Skip to Content

Música

Concerto de fin de curso 22-23

O martes 20 de xuño tamén estivo cheo de actividades co motivo do remate deste curso.

Nada mais comenzar a tarde, todo o alumnado presente no centro baixou ao ximnasio para presenciar as actuacións que prepararon na materia de música e en moitos recreos das últimas semanas. O público empatizou c@s protagonistas en todo momento mantendo un respectuoso silencio, aplaudindo e dando ánimos segundo correspondía.

Paula Veiga organizou e dirixiu o evento coma tódolos anos. Tamén participou tocando o piano nalgunhas das obras representadas.

Cómpre destacar a valentía dos participantes ao subirse ao escenario diante de todo o mundo, xa que grazas a eles este tipo de actividades son posibles.

 

                 

O resto das imaxes podémolas ver na galería

 

BENVIDA e PROGRAMACIÓNS MÚSICA 2021-22

Dende o Departamento de Música queremos desexarlle a todo o alumnado do IES de Soutomaior un marabilloso comezo de curso. Moito ánimo a todos e todas e agardo este novo curso 2021-22 con moitísima ilusión. 

Paula  

 

Déixovos a continuación os enlaces ás Programacións deste novo curso escolar:

PROGRAMACIÓN DE MÚSICA NA ESO

PROGRAMACIÓN DE LPM EN BACHARELATO 

Talleres de Ecopercusión

Máis imaxes aquí.

Neste curso tan atípico no que non puidemos gozar do proceso de creación e interpretación da "Música", estes talleres trouxéronnos lembranzas de tempos mellores que botamos moito de menos. 

Todo pasará... pero mentres tanto... nós seguiremos intentando disfrutar da Música, tal e como deixamos constancia nos vídeos que compartimos con todos vós nos enlaces seguintes: 

Unha aperta a tod@s!

Un anaquiño de Uganda en Soutomaior

Emilio J. Puime tróuxonos un pouco de Uganda á clase de música. Un galego, etnomusicólogo e cooperante internacional, tratou de fortalecer o noso pensamento sobre os dereitos humanos relacionándoos coa música tradicional en Uganda. Ademais, Emilio coordina a ONG Destino Uganda, que se adica a mellorar a vida de nenos e nenas en situación de vulnerabilidade e pobreza extremas, sendo a música o que se converteu no medio de vida para estes rapaces.

Durante a charla con Emilio, púidose ver como a etnomusicoloxía pode traballar coa cooperación ó desenvolvemento, xa que garantir o cumprimento dos dereitos humanos e dos obxectivos da Axenda 2030 (ODS) é a maneira de convervar o patrimonio cultural inmaterial en áreas desfavorecidas.

Apareceron termos como a globalización, cultura, relativismo cultural ou tradición; este foi seguido da visualización de exemplos de música tradicional en Uganda, para entender que non é mellor nin peor, simplemente diferente.

De maneira conxunta, chegouse á conclusión da necesidade da conservación do patrimonio e o cumprimento dos dereitos humanos, xunto cos obxectivos de desenvolvementos sostible (Axenda 2030), pois así poderemos ter un mundo máis humano e habitable.

SEMANA DO 15 AO 19 DE XUÑO

BO VERÁN A TOD@S!!!!

Esta será a última entrada de blogue dende Música. 

Quería despedirme de todos vós: sei que foi un curso atípico, cheo de incertidume e difícil de levar algunhas veces. Pero en xeral, fixéchedelo moi ben!!! Eu síntome moi orgullosa de ser profe no IES de Soutomaior, porque o seu alumnado é excepcional. 

Agora, intentade disfrutar do verán, con sentidiño porque o "virus" convive con nós, pero disfrutade. Aproveitade para estar cos amigos/as, coa familia, tomar o sol, ler, escoitar música, relaxarse e respirar aire puro porque non sabemos se todo vai ir ben ou teremos que voltar a encerrarnos nas nosas casas. 

Grazas a tod@s os que semana tras semana estabades aí, ao outro lado do ordenador. Grazas por non tirar a toalla e seguir intentando rematar o curso. Grazas polos vosos correos (non moitos, pero algún recibín) de ánimo preguntándome como estaba (eu a miña familia). Grazas por todo, e sobre todo, por ser como sodes!!!!

Se algún quere despedirse individualmente, xa sabedes: pvsertal@gmail.com

Aos demáis: MOI BO VERÁN!!!!

ATA O CURSO QUE VÉN!!!!

Paula

SEMANA DO 8 - 12 XUÑO

OLA A TOD@S,  

XA CASE REMATAMOS!!!!

ÁNIMO RAPACES, que o estades a facer moi ben. 

Esta semana, as tarefas para 2º da ESO e 4º da ESO son as mesmas que a semana pasada (lembrade que vos din de prazo ata o 12 de xuño). Os de 3º da ESO tedes unha nova tarefa "lúdica" que me teredes que enviar ao meu correo. 

Lembrade: o meu correo é pvsertal@gmail.com

2º ESO:

A tarefa de repaso: esta é a última tarefa de Música (non estades content@s?). Ben, a tarefa vai consistir en que repasedes os 5 temas que tedes na libreta (os 5), e a continuación, cubrades o cuestionario online que vos enlazo aquí: cuestionario 2º ESO: Temas 1-5. Lede ben os temas, con calma, e cando xa os teñades todos repasados, cubrides o cuestionario (ollo porque son 40 preguntas, así que tomádeo con calma). O prazo máximo de entrega é o 12 de xuño ás 14:00h.

tarefa de ampliaciónxa vola expliquei hai tres semanas (de feito, algúns de vós xa a entregáchedes). Consistía en elexir un estilo musical e un grupo musical baseado no vídeo explicativo de hai tres semanas (non ten por que aparecer no vídeo) e facer un pequeno traballo no formato que queirades (en word, na libreta, en Power Point, etc) sobre ese grupo: a que estilo pertence, cando nace o grupo, as súas cancións máis importantes, etc... Para este traballo tiñades ata o 5 de xuño!!!! Se vos quedou sen entregar e vos apetece, amplío o prazo ata o 12 de xuño!!!

3º ESO:

A tarefa de repaso. Esta semana a tarefa consiste en visualizar o vídeo da canción de Rozalén "Aves enjauladas" que vos vinculo directamente sobre o título. Lede ben a letra e reflexionar sobre o que di. A tarefa consiste en enviarme un correo coa vosa reflexión: se estades de acordo co que di, se vos sentíchedes así como di a letra, se aprendéchedes algo sobre vós mesmos co confinamento, etc   

A tarefa de ampliación desta semana é a mesma que a da semana pasada por se vos quedou sen entregar e vos apetece. Consiste en visualizar o Power Point sobre o s. XIX e XX que vos adxunto nesta entrada de blogue. A actividade consiste en escoitar as audicións que están no Power Point e contestar ás seguintes preguntas nun correo: 

  • Que movemento musical os gusta máis dos que aparecen no Power Point despois de escoitar as audicións?
  • Con que obra ou compositor vos quedariades ou vos gustou máis? Por que? 

Para a tarefa de ampliación tendes de prazo ata o 12 de xuño!!

4º ESO

Tarefa de repaso: é a mesma que a da semana pasada: rematamos o repaso de Linguaxe Musical, así que esta tarefa será a última que fagamos, non estades content@s??. A actividade consiste en que visualicedes o Power Point que vos colgo nesta entrada do blogue: "As mulleres ao longo da Historia da Música: as mulleres galegas na actualidade" , que escoitedes as audicións que están enlazadas no Power Point con calma, e que unha vez rematadas todas, me fagades un "traballiño" sobre que muller elexides, o por que da vosa elección e con que canción vos quedariades de todas as que ten. Prazo: 12 de xuño ás 14:00h. Tedes tempo, así que tomádeo con calma!!!!

A tarefa de ampliación Non hai tarefa de ampliación esta semana. Os que non entregastes a tarefa de ampliación a semana pasada e vos apetece, douvos unha semana máis. Traballo sobre Alma Mahler: consiste en buscar información sobre Alma Mahler e realizar un pequeniño traballo sobre ela en calqueira formato (libreta, word, Power Point, etc) .... o último prazo para este traballo de Alma Mahler será o 12 de xuño.

 

 UNHA APERTA A TOD@S!!! 

 MOITO ÁNIMO E MOITAS GRAZAS POR SEGUIR AÍ UNHA SEMANA MÁIS!!!!

 ATA A SEMANA QUE VÉN!!

SEMANA DO 1 - 5 XUÑO

OLA A TOD@S,  

XA ESTAMOS EN XUÑO!!!!

ÁNIMO RAPACES, que o estades a facer moi ben. 

Esta semana, igual que nas semanas pasadas,  van tarefas de repaso para todos e tarefas de ampliación de contidos, por se vos sobra algo de tempo e vos apetece facer algo a maiores do que xa demos este curso (estas tarefas son voluntarias pero serán tidas en conta para as notas finais)

Lembrade: o meu correo é pvsertal@gmail.com

2º ESO:

A tarefa de repaso: esta é a última tarefa de Música (non estades content@s?). Ben, a tarefa vai consistir en que repasedes os 5 temas que tedes na libreta (os 5), e a continuación, cubrades o cuestionario online que vos enlazo aquí: cuestionario 2º ESO: Temas 1-5. Lede ben os temas, con calma, e cando xa os teñades todos repasados, cubrides o cuestionario (ollo porque son 40 preguntas, así que tomádeo con calma). O prazo máximo de entrega é o 12 de xuño ás 14:00h.

tarefa de ampliaciónxa vola expliquei hai dúas semanas (de feito, algúns de vós xa a entregáchedes). Consistía en elexir un estilo musical e un grupo musical baseado no vídeo explicativo de hai dúas semanas (non ten por que aparecer no vídeo) e facer un pequeno traballo no formato que queirades (en word, na libreta, en Power Point, etc) sobre ese grupo: a que estilo pertence, cando nace o grupo, as súas cancións máis importantes, etc... Para este traballo tendes ata o 5 de xuño!!!!

3º ESO:

A tarefa de repaso. Esta semana rematamos o repaso de linguaxe musical: as escalas. Tendes que repasar como se facían as escalas maiores e menores, ter un papel e un boli a man para facer algunha escala que vos aparece no cuestionario, e contestar ao cuestionario online que vos colgo a continuación (antes do sábado): probiña nº 4 - repaso de linguaxe musical - 3º ESO. Prazo: sábado ás 14:00h 

A tarefa de ampliación desta semana consiste en visualizar o Power Point sobre o s. XIX e XX que vos adxunto nesta entrada de blogue. A actividade consiste en escoitar as audicións que están no Power Point e contestar ás seguintes preguntas nun correo: 

  • Que movemento musical os gusta máis dos que aparecen no Power Point despois de escoitar as audicións?
  • Con que obra ou compositor vos quedariades ou vos gustou máis? Por que? 

Para a tarefa de ampliación tendes de prazo ata o domingo!!

4º ESO

Tarefa de repaso: rematamos o repaso de Linguaxe Musical, así que esta tarefa será a última que fagamos, non estades content@s??. A actividade consiste en que visualicedes o Power Point que vos colgo nesta entrada do blogue: "As mulleres ao longo da Historia da Música: as mulleres galegas na actualidade" , que escoitedes as audicións que están enlazadas no Power Point con calma, e que unha vez rematadas todas, me fagades un "traballiño" sobre que muller elexides, o por que da vosa elección e con que canción vos quedariades de todas as que ten. Prazo: 12 de xuño ás 14:00h. Tedes tempo, así que tomádeo con calma!!!!

A tarefa de ampliación Traballo sobre Alma Mahler: consiste en buscar información sobre Alma Mahler e realizar un pequeniño traballo sobre ela en calqueira formato (libreta, word, Power Point, etc) .... o prazo para este traballo de Alma Mahler será o 5 de xuño.

 

 UNHA APERTA A TOD@S!!! 

 MOITO ÁNIMO E MOITAS GRAZAS POR SEGUIR AÍ UNHA SEMANA MÁIS!!!!

 ATA A SEMANA QUE VÉN!!

SEMANA DO 25 AO 30 DE MAIO

OLA A TOD@S,  

Xa vai quedando menos, chic@s!!! Moitas forzas a tod@s e ánimo!!! 

Esta semana, igual que nas semanas pasadas,  van tarefas de repaso para todos, algo sinxeliño, uns cuestionarios online de repaso e tarefas de ampliación de contidos, por se vos sobra algo de tempo e vos apetece facer algo a maiores do que xa demos este curso (estas tarefas son voluntarias pero serán tidas en conta para as notas finais)

Lembrade: o meu correo é pvsertal@gmail.com

 OLLO: OS CUESTIONARIOS PECHARANSE O SÁBADO ÁS 14:00

2º ESO:

A tarefa de repaso: esta semana é unha tarefa diferente. Quero que visualicedes o vídeo que vos enlazo aquí mesmo da nova canción de Rozalén "Aves enjauladas". Escoitade ben a letra e reflexionade sobre ela. A continuación, elaborade un texto a modo de redacción (pode ser a través de preguntas e respostas, ou un texto narrativo, ou frases soltas que resuman o que vos transmite esa letra: se estades de acordo ou non, se vos sentides igual ou non, se esta experiencia vos valeu de aprendizaxe, se agora valorades máis as cousas pequenas ou se pola contra, xa o faciades antes, se aprendíchedes algo sobre vós mesmos ou non, etc etc). Esta tarefa podédela facer nun word, ou na libreta e enviarma ao meu correo electrónico. O prazo para a entrega é o sábado ás 14:00h. 

tarefa de ampliaciónxa vola expliquei a semana pasada (de feito, algúns de vós xa a entregáchedes). Consistía en elexir un estilo musical e un grupo musical baseado no vídeo explicativo da semana pasada (non ten por que aparecer no vídeo) e facer un pequeno traballo no formato que queirades (en word, na libreta, en Power Point, etc) sobre ese grupo: a que estilo pertence, cando nace o grupo, as súas cancións máis importantes, etc... Para este traballo tendes ata o 5 de xuño!!!!

3º ESO:

A tarefa de repaso. Esta semana continuamos repasando os conceptos de linguaxe musical do inicio de todo: os matices de intensidade, os matices de movemento, a clasificación instrumental, os intervalos, os acordes e os grados da escala. Tendes que repasar estes conceptos que xa están copiados na libreta e contestar ao cuestionario online que vos colgo a continuación (antes do sábado): probiña nº 3 - repaso de linguaxe musical - 3º ESO. Xa non me tedes que enviar correo porque xa o recibo directamente no meu drive, salvo que queirades preguntarme/contarme/falar conmigo, por suposto. Lembrade que sigo aquí para o que precisedes.  

A tarefa de ampliación desta semana consiste en visualizar o vídeo do Clasicismo que vos colgo no seguinte enlace: "O Clasicismo". A actividade consiste en escoitar atentamente o vídeo e contestar ás seguintes preguntas nun correo: 

  • Por que nace o Clasicismo?
  • Que se buscaba no Clasicismo? Que quere dicir "a búsqueda da beleza e do equilibrio"?
  • Que movementos filosóficos acompañaron aos movementos musicais dende a Idade Media?
  • Que defendía a Ilustración?
  • Por que aparecen dous tipos de ópera no Clasicismo? Por que a burguesía podía acceder as representacións operísticas, ou aos espectáculos culturais?
  • Que diferenza hai entre a textura de melodía acompañada no Barroco e no Clasicismo?
  • Que instrumento substitúe ao clavicémballo? Por que tivo máis aceptación este novo instrumento?
  • Que "concerto" desaparece no Clasicismo, con respecto ao Barroco?

Para a tarefa de ampliación tendes de prazo ata o domingo!!

UNHA APERTA A TOD@S!!!

4º ESO

Tarefa de repaso: esta semana seguimos repasando algo de linguaxe musical. Collede a libreta e botádelle un ollo á tonalidade. Unha vez repasada, contestades ao cuestionario online que vos colgo a continuación: Repaso de Linguaxe Musical 4 - 4º da ESO. Xa non é necesario que me escribades un correo porque xa recibo a resposta directamente, salvo que vos apeteza contarme ou preguntarme algo, que sabedes que para min é un pracer recibir noticias vosas.

A tarefa de ampliación Lembrade que a semana pasada xa vos expliquei parte desta tarefa: consiste en buscar información sobre Alma Mahler e realizar un pequeniño traballo sobre ela en calqueira formato (libreta, word, Power Point, etc) .... o prazo para este traballo de Alma Mahler será o 5 de xuño.

 UNHA APERTA A TOD@S!!! 

 MOITO ÁNIMO E MOITA PACIENCIA QUE XUÑO XA ESTÁ AÍ!!!! 

 ATA A SEMANA QUE VÉN!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut