O Equipo de Orientación, Dikra, Aroa e Nerea explican como funciona o IES ao alumnado do Padín Truiteiro
Xa pensando no vindeiro curso 22/23, como cada ano, lévanse a cabo no IES distintas actuacións para coordinármonos cos centros de Primaria e facilitar a transición do alumnado de Primaria á ESO. Así por exemplo, é fundamental a coordinación entre os distintos profesionais que coñecen o alumnado, polo que programamos reunións cos centros adscritos, os CEIP Manuel Padín Truiteiro e Ponte Sampaio.
Ademais, o pasado xoves 8 recibimos a visita do seu alumnado de 6º de Primaria, rapaces e rapazas que a partir de setembro comezarán unha nova etapa educativa no noso instituto.
Lucía e Rosalía recibiron o alumnado de Ponte Sampaio |
Alumnado do CEIP de Ponte Sampaio |
Nesta xornada de acollida participou o Equipo de Orientación ao completo, pero, ademais de Alba, Paula, Lucía Gargallo e Lucía Galván, o acto de acollida contou coa axuda do alumnado acompañante, Lucía e Rosalía (2º ESO A), Nerea Agrafojo (1º ESO A) e Dikra e Aroa (2º ESO D), que compartiron a súa experiencia e resolveron as dúbidas do alumnado de 6º de EP: explicaron aspectos relevantes sobre o funcionamento do centro e a nova etapa educativa, mostraron os espazos e as instalacións e algúns proxectos e mesmo as evolucións das acrobacias de acrosport do alumnado da ESO.
Coñecendo proxectos de Tecnoloxía con Rosalía e Lucía |
Nerea presenta a horta en compañía de Dikra e Aroa |
Vémonos a partir de setembro! Benvid@s!