Skip to Content

Novas

Convocatoria Becas para ensinanzas postobligatorias

Convócanse becas para estudantes que no curso 2024-25 cursen ensinanzas postobligatorias con validez en todo o territorio nacional:

  • Bacherelato.
  • Grado medio ou superior.
  • Ensinanzas artísticas profesionais e superiores, deportivas, estudos de idiomas, cursos de acceso á FP e ciclos formativos de grado básico.
  • Ensinanzas universitarias en todo o territorio nacional.

Para máis detalle e para consultar a cuantía das becas pódese premer na seguinte ligazón e así descargar o anuncio do BOE.

O prazo da solicitude é dende o 19 de marzo ás 9:00 ata o 10 de maio ás 15:00 de 2024. Débese cumplimentar vía telemática a traves da Sede Electrónica na seguinte ligazón.

 

 

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR ENTREGA Á BIBLIOTECA EXEMPLARES SOBRE O CASTELO

Os concelleiros Diego Moreira e Silvia Cernadas achegáronse onte á Biblioteca do Instituto para faceren entrega de varios exemplares da publicación sobre o Castelo de Soutomaior que o Diario Nós acaba de sacar.

Esta publicación, realizada polo historiador Suso Vila, que conta con diversos textos e ilustracións, servirá para o seu uso e lectura por parte do Club de Lectura de 1º de Bacharelato, así como por parte das persoas interesadas.

 

Agradecemos ao Concello de Soutomaior esta entrega.

 

 

Openscience 2023

Esta pasada fin de semana , do 15 ao 17 de septembro, Breixo Cernadas e Lucía Castrillo tiveron a oportunidade de presentar na Openscience de Cambre o seu proxecto (Compost IA), gañador do Premio de Rigor Científico na pasada Feira da Ciencia organizada polo Concello de Soutomaior.

Dende as 12:00 do sábado ata a 13:00 do domingo, os dous participantes ocupáronse de explicar as características do seu innovador traballo á xente que se ía achegando ao seu posto.

Despois de tanto esforzo, os nosos alumnos tiveron unha recompensa ben merecida gañando o primeiro premio na categoría de bacharelato.

 

Dende o IES de Soutomaior queremos expresar o noso orgullo polo traballo realizado e pola idea tan orixinal. Tamén queremos agradecer o traballo feito pola súa titora do proxecto, Saínza Martínez López e pola OMIX do Concello de Soutomaior que organizou e facilitou a nosa participación no evento. Tampouco nos queremos olvidar de Sofía Martínez Braña, integrante inicial do grupo que finalmente non puido ir á Openscience este ano.

Móllate polos ríos. Limpeza da contorna do Verdugo.

 

     O Concello de Soutomaior súmase ao proxecto 'Móllate polos Ríos' coordinado pola Asociación Ecoloxista ADEGA, organizando unha xornada de voluntariado medioambiental que consistirá na retirada de lixo dun tramo da ribeira do río Verdugo e Daión, así como eliminación de flora invasora.

 

 

    Esta actividade ten como finalidade a concienciación medioambiental da cidadanía, incidindo na importancia dos ecosistemas fluviais e da correcta xestión dos residuos. Será o domingo 24 de setembro a partir das 10,00 h na praia da Xunqueira de Arcade. É recomendable levar calzado e roupa resistente.

 

 

    Para participar é necesario realizar inscrición previa no correo prensa@soutomaior.gal indicando nome completo, DNI e teléfono de contacto. No caso de que se inscriban menores de idade, deberán ir acompañados por un adulto que tamén se inscriba.

 

 

 

 

Acto de gradación 2º de Bacharelato. Promoción 21-23

Tras dous anos de tensión, esforzo e superación por fin o alumnado puido celebrar o fin dunha etapa trascendental para a súa formación.

O acto tivo lugar nos xardíns do Castelo de Soutomaior, un lugar ideal onde alumnado e familiares puideron presenciar a un momento moi emotivo e trancendental dos seus seres queridos.

Dende o centro queremos agradecer a axuda e protagonismo do alumnado e familias á hora de organizar o evento. As súas recomendacións foron esenciais para que todo transcurrira satisfactoriamente gardando na nosa retina un recordo marabilloso. Agora toca disfrutar das vacacións e mentalizarse e organizarse de cara o vindeiro curso no que haberá moitos cambios.

Dende o IES de Soutoior desexámosvos o mellor.

 

As fotos do evento as podedes consultar na galería.

 

Benvidos e benvidas ao IES de Soutomaior!!

Hoxe, dentro das actividades de transición de etapa, recibimos a visita do alumnado de 6º do CEIP de Ponte Sampaio, futuros alumnos e alumnas de 1º da ESO.

Como unha primeira toma de contacto de cara o curso que ven, fixeron un percorrido polas instalacións do noso centro guiados por alumnos e alumnas de 2 e 3º da ESO os cales lles contaron as características de cada zona. Tamén tiveron oportunidade de coñecer a parte do profesorado e persoal non docente, que lles deron a benvida e lles explicaron o funcionamento das aulas específicas.

Esta actividade terá unha segunda parte cunha charla informativa sobre as características da ESO, os cambios na nova etapa, as normas de convivencia e funcionamento e os programas e actividades nas que participa o noso centro.

Esperámovos en septembro!!!

Torneo de Xadrez no IES de Soutomaior

O Departamento de Lingua Castelá do IES de Soutomaior da man do profesor Eduardo Cid, organiza para a semana do 24 a 28 de abril un torneo de xadrez.

Animamos aos amantes deste deporte a inscribirse e participar. As partidas terán lugar nos recreos e a organización dependerá do número de inscritos.

 

Verbas para Comunicar

A OMIX do Concello de Soutomaior convoca o XV Concurso "Verbas para Comunicar" no que, por suposto, animamos ao alumnado do IES de Soutomaior a participar.

As bases serán entregadas ao alumnado pero tamén están en liña na seguinte ligazón e no código QR do póster:

Bases e descripción do concurso

 

 

Novidades no IES de Soutomaior

No IES de Soutomaior estanse urdindo cousas novas...
Necesitamos da colaboración de todo o alumnado para poder levar a cabo un novo proxecto que, de seguro, será útil para toda a comunidade educativa. Por este motivo, poñemos en marcha dous concursos:

- "Buscamos un nome para a radio do instituto"                                             Enlace cartel 1
- "Concurso da sintonía para a nosa radio"                                                     Enlace cartel 2

Bótalle un ollo ao cartel e ás bases de cada concurso e anímate a participar. Podes facelo ata o venres 14 de abril.

Permanece atento/a porque pronto haberá máis novidades!

 

Sonia Baqueiro gaña o 3º premio no II Concurso de Poesía Xaquina Trillo

Non podemos avanzar sen facer mención ao resultado do II concurso de Poesía Xaquina Trillo organizado polo colectivo A Mesa das Verbas no mes de febreiro. Nel, Sonia Baqueiro, alumna de 2º de Bacharelato, vén de recibir o 3º premio co poema “Nova Flor”.

Noraboa, Sonia!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut