Curso 2010/11

Menú do Comedor IES Río Cabe. Abril 2011

Premendo no seguinte enlace, podes descargar o menú do comedor escolar do IES Río Cabe para o mes de abril de 2011.
   

Conferencia sobre Australia e Nova Zelanda

O día 16 de Marzo de 2011 tivo lugar no salón de actos do instituto unha charla informativa a cargo de Robin Walker (editorial Osford). A charla versou sobre diversos aspectos da vida, costumes e sociedade de Australia e Nova Zelanda.

Ésta charla informativa foi dirixida ao alumnado do segundo ciclo da ESO (3º e 4º) dentro do marco de actividades escolares que realiza o departamento de inglés.

Picando na foto podes acceder a unha pequena mostra fotográfica do acto académico.

 

 


Horarios, impresos e formularios

Dende as sección de Xefatura de estudos e Secretaria, están actualizados os horarios de clases, titorías, avaliacións e as preincripcións para o curso académico 2011/12.


Tecnocabe

Dende o enlace que aparece na imaxe, podedes acceder á páxina web persoal da profesora de tecnoloxía do instituto, Covadonga.

 


Premio 2010 a Materiais Educativos: Bibliocabe

O día 17 de febreiro de 2011, ás 12:30 horas, dende o salón do Ateneo de Madrid, celebrouse a ceremonia de entrega dos premios ITE a "Materiales Educativos 2010".

Con motivo da concesión do 1º premio ao blog educativo "Bibliocabe" realizado polas profesoras do centro, Beatriz Gonzáles e Mª Luz Paramio. Ao acto asistiron, Suso Verao, en representación do centro, Beatriz González e Mª Luz Paramio.

D. Mario Bedera, Secretario de Estado de Educación e Formación Profesional e D. Miguel Soler, Director Xeral de Formación Profesional, que presidiron o acto, ootorgaron os galardóns correspondentes aos autores e aos centros que foron premiados.

Picando na imaxe, podes acceder ao video que o ministerio de educación ten colgado na súa web. O acto no que saen os nosos galardonados comenza a partires do minuto 24.

 

 


Excursión á Casa das Ciencias, Domus e Casa dos Peixes 2011

O día 31 de xaneiro de 2011, alumnos de 1º ESO do centro realizaron unha excursión á cidade da Coruña para visitar tres museos: a Casa das Ciencias e Planetario, a Casa dos Peixes e o Domus. Foron acompañados polas profesoras Marina Vidueira, Mª Luz Paramio e Consuelo.

Se queredes ver unha pequena mostra de fotos da excursión, picade na imaxe.

 

 


Menú do Comedor IES Río Cabe. Marzo 2011

Premendo no seguinte enlace, podes descargar o menú do comedor escolar do IES Río Cabe para o mes de marzo de 2011.
   



Premio 2010 a Materiais Educativos: Bibliocabe

O blog Bibliocabe, dirixido e coordinado polas profesoras Mª Luz Paramio e Beatriz Gonzalez, acaba de recibir o premio, compartido con outro instituto(CEIP Juan de la Cierva) na "Convocatoria 2010 de premios a materiales educativos".
     

 

Menú do Comedor IES Río Cabe. Decembro 2010

Dende o seguinte enlace, pódese descargar o menú do comedor do instituto para o més de decembro. O documento está en formato PDF.

Menú comedor decembro 2010


Premio á innovación educativa

A Consellería de Educación fixo público a resolución provisional dos premios á innovación educativa para profesorado de centros educativos de ensino non universitario.

Entre os agraciados está o proxecto do blog "Tictiza" coordinado pola profesora de Língua Castelán e Literatura do centro, Mª Luz Paramio Gutiérrez.

 

 

 


Distribuir contido