Skip to Content

Educación física

PROGRAMACIÓNS

Programacións Didácticas LOMLOE de Educación Física

Excursión a Manzaneda

22/02/2024 19:04
24/02/2024 19:04

Actividade suspendida

Debido a que non hai previsión de neve para a vindeira semana en Manzaneda tivemos que suspender a excursión, xa que o obxectivo da actividade era iniciarse nos deportes de inverno, cun primeiro achegamento aos deportes con neve.

Unha mágoa, pero esperamos ter oportunidade de buscar algunha actividade para 3º da ESO neste curso, e así compensar esta mala sorte.

Desde a secretaría do centro procederemos a facer a devolución do recaudado para esta actividade.

Fin de curso 22-23. Torneo da deportividade

Para celebrar o fin de curso o Departamento de Educación Física tamén organizou un campionato de fútbol 8 no que competiron seleccións da meirande parte dos cursos da ESO e 1º de Bacharelato.

Este evento celebrouse no campo do Salgueirón os días martes 20 e luns 21 facendo enfrontamentos entre os diferentes equipos e culminando cos enfrentamentos finais no último día. Como colofón, os gañadores tiveron a oportunidade de xogar coas seleccións do profesorado en partidos moi reñidos que se resolveron na tanda de penatis.

Grazas ao clima de deportividade poidemos disfrutar dunhas xornadas moi divertidas cun público completamente entregado animando ás xogadoras e xogadores que se deixaron a pel no campo.

Na galería podemos ver as imaxes dos equipos e dos partidos.

 

 

Fin de Curso 22-23. Actividades de acrosport

Os Departamentos de Educación Física e Música estiveron traballando moito co alumnado para poder celebrar nestes últimos días do curso, unhas actividades moi diferentes das habituais coas que toda a comunidade educativa puidemos disfrutar.

O luns 19, despois do recreo, tiveron lugar as diferentes actuacións de baile e acrosport. O público quedou abraiado pola entrega dos participantes que se creceron no escenario sacando o mellor de eles.

 

               

 

               

               

Despois das actuacións de 4º da ESO,  Sandra Soliño e Iria Pérez dedicaron unhas palabras de apoio e despedida aos seus titorandos e titorandas, pois algúns deles continuarán os seus estudos lonxe do IES de soutomaior. 

Moito ánimo e sorte a tod@s el@s.

 

 

Excursión a Manzaneda

O alumnado do IES de Soutomaior xa voltou de Manzaneda e poido disfrutar da neve así como tamén puido practicar os deportes de inverno previstos.

Dende o centro queremos agradecer o comportamento dos rapaces que fixeron posible que a excursión se desenvolvera correctamente e que tanto o profesorado e o alumnado puidera disfrutar deses días xuntos.

Xa só nos queda ollar as fotos lembrando eses bos momentos que pasamos xuntos.

Galería de fotos

Saímos cara Manzaneda

Gran parte do alumnado de 3ºda ESO colleu hoxe rumbo a Manzaneda para disfrutar da neve e da magnífica contorna que ofrece o macizo central ourensán.

O centro quere agradecer á organizadora, Vanesa Peón, todo o esforzo feito para que esta saída fora posible. Tamén queremos agradecer a axuda do profesorado acompañante: Alba Loureiro, Alejandro Sotelo e Damián Otero.

Boa viaxe!!

 

Semana de primeiros auxilios no IES de Soutomaior

 

Especialistas en atención sanitaria extrahospitalaria acudiron o IES de Soutomaior para formar ao alumnado de ESO e Bacharelato do luns 28 de novembro ao xoves 1 de decembro.

 

É moi importante ter en conta que cada minuto que pasa nunha parada cardiorrespiratoria, disminúe un10% a supervivencia. En Europa producense unhas 700.000 PCR ao ano (unha cada 45 segundos) e en España 25.000. De todas elas, só nun 12% a población responde iniciando maniobras de reanimación cardiopulponar (RCP). Así o demostra un estudio publicado pola “Revista Española de Cardiología”, que advirte da necesidade de reforzar a nosa formación en primeiros auxilios para atender este e outros numerosos problemas. De iste xeito poderiamos reducir as consecuencias desta e outras doenzas, as cales precisan de atención precoz para mellorar pronósticos ás veces letales.

 

Isto motivou a especialistas de atención sanitaria extrahospitalaria do Proxecto EuroCardio a ofrecerse ao IES de Soutomaior para realizar unha extensa formación durante toda esta semana. Centráronse en concienciar ao alumnado da importancia dunha actuación sinxela pero precisa no caso de encontrarse con persoas que sufren os seguintes accidentes: PCR, hemorraxias, queimaduras e atragantamentos.

 

Durante as dúas primeiras xornadas, o alumnado de primeiro de bacharelato recibiu unha formación teórica para ter a información de como comportarse ante unha emerxencia e outra parte práctica para ensaiar protocolos coma a RCP e a maniobra de Heimlich. Nas dúas seguintes xornadas, os especialistas sanitarios, coa axuda do alumnado de bacharelato, continuou a formación co alumnado da ESO.

 

Galería de fotos

 

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN EDUCACIÓN FÍSICA

Aquí podedes visualizar os criterios de avaliación.

 

Excursión de 3º ESO a Manzaneda

neve

Entre os días 6 e 8 de febreiro, o alumnado de 3º de ESO participou na excursión a Manzaneda, organizada polo Departamento de Educación Física co obxectivo de achegarse aos deportes de inverno e realizar unha convivencia que redundase na cohesión do grupo.

Así, un total de 39 rapaces e rapazas gozaron da neve, moitos deles por vez primeira, polo que non puideron resistir a tentación de iniciar a súa estadía na estación con batallas improvisadas de bolas de neve e xogando cos trineos de pala. Xa cos monitores especialistas, puideron escoller entre o esquí e o snowboard, conseguindo con éxito o certificado de nivel D ao finalizar o curso. Podedes ver todas as imaxes na nosa galería.

COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO NO CURSO 2018-2019

O departamento está formado polos seguintes membros:

-María Vanesa Peón Fernández (Xefatura de departamento)

-Modesto Campos Castro

-César Manuel Iglesias Fernández

Distribuir contido


by Dr. Radut