Curso 2010/11
Material didáctico de Física e Química. Bacharelato de adultos
Dende o enlace do departamento de Física e Química pódense descargar as diferentes unidades didácticas (material de clases, boletíns de problemas, laboratorio, ...) referentes ás asignaturas de Física e Química de 1º BAC e Química de 2º BAC. Tódolos arquivos están comprimidos en formato RAR. Non necesitan clave para descomprimilos.
Material didáctico de Filosofía. 2º de Bacharelato de adultos
PRESENTACIÓN DE BACHARELATO E CICLOS OS DÍAS 20,22 E 23
A presentación do curso escolar para o resto dos cursos será a seguinte:
- 20 de Setembro: Presentación de Bacharelato Diurno.
12:00. Presentación do Director aos alumnos de 1º e 2º de Bacharelato, no Salón de Actos do instituto.
12:15. Presentación dos titores de cada grupo de Bacharelato nas aulas correspondentes
- 22 de Setembro: Presentación de Bacharelato de Adultos, Educación secundaria de adultos (ESA), Ciclo de Futbol Nivel I e II e Ciclo de Turismo. O acto celebrarase no salón de actos do instituto ás 18:00 horas.
- 23 de Setembro:
11:00. Presentación do Ciclo Superior de Actividades Físicas e Deportivas.
12:00. Presentación do PCPI.
PRESENTACIÓN ESO 17/09/2010
1º ESO: ás 8:45 horas
Lugar: salón de actos.
O Director recibirá aos alumnos/as que se incorporan éste ano ao noso centro en 1º da ESO e ás súas familias no Salón de actos do centro.
Despois, subirán os alumnos/as á aula que lles corresponda, acompañados polo seu titor/a.
Para rematar, pasarán pola cafetería onde serán convidados a almorzar.
O transporte recollerá aos alumnos ás 10:30 horas.
2º/3º/4º ESO: ás 9:30 horas
Lugar: Aula correspondente.
Os titores recibirán aos alumnos/as na aula que lles coprresponda.
Despois, irán ao Salón de actos para recibir a benvida do Director.
Para rematar, pasarán pola cafetería onde serán convidados a almorzar.
O transporte recollerá aos alumnos ás 10:30 horas.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4