Skip to Content

2017-2018

Carreira de Campo a Través

Todo o noso alumnado de 1º e 2º de ESO participou na carreira de Campo a Través do Programa Xogade celebrada en Cee o día 5 de Decembro, organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Acudiron ademais á cita preto de 900 rapaces e rapazas da maioría dos centros de Ensinanza Primaria e Secundaria de Terra de Soneira e Fisterra.

Se premedes neste enlace poderedes ver as fotos da xornada. Parabéns a todos e todas por participar, e por suposto aos/ás que lograron algunha medalla!

Grupo de encontro e debate

O pasado mércores 29 tivemos a segunda xornada do grupo de encontro e debate deste curso, para tratar o tema "A educación sexual en familia".

A sesión foi dirixida polas educadoras sociais da ONG Igaxes3 (Instituto galego de xestión para o terceiro sector), que centraron a charla na importancia de que exista unha comunicación fluída na familia para que os adolescentes se dirixiran aos seus pais ante calquera dúbida ou para pedir consello.
A xuntanza foi moi dinámica, con participación activa dos numerosos asistentes (máis de 30 persoas), e con propostas de traballo en casa de cara á sesión que terá lugar en xaneiro, continuación desta.

Cousas

  

O 28 de novembro os alumnos de 2º ESO asistiron a unha representación de Cousas de Castelao en Vimianzo.


Os Quinquilláns sorprendéronnos coa vida do Rifante; o lirismo co que trata a emigración ("O pai de Migueliño", "Panchito"); a burla aos namorados descubertos pola luz da armada inglesa e tantas outras historias...

Non hai trato co maltrato

Despois de desenvolver no centro durante o último mes diferentes obradoiros e actividades para reflexionar sobre a violencia machista, hoxe chegou o día da mobilización para facernos oír. A media mañá, desprazámonos todos ata Camariñas para realizarmos a nosa achega ó acto de conmemoración organizado polo concello: tras gardar un minuto de silencio polas corenta e catro mulleres asasinadas no que vai de ano, demos lectura, xunto cos centros de primaria, a un manifesto onde expresamos de xeito firme o noso rexeitamento á violencia contra as mulleres. Continuamos co recitado de dúas das desgarradoras composicións da nosa ex-compañeira, a poetisa Alba Canosa, e rematamos a xuntanza coa proxección de vídeos feitos polo alumnado animándonos a lle plantar cara ó maltrato.

Club de lectura de adultos

15/11/2017

Libro: "Media vida".

Autora: Care Santos.

Hora: 16:30 h.

Samaín 2017

   Este ano o alumnado do Pedra da Aguia preparou un Samaín de medo decorando a entrada do noso centro nos recreos. Durante a semana previa, estiveron traballando en cabazas talladas e pintadas ben orixinais, que serviron para crear ambientación. Tamén conseguiron facerse cun conxunto de lendas de feitos misteriosos e inexplicables, moitos deles narrados nas súas casas, e que foron colgados nas paredes.
Por último, na mañá do 31, asistiron a un pase de curtametraxes de medo na biblioteca, que tamén colaborou cunha escolma de libros e películas de acordo coa temática desta celebración. Xa para rematar e compensar algún que outro susto, repartíronse cabazas sorpresa cheas de lambonadas aos participantes.

Velaquí unhas imaxes das xornadas.

Distribuir contido


by Dr. Radut