Skip to Content

Debuxo

Lista de MATERIAL - Curso 2024-25

 

 
 
 
 
 
 

Programacións didácticas. Curso 2024-2025

Adxuntamos as programacións para o curso 2024-2025.

Cianotipias. 4ºESO_2023-24

Este ano na materia de Expresión artística de 4ºESO, estivemos aprendendo a usar a técnica fotográfica chamada CIANOTIPIA.

Podedes ver nos adxuntos algunhas das imaxes que fixemos en setembro e outubro aproveitando a luz solar. 

 

 
 

Material. Curso 2023-2024

Material necesario por cursos. (Ver adxuntos).

 

Traballos do curso 2022-2023

Aquí tedes un vídeo con algúns dos traballos deste curso. Disfrutade das vacacións!

Alumnado coa materia de Plástica pendente

O alumnado que ten pendente a materia de Plástica de 1º ou 3º ESO e non presentou os exercicios de reforzo para superala, terá unha proba o martes 6 de xuño a 4ªhora.

Tedes unha lista dos contidos para o exame no adxunto.

Calquera dúbida falar coa profesora Ana Aguiar o podedes usar o curso de Edixgal onde estades matriculados.

25N 2022: "Contra a violencia de xénero ABRE OS OLLOS"

Con motivo do 25N o alumnado de Debuxo artístico de 2º de bacharelato e Educación Plástica de 4º ESO fixeron unha instalación na entrada do instituto.

Para facer a obra tivemos de referencia a obra “Behind the walls” do escultor Jaume Plensa.

"A veces, nuestras manos son las paredes más grandes. Pueden cubrirnos los ojos, y podemos cegarnos a nosotros mismos a tanto de lo que está sucediendo a nuestro alrededor ...". Jaume Plensa

As esculturas están feitas utilizando como molde o corpo dos alumnos/as.

O material utilizado, o plástico, é transparente “case invisible”.

Adaptación da Programación didáctica (abril 2022)

Adaptación da Programación Didáctica do Departamento de Debuxo do curso 2021-2022 segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato no sistema educativo de Galicia.

Exposición no IES de Soutomaior: "Vai de Viño"

Dentro das actividades levadas a cabo este ano no centro, cómpre sinalar a levada a cabo polo Departamento de Debuxo que contou coa participación de alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO.

Os estudantes implicados, puderon visitar bodegas da contorna. Así coñeceron de primeira man as características do seu traballo e todos os procesos necesarios para a producción do viño.

Un dos obxectivos do proxecto era facer fotografías destas visitas e das bodegas para, posteriormente, expoñelas no centro. O xoves 20 de xuño tivo lugar o acto onde se inauguró a exposición que estará no IES de Soutomaior ata o 7 de xullo e mudarase posteriormente á biblioteca de Arcade.

Dende o centro queremos agradecer o traballo ás impulsoras deste Plan Proxecta: Ana Aguiar e Beatriz Díaz. Tamén agradecer ao alumnado participante o seu esforzo e traballo.

Pódense visualizar máis imaxes do acto e da exposición na galería da páxina web do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut