Skip to Content

Felices festas

O IES de Soutomaior quere desexar a todas as familias un bo Nadal e un feliz 2023 que recibiremos con gañas, alegría e optimismo.

O alumnado do centro decorou estes días o centro para a ocasión rematando así este 2022 cheos de ledicia.

Xa temos gañadora do sorteo da cesta de Nadal

A familia agraciada co boleto gañador veu a recoller a cesta ao centro a tarde do martes 20 de decembro.

Queremos agradecer a todos os participantes a axuda para a financiación da viaxe de fin de curso do noso alumnado.

Taller de escritura creativa 2ºESO

O alumnado de 2ºESO realizou unha actividade de escritura creativa na metade do 1º trimestre para a materia de Lingua galega e literatura. A proposta consistía en crear instrucións literarias para as rutinas da vida que escollesen: atar os zapatos, lavar a cara... O modelo do que partían era: «Instrucións para subir unha escaleira» de Julio Cortázar.

Despois, a titoría de 2ºESO A engadiu ilustracións relacionadas cos textos e, co título de Instrucións para espertar a imaxinación, presentou o traballo para todo o centro nun mural que se encontra no vestíbulo do IES de Soutomaior. Ademais, propuxeron un pequeno concurso para o alumnado de 1ºESO: Instrucións para perderlle o medo a... O texto gañador foi dun grupo de 1ºA: Instrucións para perderlle o medo... ás arañas.

Galería de fotos

Semana de primeiros auxilios no IES de Soutomaior

 

Especialistas en atención sanitaria extrahospitalaria acudiron o IES de Soutomaior para formar ao alumnado de ESO e Bacharelato do luns 28 de novembro ao xoves 1 de decembro.

 

É moi importante ter en conta que cada minuto que pasa nunha parada cardiorrespiratoria, disminúe un10% a supervivencia. En Europa producense unhas 700.000 PCR ao ano (unha cada 45 segundos) e en España 25.000. De todas elas, só nun 12% a población responde iniciando maniobras de reanimación cardiopulponar (RCP). Así o demostra un estudio publicado pola “Revista Española de Cardiología”, que advirte da necesidade de reforzar a nosa formación en primeiros auxilios para atender este e outros numerosos problemas. De iste xeito poderiamos reducir as consecuencias desta e outras doenzas, as cales precisan de atención precoz para mellorar pronósticos ás veces letales.

 

Isto motivou a especialistas de atención sanitaria extrahospitalaria do Proxecto EuroCardio a ofrecerse ao IES de Soutomaior para realizar unha extensa formación durante toda esta semana. Centráronse en concienciar ao alumnado da importancia dunha actuación sinxela pero precisa no caso de encontrarse con persoas que sufren os seguintes accidentes: PCR, hemorraxias, queimaduras e atragantamentos.

 

Durante as dúas primeiras xornadas, o alumnado de primeiro de bacharelato recibiu unha formación teórica para ter a información de como comportarse ante unha emerxencia e outra parte práctica para ensaiar protocolos coma a RCP e a maniobra de Heimlich. Nas dúas seguintes xornadas, os especialistas sanitarios, coa axuda do alumnado de bacharelato, continuou a formación co alumnado da ESO.

 

Galería de fotos

 

 

Sorteo da cesta de Nadal

Xa temos gañador da cesta do Nadal 2022/23. Hoxe, no recreo, o alumnado de 4º da ESO estivo a preparar o sorteo e os alumnos Noé Parada Fariña e África González Otero foron as mans inocentes que sacaron o seguinte boleto:

                

 

O gañador pode chamar ao instituto ou poñerse en contacto co vicedirector. Para recoller o agasallo debe traer o boleto gañador ata o xoves 22 (incluido). No caso de non poñerse ninguén en contacto temos dous boletos suplentes cos seus respectivos números de teléfono. Esperamos atopar pronto á familia agraciada.

Moitas grazas por todo.

 

O IES de Soutomaior desexa a todos os participantes moita sorte.

Voltaron as Regueifas

Non podemos esquecernos do Obradoiro de Regueifas ao que se anotaron alumnos e alumnas voluntarios de 2º ESO A, 2º ESO B e 2º ESO C.

O profesor convidado foi Luis "O Caruncho", gaiteiro, zanfonista, cantante e incluso aprendiz de actor. Sen dúbida todas estas dotes artísticas fan del un dos máis requeridos traballadores da música en Galiza. Leva anos dinamizando esta rica tradición oral nos medios, en escolas específicas e nos certames que se celebran a todos os niveis.

Este obradoiro organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, grazas a un programa da Asociación Oral de Galicia de Valadares e a Deputación, tivo dúas partes. Na primeira (19 outubro)  participou todo o alumnado voluntario e na segunda (9 de novembro) xa participou únicamente alumnado seleccionado polo seu bo traballo na primera sesión.

                               

Galería de fotos

Na segunda parte deste vídeo, o noso protagonista actúa en Villanueva de Tapia, municipio de Málaga xunto con arcadio Camano onde estableceron un duelo poético marabilloso, cada un na súa lingua e tonada diferente.

 

 

EXPOSICIÓN DE LIBROS E CARTEIS DE CINE NA BIBLIOTECA

Temos na Biblioteca ata o venres día 2 unha exposición sobre libros e carteis de cine en relación co 25 N, Día Internacional contra a violencia de xénero, elaborada polo equipo da biblioteca en colaboración co alumnado de 3º ESO E. Convidamos a visitala.

O alumnado de Soutomaior toma conciencia no 25 N

 

O alumnado de Debuxo Artístico de 2º de Bacharelato e Educación Plástica de 4º da ESO instalou na entrada principal un conxunto artístico tomando como referencia a obra “Behind the walls” do escultor Jaume Plensa. Para a realización da escultura, os propios alumnos e alumnas serviron de molde e utilizaron plástico transparente para darlle un aspecto “invisible” manifestando esta condición das vítimas.

 

 

Por outra banda, o alumnado e profesorado do Comando de Igualdade, editaron un fermoso vídeo no que expresan os seus desexos para o vindeiro 2023 e que proxectará nas diferentes aulas esta semana. Con este, preténdese prender un debate no que se reflexionará sobre os motivos estruturais que incitan á violencia machista. Finalmente cada clase redactará o seu propio desexo de cara o aninovo, colgándose todos nunha árbore situada no recibidor do centro e que se plantará na contorna do centro para que poidan crecer fortes.

 

 Galería de fotos

 

 

Recollida de Alimentos no IES de Soutomaior

Con motivo da Gran Recollida organizada polo Banco de Alimentos de Vigo e Pontevedra os próximas días 25 e 26 de novembro, o alumnado de 3º da ESO do IES de Soutomaior está realizando unha campaña de recollida de alimentos.

Desde este martes día 15, e ata o venres 25 de novembro, poderedes colaborar nesta iniciativa achegando algún alimento de tipo non perecedeiro (aceite, conservas, productos envasados como pasta, legumes, arroz,…) Os produtos serán depositados nas caixas situadas na entrada do centro, entre as dúas portas de acceso principal.

O alumnado de 3º da ESO quere animar a toda a Comunidade Educativa a participar na iniciativa, e estará á vosa disposición durante os recreos para recoller os alimentos e resolver calquera dúbida. Calquera colaboración será benvida e, sen dúbida, de moita axuda nesta campaña.

ARRANCA A FORMACIÓN DOS MEDIADORES E MEDIADORAS DO IES DE SOUTOMAIOR !!!!!

Este curso queremos formar a un equipo de mediadores e mediadoras co fin de mellorar a convivencia  e así axudar á prevención dos conflitos introducindo no centro as técnicas de mediación e resolución pacífica destes.

Para elo queremos formar a un grupo de 16  alumnas e alumnos capaces de escoitar e axudar  a outras persoas, un grupo formado  en técnicas de mediación e resolución de conflitos.

Hoxe foi a primeira sesión de formación, na que participaron alumnado e profesorado do centro, coordinados por Hafdallah Menni.

 Hoxe tocou coñecernos e sentirnos parte dun equipo.

 Galería de fotos

  A formación continuará  ao longo de 5 sesións máis que terá lugar nas seguintes datas:

2ª sesión, martes 22 de novembro

3ª sesión, martes 29 de novembro

4ª sesión, martes 13 de decembro

5ª sesión, martes 20 de decembro

6ª e última sesión, martes 10 de xaneiro.

Distribuir contido


by Dr. Radut