Skip to Content

Xornadas Xuvenís de Divulgaciencia

A OMIX do concello de Soutomaior ofreceu ao alumnado de 4º da ESO do noso centro varias actividades celebradas no multiusos de arcade o xoves 9 de febreiro.

A charla divulgativa de David Ballesteros nos puxo ao día en temas coma intelixencia artificial, Big Data e, en conxunto, do papel da ciencia na sociedade actual. Para finalizar puidemos examinar os contidos aprendidos cunhas interesantes actividades nos obradoiros posteriores.

Máis imaxes na galería.

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023

Xa saiu a convocatoria para solicitalas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023.

Está dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato. Poden consultar toda a información e se inscribir na seguinte ligazón:

Premer aquí

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

O alumnado de Latín e Grego de 1º bacharelato elaborou na biblioteca distintos carteis sobre o "Día Escolar da Paz e a Non Violencia", que se conmemorou o 30 de xaneiro.
Esta acción serviu para reflexionar no concepto de "paz" nas linguas clásicas e tamén, en xeral, para denunciarmos todas as guerras e as dinámicas belicistas e imperialistas. Este concepto, o de "imperium", tamén foi obxecto da nosa reflexión.

¿Cal é a orixe do símbolo da paz?

Para ver as imaxes da actividade pulsar na seguinte ligazón

ENCONTRO DO CLUB DE LECTURA “SOUTOMAIORES” CO ESCRITOR XESÚS CONSTELA

O martes 20 de decembro tivemos o Club de Lectura de adultas/os “Soutomaiores” un pracenteiro encontro co escritor Xesús Constela co pretexto do seu libro As humanas proporcións, que conta cos Premios Torrente Ballester de narrativa e da Asociación da Crítica.

A grata conversa permitiunos afondar máis no escritor e na súa xa ampla obra. Abordáronse claves da súa obra: o feito literario en si, a elaboración e comentarios sobre os doce relatos do libro lido, os temas presentes (as etapas da vida, o amor, as viaxes, as lembranzas, a liberdade...), a configuracións dos personaxes, as anécdotas e detalles da propia realidade e experiencia como fonte ou motivo para a materia literaria, a tarefa de escribir en galego, a necesidade de avanzar coa normalización lingüística...

Este encontro tan produtivo e ameno serve tamén de óptimo aliciente para lermos as outras obras de Xesús Constela, como O libro das alquimias, Shakespeare destilado, Lisa deitada, O peso do cerebro, etc.

 

 

II Feira da Ciencia de soutomaior

Tralo éxito do ano pasado, o Concello de Soutomaior xa ten organizada a vindeira feira da ciencia para o 4 de maio. Nesta participarán de novo o alumnado do IES de soutomaior e do Colexio Santiago Apóstol.

O prazo de presentación de solicitudes será do 3 o 21 de abril de 2023.

Toda a información. Premios, detalles da solicitude, admisión e exposición está detallada nas bases da convocatoria adxuntas nesta entrada. Esperamos a vosa participación.

Visita de Bacharelato á Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía

 

                   

O pasado 18 de xaneiro, os alumnos de Tecnoloxía e Enxeñaría de 1º BAC e Tecnoloxía Industrial de 2ºBAC realizaron unha visita á Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo.

A actividade comezou cunha charla sobre os graos impartidos na Escola e as posibles saídas profesionais, para posteriormente pasar a realizar tres módulos da Aula Aberta á TecnoCiencia, nos que os alumnos desenvolveron actividades manipulativas sobre intelixencia artificial, materiais intelixentes e mecánica de materiais.

Máis fotos na galería

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

 

AS BASES DO CONCURSO PODES ATOPALAS NO FICHEIRO ADXUNTO.

ANÍMATE A PARTICIPAR!

Aquí están as gañadoras e os gañadores do concurso. Noraboa!

1º - 2º ESO

3º - 4º ESO

1º - 2º BAC

PROFESORADO E FAMILIAS 

PROFESORADO E FAMILIAS ÁCCESIT

 

 

 

Partido Alumnas vs Profesoras

O último día do primeiro trimestre, o comando de igualdade, con Vanesa Peón a Cabeza, organizou un partido de fútbol no que un grupo de alumnas de primeiro de bacharelato enfrentouse á selección de profesoras do IES de Soutomaior.

Pese a que o día do partido o tempo foi moi malo, os dous equipos o deron todo baixo a chuvia e foron animados polo resto do centro, creando un ambiente festivo ideal para recibir o Nadal cun bo sorriso.

Finalmente o resultado foi de victoria para as alumnas por 2-1, pero a sensación foi de euforia polo divertido do evento e polas gañas deixadas no terreo de xogo.

 

       

 

Para ver máis imaxes premer a seguinte ligazón: galería de fotos.

Día da Internet Segura

O 7 de febreiro de 2023 celébrase en todo o mundo o Día de Internet Segura, baixo o lema desta edición "Xuntos por unha Internet mellor”.

O Día da Internet Segura é un evento internacional organizado pola rede INSAFE/INHOPE de Centros de Seguridade en Internet en Europa, co apoio da Comisión Europea que se leva a cabo cada mes de febreiro para promover o uso seguro e positivo da tecnoloxía, especialmente entre a infancia e a mocidade.

Dende o IES de Soutomaior, conscientes da ameaza que supón un uso inadecuado da tecnoloxía, queremos contribuír á difusión destas iniciativas de organismos oficiais para mellorar o uso da tecnoloxía entre a nosa comunidade.

Este ano o INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade) quere promover un servicio “A túa axuda en ciberseguridade” dirixido a todos os cidadáns, empresas, menores e familias que empregan internet e as novas tecnoloxías. O servizo está atendido por un equipo multidisciplinar de expertos, que ofrecen asesoramento técnico, psicosocial e xurídico, de 8 da mañá a 11 da noite, os 365 días do ano.

 

Temos a nosa dispodición o número de teléfono gratuito 017 no que poderemos consultar problemas como ciberacoso, uso excesivo das pantallas (móbil, videoxogos, etc.) e comunidades ou páxinas perigosas.

Para máis información, podemos consultar a seguinte canle de youtube: Eritia privacidadNela podemos ver vídeos subidos e explicados por un axente do corpo da garda civil onde nos dan consello acerca de problemas como ciberestafas ou violencia de xénero dixital.

Navegando polo Universo

O pasado 21 de decembro o alumnado de 1º da ESO tivo a oportunidade de saír ao espazo exterior a través dunha actividade organizada polo departamento de Matemáticas.

 

A actividade Navegando polo Universo, da man de Íñigo de la Cuadra Salcedo. Íñigo atópase á fronte do proxecto educativo e de intercambio cultural Ruta Quetzal, proxecto iniciado polo seu pai no ano 1979, que busca mesturar a educación en valores, a cultura e a aventura.

 

Grazas a Íñigo poidemos dispoñer dun planetario móbil, e fixemos un breve percorrido pola historia da Astronomía viaxando desde o planeta Terra ata as estrelas, para coñecer de primeira man o funcionamento do Universo. Foi unha actividade moi dinámica que achegou a Astronomía dun xeito interactivo, sobre todo polo carácter visual do planetario.

 

Agradecer a Íñigo a súa labor de divulgación, así como os coñecementos que, de maneira moi amena, trasladou ao alumnado de 1º da ESO.

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut