous exames feitos ata agora, ten outra oportunidade para facelo, mediante a realización dun exame final.

Farase un exame de toda a materia a finais de abril ou principio de maio, dependendo das datas disponibles, e do acordado entre o alumnado e a profesora.

Aquel alumnado que non entregara algún dos boletíns cos exercicios, terá que entregalos no momento de presentarse ao exame final da materia

Distribuir contido


by Dr. Radut