Skip to Content

Non hai trato co maltrato

Despois de desenvolver no centro durante o último mes diferentes obradoiros e actividades para reflexionar sobre a violencia machista, hoxe chegou o día da mobilización para facernos oír. A media mañá, desprazámonos todos ata Camariñas para realizarmos a nosa achega ó acto de conmemoración organizado polo concello: tras gardar un minuto de silencio polas corenta e catro mulleres asasinadas no que vai de ano, demos lectura, xunto cos centros de primaria, a un manifesto onde expresamos de xeito firme o noso rexeitamento á violencia contra as mulleres. Continuamos co recitado de dúas das desgarradoras composicións da nosa ex-compañeira, a poetisa Alba Canosa, e rematamos a xuntanza coa proxección de vídeos feitos polo alumnado animándonos a lle plantar cara ó maltrato.



page | by Dr. Radut