Charla educativa: "Sen respecto non hai xogo"

Dende a Vicedirección animáronnos a asistir a unha charla educativa dentro da campaña "Sen respecto non hai xogo" no Auditorio Abanca, promovida pola Cadena Ser. O obxectivo destas sesións para nenos e nenas de entre 10 e 12 anos é a erradicación do racismo, da violencia e da discriminación no fútbol e no deporte en xeral. Alí, o noso alumnado de 1º ESO puido ver vídeos con esceas de varios partidos de fútbol nos que se amosaban comportamentos racistas, homófobos ou machistas. Tras a proxeccións, figuras do mundo do deporte coma Moncho Fernández, adestrador do Obradoiro, os responsables da canteira de clubes como a SD Compostela, Javi Bellido, Sergio Penas do Bertamiráns, Leandro, un xogador portorriqueño do Xuventú de Oroso infantil, a árbitra de baloncesto Selene Pérez e Luis de La Cruz, delegado de AS en Galicia debateron sobre esta problemática e achegaron as súas propostas para poder solucionala.