Skip to Content

Deportes

Torneos nos recreos

Recordade que temos un Plan de Actividades Físicas para os recreos e hai varias posibilidades en deportes de equipo:

  • Fútbol 5x5 (masculino e feminino) na pista superior
  • Voleibol 4x4 (masculino e feminino) na pista habilitada na entrada do patio
  • Baloncesto 3x3 (masculino e feminino) na canasta da pista inferior

Os calendarios destes partidos estarán colocados semanalmente no taboleiro da entrada do patio.

Outras opcións:

  • Uso do rocódromo horizontal que hai na parede da pista baixa
  • Campeonatos de xadrez que se organizan desde a biblioteca
  • Posibilidade de iniciarse no ping-pong empregando a mesa fixa do patio cuberto e pedindo as palas en conserxería

Escolle, e fai un recreo activo !!

Fin de curso 22-23. Torneo da deportividade

Para celebrar o fin de curso o Departamento de Educación Física tamén organizou un campionato de fútbol 8 no que competiron seleccións da meirande parte dos cursos da ESO e 1º de Bacharelato.

Este evento celebrouse no campo do Salgueirón os días martes 20 e luns 21 facendo enfrontamentos entre os diferentes equipos e culminando cos enfrentamentos finais no último día. Como colofón, os gañadores tiveron a oportunidade de xogar coas seleccións do profesorado en partidos moi reñidos que se resolveron na tanda de penatis.

Grazas ao clima de deportividade poidemos disfrutar dunhas xornadas moi divertidas cun público completamente entregado animando ás xogadoras e xogadores que se deixaron a pel no campo.

Na galería podemos ver as imaxes dos equipos e dos partidos.

 

 

Torneos de baloncesto e xadrez intercentros

O IES de Soutomaior foi de visita a Redondela para participar en dous campionatos.

O primeiro tivo lugar o venres 26 de maio na Alameda Castelao de Redondela. Iago López Casas (1ºESOA), Xabier Vilán Guisande (1ºESO C), Víctor Pereira Rodrígues (2ºESO A) e Rodrigo Lorenzo Comesaña (2ºESO B) tiveron a oportunidade de medirse con xogadores e xogadoras doutras localidades na modalidade oficial de xadrez na que xa competiran no IES de Soutomaior en anteriores datas.

Independientemente dos resultados, a experiencia foi agradable e seguro que o alumnado quedou con gañas de continuar mellorando neste deporte tan intenso.

O luns 29 de maio tivo lugar no polideportivo do IES Mendiño de Redondela o campionato intercentros de baloncesto. Os profesores de educación física Ana Fervenza e Modesto Campos, que organizaron a nosa participación no evento, acompañaron ao alumnado que `participou cun total de tres equipos na categoría infantil (1º e 2º da ESO).

O resto das imaxes de ambos eventos atópanse na galería.

Entrega de trofeos no IES de Soutomaior

Estas últimas semanas tivemos recreos con varias actividades organizadas polo centro.

O Departamento de Educación Física organizou un campionato mixto no que cada grupo da ESO e de Bacharelato podía participar.

Logo de teren lugar as liguillas e o cadro final, resultaron gañador@s @s integrantes do equipo de 2º de Bacharelato e recibiron o trofeo o pasado venres 5 de maio.

 

Por outra banda, o campionato de xadrez organizado por Eduardo Cid Vila do Departamento de Lingua Castelá, rematou o mesmo venres 5 de maio como colofón os moitos enfrentamentos que tiveron lugar na biblioteca do IES de Soutomaior.

O gañador foi Iago López Casas e a segunda clasificada Antía Míguez Iglesias. Noraboa aos campións.

               

          As imaxes do campionato de xadrez na galería

Partido Alumnas vs Profesoras

O último día do primeiro trimestre, o comando de igualdade, con Vanesa Peón a Cabeza, organizou un partido de fútbol no que un grupo de alumnas de primeiro de bacharelato enfrentouse á selección de profesoras do IES de Soutomaior.

Pese a que o día do partido o tempo foi moi malo, os dous equipos o deron todo baixo a chuvia e foron animados polo resto do centro, creando un ambiente festivo ideal para recibir o Nadal cun bo sorriso.

Finalmente o resultado foi de victoria para as alumnas por 2-1, pero a sensación foi de euforia polo divertido do evento e polas gañas deixadas no terreo de xogo.

 

       

 

Para ver máis imaxes premer a seguinte ligazón: galería de fotos.

Distribuir contido


by Dr. Radut