Obradoiro entroido: Os Xenerais da Ulla

Temos a sorte de contar cun dos Xenerais da Ulla no noso centro. Por iso, dende a vicedirección organizouse un obradoiro impartido polo "Xeneral" Bran Diéguez, alumno de 2º de Bacharelato, no que o alumnado de 1º de ESO recibiu información de primeira man sobre a historia e a organización deste entroido tan enxebre.