Skip to Content

Bioloxía

ACTUALIZACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS BIOLOXÍA E XEOLOXÍA CURSO 2023/24

Premendo na seguinte ligazón pódese consultar as programacións didácticas actualizadas das materias do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do curso 2023/24.

 

 

PROGRAMACIÓNS DO DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA CURSO 2023/2024

Premendo nos documentos adxuntos pódense consultar as programacións didácticas das materias do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do curso 2023/24.

COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA NO CURSO 2023/2024

No curso 2023-2024 o departamento de Bioloxía e Xeoloxía está constituído polo seguinte profesorado:

- Lucía López Senín, xefa de departamento, imparte as seguintes materias: Bioloxía e Xeoloxía 1ºESO grupos A e B, Bioloxía e Xeoloxía 4ºESO, Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias ambientais de 1º bach, Anatomía aplicada 1ºbach. e prácticas de Bioloxía e Xeoloxía 3ºESO grupos A e B.

- Montserrat Escudero Fernández, titora de 3ºESO A, imparte as seguintes materias: Bioloxía e Xeoloxía 1ºESO grupos C e D, Proxecto competencial 1º ESO, Bioloxía e Xeoloxía 3ºESO e Bioloxía 2ºbach.

- Marta Martínez Silva imparte as prácticas de Bioloxía e Xeoloxía de 1º ESO.

- Iago Rodríguez-Doforno Paz imparte as prácticas de Bioloxía e Xeoloxía de 3º ESO C.

Proxecto competencial de 1º da ESO

Neste curso 22-23 o Departamento de Bioloxía cursou a materia de proxecto competencial en 1º da ESO atendendo contidos relacionados da materia dende un punto de vista máis práctico. Deste xeito procúrase que o alumnado adquira uns hábitos máis saudables de cara o coidado persoal, do grupo e do medio ambente.

Xa nos últimos días do curso, estiveron expostos no centro algúns dos traballos realizados visualizando problemas medioambientais como a xestión de residuos, como reducir o consumo enerxético, a presenza de microplásticos no ecosistema e nos organismos vivos e a proliferación sen control de especies invasoras introducidas no noso biotopo.

O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía tamén leva uns anos traballando duro para manter o entorno do centro. E coa axuda do alumnado, ano a ano, vai conseguindo medrar unha horta que este curso tamén deu e dará os seus froitos.

Máis fotos na galería de imaxes do centro.

Saída didáctica A Coruña

Non podemos finalizar o curso sen lembrar a saída que realizou o alumnado de 3º da ESO e parte do alumnado de 4ºESO o 18 de maio á cidade Herculina.

Temos que agradecer ao departamento de Bioloxía e Xeoloxía, o Departamento de Educación Plástica e Visual e o Departamento de Xeografía e Historia a organización da actividade. Esta estivo motivada para darlles a oportunidade de coñecer unha das capitais máis fermosas da nosa comunidade. Pero tamén, sen dúbida, a visita estivo acompañada de elementos culturais e didácticos que xustificaron este esforzo.

Debido a que era un grupo ben numeroso, o alumnado dividiuse en grupos máis pequenos realizando pola mañá unha visita ao Castelo de San Antón (museo arqueolóxico) e un roteiro cultural por puntos importantes da cidade.

Xa pola tarde 3º da ESO dirixiuse ao museo do DOMUS e o alumnado de 4º da ESO aproveitou a presenza no museo de Belas Artes de Coruña da exposición "Picasso blanco en el recuerdo azul" e tiveron o privilexo de contemplar parte da obra de uns dos pintores máis influíntes do século XX.

Dende o centro queremos agradecer a Alba Loureiro, Lucía López Senín, Damián Otero e Ana Aguiar o seu esforzo acompañando e organizando esta fantástica aventura.

Máis fotos na galería

O Día de Rosalía de Castro no IES de Soutomaior

O IES de Soutomaior, para conmemorar a memoria dunha das personalidades más representativas de Galiza, celebrou varias actividades os días 23 e 24 de febreiro no centro.

- O Departamento de Bioloxía xunto coa comunidade de montes do concello, continuaron coa labor que comezaron o curso pasado, guiando ao alumnado de 1º da ESO na plantación de árbores autóctonas no bautizado como "Souto de Rosalía" situado nas inmediacións do noso instituto.

 

- Por outra banda, o Equipo de Dinamización Lingüística da Lingua Galega, con Antonio Rincón á cabeza, organizou un evento no recreo do venres 24 de febreiro no que alumnas de tódolos cursos recitaron poemas de Rosalía e, para amenizar a actividade, convidouse ao alumnado e ao profesorado á degustación do "Caldo da Gloria", moi necesario para quentar o corpo nestes días tan fríos.

- A nosa Biblioteca sumouse ao día de Rosalía coa organización dunha pequena exposición de publicacións referidas á escritora, tanto da súa obra literaria como de diversos estudos; e igualmente unha selección que na prensa tivo a efeméride.

Convidamos a ler tanto a súa poesía como os seus textos narrativos, pois Rosalía é unha escritora galega referencial e de interese permanente, que nos axuda a interpretar a nosa realidade cunha visión propia e crítica.
                                      

Todas as imaxes das actividades están subidas á galería de fotos do centro.

Alimentación saúdable no IES de Soutomaior

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía, organizou para este curso unha serie de actividades co fin de contribuir a adquisición de hábitos saudables por parte do noso alumnado.

Comezamos co reparto de leite de pastoreo e actualmente seguimos co reparto de froita ecolóxica. Os postos de froita siuados nas entradas do centro están sendo moi populares e atendidos coa axuda conxunta do profesorado e de alumnado voluntario, facendo que todo este traballo sexa posible.

Cómpre destacar que nesta semana, o alumnado de 1º ESO está a disfrutar dos almorzos saudables (Healthy Breackfast), nos que poden degustar alimentos nutricionamente máis recomendables que os tradicionais e nos que, coa contribución do departamento de Inglés, poden practicar conversa nesta lingua simulando a atención nunha cafetería.

Distribuir contido


by Dr. Radut