Inglés, Orientacións didácticas, Anuncios, Actividades, Información sobre o departamento
Charla educativa: "Sen respecto non hai xogo"
Enviado por Visitante o Ven, 07/04/2017 - 09:15Dende a Vicedirección animáronnos a asistir a unha charla educativa dentro da campaña "Sen respecto non hai xogo" no Auditorio Abanca, promovida pola Cadena Ser. O obxectivo destas sesións para nenos e nenas de entre 10 e 12 anos é a erradicación do racismo, da violencia e da discriminación no fútbol e no deporte en xeral. Alí, o noso alumnado de 1º ESO puido ver vídeos con esceas de varios partidos de fútbol nos que se amosaban comportamentos racistas, homófobos ou machistas. Tras a proxeccións, figuras do mundo do deporte coma Moncho Fernández, adestrador do Obradoiro, os responsables da canteira de clubes como a SD Compostela, Javi Bellido, Sergio Penas do Bertamiráns, Leandro, un xogador portorriqueño do Xuventú de Oroso infantil, a árbitra de baloncesto Selene Pérez e Luis de La Cruz, delegado de AS en Galicia debateron sobre esta problemática e achegaron as súas propostas para poder solucionala.
Intercambio co Instituto Johann Philipp Reis Schule de Weinheim (Alemaña)
Enviado por Visitante o Mér, 05/04/2017 - 11:49Visita a INDITEX (Arteixo)
Enviado por Visitante o Mér, 05/04/2017 - 10:34O Departamento de Inglés organizou unha visita á sede central do grupo INDITEX en Arteixo (A Coruña). Alí, o noso alumnado puido experimentar en primeira persoa a importancia das linguas estranxeiras no mercado laboral, posto que na devandita sede traballan persoas de moitas nacionalidades distintas.
Saint Patrick's Day 2017
Enviado por Visitante o Mar, 21/03/2017 - 14:02Entroido 2017
Enviado por Visitante o Lun, 27/02/2017 - 07:47Festival de Entroido presentado polos regueifeiros Pinto d'Herbón e Luís O Caruncho.
Historia da música pop (1T)
Actuación 3º ESO (Coreografía dirixida polo departamento de música)
Justin Bieber Ft. Will.I.Am: "That power"
|
Obradoiro entroido: Os Xenerais da Ulla
Enviado por Visitante o Dom, 26/02/2017 - 10:15Temos a sorte de contar cun dos Xenerais da Ulla no noso centro. Por iso, dende a vicedirección organizouse un obradoiro impartido polo "Xeneral" Bran Diéguez, alumno de 2º de Bacharelato, no que o alumnado de 1º de ESO recibiu información de primeira man sobre a historia e a organización deste entroido tan enxebre.
Pontepedriña goes to London 2017
O alumnado de 4º da ESO do Ies Pontepedriña foi a Londres coa viaxe organizada polo Departamento de Inglés.
Happy Saint Valentine's Day
Enviado por Visitante o Mar, 14/02/2017 - 14:03- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »