Orientación

Boletín Familiar: A prevención na casa a mellor axuda

No documento adxunto, ou facendo click na imaxe, podedes descargar o Boletín de información para pais/nais/titores legais do mes de Xuño de 2016 elaborado pola Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos e o Equipo de Prevención:

Se tedes interés en consultar algún boletín anterior podedes descargar os mesmos a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, apartado folletos informativos) ou solicitalo na UAD, persoalmente ou a través do Telf. 982 400 495.

Boletín Familiar: A prevención na casa a mellor axuda

No documento adxunto, ou facendo click na imaxe, podedes descargar o Boletín de información para pais/nais/titores legais do mes de Marzo de 2016 elaborado pola Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos e o Equipo de Prevención:

Se tedes interés en consultar algún boletín anterior podedes descargar os mesmos a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, apartado folletos informativos) ou solicitalo na UAD, persoalmente ou a través do Telf. 982 400 495.

Boletín para as familias: Diversión no tempo de lecer

No documento adxunto, ou facendo click na imaxe, podedes descargar o Boletín de información para pais/nais/titores legais do mes de Decembro de 2015 elaborado pola Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos e o Equipo de Prevención, que trata o tema da diversión no tempo de lecer.

Formación de alumnos/as "mediadores escolares"

Bibiana Camaño, foi a encargada de formar a un grupo de 2º de ESO do noso alumnado como mediadores escolares. Queda unha última sesión para que os alumnos e alumnas certificados como mediadores, repasen estratexias antes de comezar o vindeiro curso. O curso 2015/2016 poremos en marcha todas as estratexias aprendidas e comezaremos a empregar a mediación escolar como vía para resolver os conflitos diarios que xorden na convivencia.

As persoas participantes na mediación escolar, tanto os/as mediadores/as como as partes en conflito, poñen en marcha unha serie de estratexias de comunicación (escoita activa, interese real por axudar ás outras persoas…) e competencias socioemocionais (xestión emocional, empatía, etc.) que lles axudan a solucionar o conflito de xeito pacífico e dialogado, tendo en conta sempre as necesidades e intereses das persoas que acoden á mediación. Ao pasar por este proceso, todas as persoas implicadas no mesmo aprenden a solucionar os problemas por si mesmas, o que contribúe á capacitación do alumnado na resolución dos conflitos e como consecuencia, á mellora do clima escolar.

BOLETÍN FAMILIAR: Acoso Escolar II

O Servizo de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR . O Boletín Familiar é unha iniciativa do equipo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias (Equipo de Prevención) , adscrita á concellería de Sanidade.

Nesta ocasión leva por título: “ACOSO ESCOLAR II” Como indicaban no boletín anterior, o obxectivo deste boletín é que os pais, nais e titores coñezan os síntomas ós que deben poñer atención para detectar este tipo de problemas. Se tedes interés en consultar o boletín completo podedes descargar o mesmo facendo click na imaxe anterior ou a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, apartado folletos informativos) ou solicitalo na UAD, persoalmente ou a través do Telf. 982 400 495.

Se vos interesa ter máis información sobre este tema e outros moi diversos ademáis de poñerse en contacto coa UAD, podedes escoitar as súas recomendacións os luns, cada 15 días, en Radio Principal Monforte. Emitiranse na franxa horaria de 13h a 14h.

Para mais información: Unidade Asistencial de Drogodependencias, Otero Pedrayo s/n MONFORTE DE LEMOS (LUGO) Tlf. 982 40 04 95 e - mail: uad@concellodemonforte.com

Acoso Escolar, Bulllying e Intimidación

No documento adxunto, ou facendo click na imaxe, podedes descargar o Boletín de información para pais/nais/titores legais do mes de Abril de 2015 elaborado pola Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos e o Equipo de Prevención, que trata o tema do acoso escolar.

Programa de acompañamento escolar

O IES Río Cabe participa no Programa de acompañamento escolar, impartido pola profesora Paula Carreiro Prieto. Se queres saber algo máis sobre éste programa, podes consultar o seguinte enlace da Xunta: PROA.


Distribuir contido