Skip to Content

Tecnoloxía

Talentos Inclusivos no IES de Soutomaior

O 21 de Febreiro parte do alumnado de 4º da ESO e 1º de bacharelato recibiu aos usuarios de  APAMP (Asociación de familias  de personas con parálise cerebral)  de Vigo, que viñeron ao noso centro para realizar unha xornada de sensibilización e para dar a coñecer a parálisise cerebral.
 
Nesta ocasión, Adrián, Laura Maquieira Almeira, Sandra Ballesteros e Reyes Rey, deron a coñecer aos alumnos da ESO o seu día a día e outros temas de interese como: a comunicación alternativa, as adaptacións, o ocio ou o deporte adaptado entre outros.
 
A charla enmarcase dentro do proxecto "Talentos Inclusivos". A participación do alumnado en Talentos Inclusivos vai contribuir á mellora das súas competencias no ámbito da ciencia e da tecnoloxía, mentres que fomenta a súa participación activa na sociedade e, en especial, co colectivo de persoas con parálise cerebral.
 
Dende o centro agradecemos o esforzo feito pola asociación por achegarse e tamén ao Departamento de Tecnoloxía por facer posible este encontro.
 
 
 

 

Charla "Internet das cousas" no IES de Soutomaior

O Departamento de Tecnoloxía, organizou para o 21 de decembro unha charla na que a profesora da facultade de Enxeñería de Telecomunicacións da Universidade de Vigo Rebeca Díaz Redondo, falou do Internet das cousas ao alumnado de 2º de bacharelato A.

Nesta hora, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer o funcionamento da transmisión da información entre dispositivos electrónicos e tamén puido coñecer cal van ser os seguintes pasos no seu desenvolvemento.

 

Estamos moi agradecidos coa poñente por terse acercado ao noso instituto.

 

COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO NO CURSO 2023/24

Os profesores que conforman o Departamento de Tecnoloxía no presente curso 2023/24 son os seguintes:

  • Gabriel Muñiz Alonso: profesor con praza definitiva no centro e Xefe do Departamento, que impartirá as seguintes materias: Tecnoloxía 2º ESO (desdobres A e A+B), Tecnoloxía 4º ESO (desdobres Tecno-1 e Tecno-2), Educación Dixital 3ºESO e Tecnoloxía e Enxeñaría II, de 2º de Bacharelato.
  • Rosalía González López: profesora con praza definitiva, que impartirá as seguintes materias: Tecnoloxía 2º ESO (desdobres B+C e C), Dixitalización 4º ESO (desdobres Dixit-1 e Dixit-2), Proxecto competencial 2ºESO e TIC 1º de Bacharelato. Esta profesora é a responsable da Dinamización TIC e do Plan Dixital do centro.
  • Moisés García Míguez: profesor interino, que impartirá as seguintes materias: Tecnoloxía 1º ESO e Proxecto competencial 2ºESO. Ademais, exercerá a titoría do grupo 1ºESO B.

O IES de Soutomaior recibe a profesores da Universidade de Vigo

O departamento de Tecnoloxía, que mantén contactos cos profesores da facultade de Enxeñaría da Telecomunicación da Universidade de Vigo, organizou dúas charlas para o martes 21 e o xoves 23 de marzo nas que nos explicaron contidos relacionados co seu traballo.

O alumnado de 1º de Bacharelato asistiu á conferencia "Érase unha vez Internet", na que o profesor describiu as características da rede desde os seus orixes ata a actualidade. Tamén aproveitou para orientar ao alumnado contándolle as características das enxeñarías animándoos a estudiar carreiras e ciclos relacionados.

Por outra banda, o alumnado de 2º de bacharelato disfrutou da exposición doutro profesor na que lles advertiu dos riscos que ten o uso do móbil e trasmitiulles varios consellos para evitar ter problemas de que alguén acceda a información persoal contida no noso celular.

Visita de Bacharelato á Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía

 

                   

O pasado 18 de xaneiro, os alumnos de Tecnoloxía e Enxeñaría de 1º BAC e Tecnoloxía Industrial de 2ºBAC realizaron unha visita á Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo.

A actividade comezou cunha charla sobre os graos impartidos na Escola e as posibles saídas profesionais, para posteriormente pasar a realizar tres módulos da Aula Aberta á TecnoCiencia, nos que os alumnos desenvolveron actividades manipulativas sobre intelixencia artificial, materiais intelixentes e mecánica de materiais.

Máis fotos na galería

COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO NO CURSO 2022/23. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA.

No presente curso 2022/23, o Departamento de Tecnoloxía estará formado polo seguinte profesorado:

  • Gabriel Muñiz Alonso: profesor con praza definitiva no centro e Xefe do Departamento, que impartirá as seguintes materias: Tecnoloxía 2º ESO, Tecnoloxía 4º ESO, Educación Dixital 3ºESO e Tecnoloxía Industrial 2º de Bacharelato.
  • Saínza Martínez López: profesora con praza definitiva, que impartirá as seguintes materias: TIC 1º de Bacharelato,TIC 2º de Bacharelato e Tecnoloxía e Enxeñaría 1º de Bacharelato. Esta profesora é a responsable da Dinamización TIC e do Plan Dixital do centro.
  • Marta Pardo Durán: profesora en prácticas, que impartirá as seguintes materias: Tecnoloxía 1º ESO, Educación Dixital 3º ESO e TIC 4º ESO. Ademais, exercerá a titoría do grupo 1ºESO B.

Premendo na seguinte ligazón pódese acceder á Programación Didáctica do Departamento para o presente curso, que tamén está depositada na Secretaría do centro para a súa posible consulta. Tamén é posible ver un resumo dos criterios de avaliación, cualificación e promoción nesta ligazón.

 

Adaptación da programación didáctica.

Na seguinte ligazón está dispoñible a adaptación da programación didáctica do Departamento de Tecnoloxía, segundo a orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de Educación Secundaria obrigatoria e de Bacharelato no sistema educativo de Galicia

Proxecto 2º ESO: a ponte levadiza

Vídeo cos proxectos construídos polo alumnado de 2º de ESO na materia de Tecnoloxía.

COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO NO CURSO 2021/22. PROGRAMACIÓN E CRITERIOS DE AVALIACIÓN.

No presente curso 2021/22, o Departamento de Tecnoloxía está formado polos seguintes profesores:

  • Gabriel Muñiz Alonso: profesor con praza definitiva no centro e xefe do departamento, que impartirá as seguintes materias:  Tecnoloxía 2º ESO (grupos A e D), Tecnoloxía 3º ESO (1 subgrupo) TIC 4ºESO (2 subgrupos) e Tecnoloxía Industrial 2º de Bacharelato (1 subgrupo). Tamén exercerá a titoría do grupo 2ºESOD.
  • Saínza Martínez López: profesora en expectativa de destino, que impartirá as seguintes materias:, TIC 1º de Bacharelato (3 subgrupos), TIC 2º de Bacharelato (2 subgrupos), Tecnoloxía Industrial 1º de BAC (1 subgrupo) e Electrotecnia 2º Bacharelato (1 subgrupo). Esta profesora é a responsable da Dinamización TIC do centro.
  • Manuel Cuervo Soto: profesor interino, que impartirá as seguintes materias: Tecnoloxía 2º ESO (grupos B e C), Tecnoloxía 3º de ESO e 3º ESO Bilingüe, Tecnoloxía 4ºESO (2 subgrupos) e TIC 1º de Bacharelato (2 subgrupos).

Premendo na seguinte ligazón podes acceder á Programación Didáctica do Departamento para o presente curso, que tamén está depositada na secretaría do centro para a súa consulta. Se o prefires, podes ver un resumo dos criterios de avaliación, cualificación e promoción do Departamento.

Distribuir contido


by Dr. Radut