Skip to Content

SEMANA DO 25 AO 30 DE MAIO

OLA A TOD@S,  

Xa vai quedando menos, chic@s!!! Moitas forzas a tod@s e ánimo!!! 

Esta semana, igual que nas semanas pasadas,  van tarefas de repaso para todos, algo sinxeliño, uns cuestionarios online de repaso e tarefas de ampliación de contidos, por se vos sobra algo de tempo e vos apetece facer algo a maiores do que xa demos este curso (estas tarefas son voluntarias pero serán tidas en conta para as notas finais)

Lembrade: o meu correo é pvsertal@gmail.com

 OLLO: OS CUESTIONARIOS PECHARANSE O SÁBADO ÁS 14:00

2º ESO:

A tarefa de repaso: esta semana é unha tarefa diferente. Quero que visualicedes o vídeo que vos enlazo aquí mesmo da nova canción de Rozalén "Aves enjauladas". Escoitade ben a letra e reflexionade sobre ela. A continuación, elaborade un texto a modo de redacción (pode ser a través de preguntas e respostas, ou un texto narrativo, ou frases soltas que resuman o que vos transmite esa letra: se estades de acordo ou non, se vos sentides igual ou non, se esta experiencia vos valeu de aprendizaxe, se agora valorades máis as cousas pequenas ou se pola contra, xa o faciades antes, se aprendíchedes algo sobre vós mesmos ou non, etc etc). Esta tarefa podédela facer nun word, ou na libreta e enviarma ao meu correo electrónico. O prazo para a entrega é o sábado ás 14:00h. 

tarefa de ampliaciónxa vola expliquei a semana pasada (de feito, algúns de vós xa a entregáchedes). Consistía en elexir un estilo musical e un grupo musical baseado no vídeo explicativo da semana pasada (non ten por que aparecer no vídeo) e facer un pequeno traballo no formato que queirades (en word, na libreta, en Power Point, etc) sobre ese grupo: a que estilo pertence, cando nace o grupo, as súas cancións máis importantes, etc... Para este traballo tendes ata o 5 de xuño!!!!

3º ESO:

A tarefa de repaso. Esta semana continuamos repasando os conceptos de linguaxe musical do inicio de todo: os matices de intensidade, os matices de movemento, a clasificación instrumental, os intervalos, os acordes e os grados da escala. Tendes que repasar estes conceptos que xa están copiados na libreta e contestar ao cuestionario online que vos colgo a continuación (antes do sábado): probiña nº 3 - repaso de linguaxe musical - 3º ESO. Xa non me tedes que enviar correo porque xa o recibo directamente no meu drive, salvo que queirades preguntarme/contarme/falar conmigo, por suposto. Lembrade que sigo aquí para o que precisedes.  

A tarefa de ampliación desta semana consiste en visualizar o vídeo do Clasicismo que vos colgo no seguinte enlace: "O Clasicismo". A actividade consiste en escoitar atentamente o vídeo e contestar ás seguintes preguntas nun correo: 

  • Por que nace o Clasicismo?
  • Que se buscaba no Clasicismo? Que quere dicir "a búsqueda da beleza e do equilibrio"?
  • Que movementos filosóficos acompañaron aos movementos musicais dende a Idade Media?
  • Que defendía a Ilustración?
  • Por que aparecen dous tipos de ópera no Clasicismo? Por que a burguesía podía acceder as representacións operísticas, ou aos espectáculos culturais?
  • Que diferenza hai entre a textura de melodía acompañada no Barroco e no Clasicismo?
  • Que instrumento substitúe ao clavicémballo? Por que tivo máis aceptación este novo instrumento?
  • Que "concerto" desaparece no Clasicismo, con respecto ao Barroco?

Para a tarefa de ampliación tendes de prazo ata o domingo!!

UNHA APERTA A TOD@S!!!

4º ESO

Tarefa de repaso: esta semana seguimos repasando algo de linguaxe musical. Collede a libreta e botádelle un ollo á tonalidade. Unha vez repasada, contestades ao cuestionario online que vos colgo a continuación: Repaso de Linguaxe Musical 4 - 4º da ESO. Xa non é necesario que me escribades un correo porque xa recibo a resposta directamente, salvo que vos apeteza contarme ou preguntarme algo, que sabedes que para min é un pracer recibir noticias vosas.

A tarefa de ampliación Lembrade que a semana pasada xa vos expliquei parte desta tarefa: consiste en buscar información sobre Alma Mahler e realizar un pequeniño traballo sobre ela en calqueira formato (libreta, word, Power Point, etc) .... o prazo para este traballo de Alma Mahler será o 5 de xuño.

 UNHA APERTA A TOD@S!!! 

 MOITO ÁNIMO E MOITA PACIENCIA QUE XUÑO XA ESTÁ AÍ!!!! 

 ATA A SEMANA QUE VÉN!!

 



blog | by Dr. Radut