Skip to Content

Música

ABRAHAM CUPEIRO "Resoando no pasado"

Este venres 26 de xaneiro, no IES de Soutomaior, tivo lugar a presentación do Proxecto "Resoando no pasado" da man do espectacular músico Abraham Cupeiro para o alumnado de 3º ESO.

Abraham Cupeiro é un músico galego, multiinstrumentista e constructor de diversos instrumentos perdidos no tempo cos cales realiza unha búsqueda de novas sonoridades. Destaca por tocar instrumentos tan antigos como o Karnyx (trompeta celta pertencente á Idade de Ferro) ou a corna.

Nesta charla concerto, Abraham Cupeiro fixo un percorrido por distintos instrumentos pertencentes a diferentes épocas ancentrais. O músico posúe un montón de instrumentos de vento que mostrou ao alumnado, tanto de xeito visual coma de xeito auditivo, interpretando fragmentos musicais de moi diversos estilos. Conseguiu manter a atención do alumnado e captar a súa atención coas sonoridades tan diversas coma as da caracola, a pluma ou incluso coa palliña coa que comezou o concerto. 

Moitas grazas ao Concello de Soutomaior por ofertar esta actividade tan interesante ao noso alumnado. 

Concerto de Santa Cecilia

O pasado martes 21 de novembro, celebrouse na última sesión da tarde o concerto de Santa Cecilia no que participaron alumnos e alumnas da ESO e de Bacharelato.

Este evento foi organizado por Paula Veiga Sertal, que animou aos participantes así como os acompañou nos recreos de gran parte deste primeiro trimestre de curso, para que os nosos músicos chegaran seguros e coas cancións ben traballadas.

  

   

 No concerto participaron.

Rui Jeje Vega  (4º ESO B).

Olalla Lomba Otero (2º ESO C) e Giana Valadares Hernández (3ºESO A)

Lucía Castro Blanco (4ºESO B), Joaquín Castellano Domínguez (3ºESO A), Alba Agulla Rodríguez(3º ESO B)  e Natalia Bouzón Otero (3º ESO C)

Unai, Xiana, Anxo (1º Bach A) e Lola Muiños Seoane (2ºESO B).

Estamos ben orgullosos do alumnado que participa, pois non é nada doado interpretar nun escenario diante de gran parte do instituto. Moitas por facer posible este concerto.

 

PROGRAMACIÓN MÚSICA 4º ESO - CURSO 2023/24

Benvidas e benvidos ao Departamento de Música, 

Nesta entrada de blogue, déixovos colgada a Programación de Música para 4º da ESO neste curso escolar. 

Un saúdo, 

Paula

PROGRAMACIÓN MÚSICA 2º ESO - CURSO 2023/24

Benvidas e benvidos ao Departamento de Música, 

Nesta entrada de blogue, déixovos colgada a Programación de Música para 2º da ESO neste curso escolar. 

Un saúdo, 

Paula

 

PROGRAMACIÓN 3º ESO - CURSO 2023-24

BENVIDA A TODAS E TODOS,

Aquí deixo colgada a Programación de Música de 3º da ESO para o presente curso escolar.

Por outra banda, ao ser profe de Proxecto Competencial en 3º da ESO, tamén vos deixo "Música e Movemento"

Un saúdo,

Paula Veiga

Papagena. Ópera en galego

 

Non podemos esquecer a actividade  á que asistiron os grupos de 3º da ESO o 16 de maio e que organizaron o Departamento de Música e a OMIX do Concello de Soutomaior no contexto da Semana das Letras Galegas.

Papagena é unha ópera electrónica nacida a partir da figura da personaxe homónima da Frauta Máxica de Wolfgang Amadeus Mozart. Unha produción para analizar e re-escribir esta personaxe dende unha mirada actual e en base a dun dos maiores procesos de avance político-social dos últimos tempos: a loita contra o sexismo. Ten unha perspectiva moi  actual na que se ofrece un tratamento moi interesante e feminista, sobre todo das relación entre as persoas novas. Temas como o control, etc. están moi presentes durante toda a peza e tamén sobre o concepto de liberdade.

Esta obra interpretouse no Multiusos de Arcade servindo de escenario ideal para unha interpretación desta magnitude.

Máis imaxes na galería.

Concerto de fin de curso 22-23

O martes 20 de xuño tamén estivo cheo de actividades co motivo do remate deste curso.

Nada mais comenzar a tarde, todo o alumnado presente no centro baixou ao ximnasio para presenciar as actuacións que prepararon na materia de música e en moitos recreos das últimas semanas. O público empatizou c@s protagonistas en todo momento mantendo un respectuoso silencio, aplaudindo e dando ánimos segundo correspondía.

Paula Veiga organizou e dirixiu o evento coma tódolos anos. Tamén participou tocando o piano nalgunhas das obras representadas.

Cómpre destacar a valentía dos participantes ao subirse ao escenario diante de todo o mundo, xa que grazas a eles este tipo de actividades son posibles.

 

                 

O resto das imaxes podémolas ver na galería

 

BENVIDA e PROGRAMACIÓNS MÚSICA 2021-22

Dende o Departamento de Música queremos desexarlle a todo o alumnado do IES de Soutomaior un marabilloso comezo de curso. Moito ánimo a todos e todas e agardo este novo curso 2021-22 con moitísima ilusión. 

Paula  

 

Déixovos a continuación os enlaces ás Programacións deste novo curso escolar:

PROGRAMACIÓN DE MÚSICA NA ESO

PROGRAMACIÓN DE LPM EN BACHARELATO 

Talleres de Ecopercusión

Máis imaxes aquí.

Neste curso tan atípico no que non puidemos gozar do proceso de creación e interpretación da "Música", estes talleres trouxéronnos lembranzas de tempos mellores que botamos moito de menos. 

Todo pasará... pero mentres tanto... nós seguiremos intentando disfrutar da Música, tal e como deixamos constancia nos vídeos que compartimos con todos vós nos enlaces seguintes: 

Unha aperta a tod@s!

Distribuir contido


by Dr. Radut