Skip to Content

Industrias Extractivas

RESUMO CURSO 2023-24

Na FP Dual de Técnico de Pedra Natural realizáronse durante o curso 23/24 as seguintes actividades:

CROACIA

O alumnado, xunto co profesorado do CM de Pedra Natural desfrutaron en novembro dun programa de Movilidade de FP dual en Croacia, máis concretamente na Illa de Brac, por atoparse alí a escola de canteiros Klesarska Skola, fundada no 1909, un referente do traballo artesanal da pedra.

Alí xunto cos seus aprendices e mestres compartimos a aprendizaxe do tallado da pedra caliza que colma a maior parte dos edificios patrimoniais do país croata.

Un pracer experimentar como valoran a súa identidade, e como tratan de mantela no tempo ao seguir formando as xeracións, transmitindo os coñecementos que ao longo de décadas foron adquiridos, mantendo este oficio e a figura do artesán, do canteiro, do traballo manual da pedra, dando así continuación ao legado tradicional para que non se perda.

Ademais visitamos a canteira que suministra esta pedra, explotada pola empresa Jadrankamen. Onde nos contaron como antes coidaban a pedra de factores coma o clima, o xeo, para que non se estropease, pois falábase de “recoller” a pedra, como se dunha froita se tratase, non de “extraela” como se di agora, é dicir, o aroveitamento dos recursos pero con respeto ao medio natural.

Nesta viaxe tamén houbo tempo para desfrutar do patrimonio monumental, cultural e natural que ofrece este recuncho do mundo a través de lugares como: Pucisca, Parque Nacional de Krka, Split e Dubrovnik

 

CATEDRAL de SANTIAGO

Se hai un elemento importante no patrimonio Galego, esas son as cubertas pétreas da Catedral de Santiago. Pons Sorolla, encargado da súa restauración, alá pola década dos 60 decidiu devolverlle a catedral a súa cuberta primitiva e orixinaria. 60 anos despois o deterioro faise importante polo que o plan de restauración da catedral iniciado coa fachada do obradoiro continúa coa montaxe dunha nova cuberta que evitará as filtracións de auga ao interior. Esta nova obra que se trata dunha especie de fachada ventilada inclinada é o que visitamos cos alumnos de pedra.

 

MONASTERIO de SOBRADO DOS MONXES

Tivemos a oportunidade, tamén, de visitar o Mosteriro de Santa María de Sobrado dos Monxes, que nestes momentos se atopa en restauración, para poder ver de primera man o que son as obras desta embergadura.

Grazas a Francisco (arquitecto técnico encargado da supervisión da obra) e a Carlota (restauradora) recorremos esta construción cun alto valor patrimonial e vimos os traballos de restauración de paramentos que se levan a cabo na parte do claustro.

 

Execución BANCADA de pedra

Dentro da formación xurdiu a oportunidade de contar cun canteiro, que ademais de levar a cabo traballos en construcións tradicionais, formou parte da rehabilitación da catedral de Santiago. Primeiro, nunha clase teórica, aprendemos sobre esta profesión tan artesanal para rematar cunha clase práctica na que realizamos unha bancada de mampostería no centro.

 

Formación en FACHADA VENTILADA

A empresa Fachadas del Norte, dounos unha visión dos diferentes sistemas e solucións das fachadas ventiladas existentes así como o seu funcionamento, e a través dunha clase práctica montamos unha pequena mostra deste elemento

 

Formación en MORTEIROS de RESTAURACIÓN

Kerakoll é unha empresa de morteiros italiana cunha gran base e historia en procesos de rehabilitación tanto patrimonial como construción en hormigón. Bladimiro Seone, o seu comercial en Galicia, foi o encargado de transmitirnos os beneficios do morteiro de cal en obras de restauración.

 

Formación en programas de deseño e ferramenta cnc

Dentro da formación houbo tempo para poñernos o día cas novas ferramentas tecnolóxicas como son os programas de deseño 3D: Inventor, Revit…

Con eles deseñamos pezas que logo podemos introducir na impresora 3D.

Realizamos unha pequena masterclass de nube de puntos a través dunha aplicación no propio móbil e tamén cun dron, co que fixemos a fotogrametría da igrexa de Santo Estevo de Budiño, para logo reaizar a nube de puntos que nos permitirá traballar con ela para posteriormente realizar planimetría.

 

Formación en rehabilitación de canteiras

Outra das formación, da man de Javier da enxeñería ESMIN, foi sobre as boas prácticas en medio ambiente e mineria, sobre cómo rehabilitar as canteiras unha vez finaliza o seu uso e devolverlle a natureza ao seu lugar.

 

Visitas a empresas

Este ano dentro do programa de visitas as empresas que forman parte do convenio da FP Dual tamén coñecemeos a empresa Pau de Pedra, ubicada en Lugo, con presencia en obras de renome como a Catedral de Santiago e a Sagrada Familia en Barcelona.

 

Experiencia alumnado en prácticas:

 

Julio Martínez

Nas prácticas como técnico de pedra natural traballamos principalmente con maquinara como CMM, máquinas de control numérico, cortadora, pulidora, flameadora, ponte grúa, elevadora, etc…

No meu caso, como alumno en prácticas, non teño posto fixo xa que cada semana cambio de máquina o que me permite adquirir coñecementos en varios postos. O que destaco das miñas prácticas é que a pesar de ser un aprendiz cando realizo varios traballos correctamente deixanme o meu espazo e incluso somos capaces de realizar os traballos que nos piden de maneira correcta e óptima.

 

Luis Alberto Rodríguez

Nas miñas prácticas de formación sobre pedra natural brindáronme a posibilidade de aprender sobre novas tecnoloxías en maquinarias, desenrolar destrezas no manexo de ferramentas usadas de forma común en fábrica e poder ampliar os coñecementos previamente adquiridos na aula.

 

Jean Michael Millán

No período de prácticas nas empresas, confirmo a excelente decisión de iniciar a FP de Pedra Natural, logrei coñecer dous dos procesos fundamentais na industria, que son a extracción e a fabricación, en ambas fun moi ben recibido e co plan de aprendizaxe establecido, para así executar os coñecementos adquirimos na teoría. No persoal é unha industria en crecemento e con procesos de modernización en curso.

 

Milagros del Valle Zaragoza

A experiencia de ser a única muller na primiera promoción da FP Dual de Pedra Natural é moi gratificante, as prácticas déronme moitas oportunidades e coñecementos sobre a industria extractiva, así como dos diferentes procesos e acabados superficiais da pedra (fameado, granallado, pulido e corte entre outros), e coñecer a tecnoloxía utilizada nos diferentes procesos.

INDUSTRIAS EXTRACTIVAS

No marco do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais a familia profesional de Industrias Extractivas abarca un amplo conxunto de actividades produtivas, agrupadas para o seu estudo en dúas áreas:

  • Minería

  • Pedra Natural

A área profesional da Minería abarca actividades como a extracción selectiva de rochas e minerais existentes na cortiza terrestre. Neste sentido inclúe, ademais das operacións subterráneas ou a ceo aberto que requiran a aplicación da técnica mineira ou o uso de explosivos, as necesarias para o tratamento de sustancias extraídas, tales como a súa trituración, clasificación por tamaños, lavado, concentración, etc.

Na área profesional de Pedra Natural abarca actividades como a extracción de pedra ornamental para a construción como granito, mármore, pedra caliza, pizarra, entre outras.

España é un dos países máis importantes a nivel mundial dentro do sector da Pedra Natural. O sector mineiro español evolucionou notablemente nos últimos anos. Mentres diminuía a actividade da minería metálica e enerxética, foi crecendo a produción de minerais industriais, rochas ornamentais e materiais para a construción.

Ditos recursos mineiros teñen os seguintes usos industriais: os áridos e as rochas ornamentais úsanse na construción; os minerais industriais para a fabricación de cerámica, ladrillos porcelanas; os minerais metálicos para obter aliaxes; o uranio e o carbón como sustancias enerxéticas; e finalmente augas minerais e termais, para o consumo humano e sanitario.

A Unión Europea é a principal zona produtora de mármore. Dentro dela destaca como líder indiscutible Italia, con España en segundo lugar.

España é o país más importante no mercado das pizarras, estando situado moi por encima de Francia que ocupa o segundo lugar e cuxa produción é nove veces inferior a española. Galicia é a primeira rexión produtora de pizarras do mundo.

España é un dos países máis importantes no mercado mundial de granito tanto en produto en bruto como elaborado. O noso país posúe importantes reservas deste material (calcúlase que existen máis de oitenta variedades), sendo as tonalidades rosas e grises as predominantes, mentres que os xacementos de coloracións fortes son escasos. Ademais, España conta con unha destacada industria elaboradora, que foi evolucionando durante os últimos anos, atopándose agora mesmo cerquiña xa de Italia, país que lidera o mercado mundial de elaborados.

Galicia é unha das zonas extractoras de granito máis importantes e un dos motores fundamentais da economía galega. A zona de O Porriño, onde se concentran o maior número de canteiras de granito en Galicia, depende deste material para o seu desenvolvemento económico e social. A industria do granito xorde en Galicia como unha extracción de bloques de pedra destinados a exportación e a un restrinxido mercado nacional. Pero, durante os años oitenta, vendo el florecente negocio da transformación, os empresarios galegos comezan a incorporar no seu proceso produtivo a transformación do granito, o que permite multiplicar por 10 o valor do material en bruto.

Desta forma fomentouse a creación dun emprego máis especializado tecnicamente na zona, ben para mellorar as técnicas de extracción do granito, ben para o tratamento posterior da pedra.

Nesta familia profesional ofértanse o seguinte ciclos en réxime adulto na modalidade dual:


 

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut