Skip to Content

2017-2018

Imos ao teatro!

Como xa vén sendo habitual no noso instituto, un ano máis tocou gozar da representación dunha das obras de teatro máis significativas da Literatura española como é La vida es sueño de Calderón de la Barca, adaptación teatral a cargo da compañía Eina d´Escola. 

Así que hoxe boa parte do noso alumnado dos catro cursos da ESO convertéronse nuns magníficos espectadores que incluso, no debate posterior, se animaron a entrevistar aos catro actores da función para coñecer información sobre a preparación deste espectáculo e sobre a súa profesión.

Un pracer compartir estas experiencias xuntos!

Neve com'area

Alto grao de satisfacción amosaron os participantes de 2º da ESO na Semana Branca ao seu regreso de Jaca (Huesca). Foron quen de deslizar emocionantes sensacións polas ladeiras da estación invernal de Candanchú, onde fixeron a súa primeira toma de contacto coa actividade do esquí; cruzaron a liña da fronteira con Francia; iniciáronse tamén na patinaxe sobre xeo; atravesaron as murallas da fortaleza de Jaca para visitar a famosa “Ciudadela”; e mesmo se adentraron nas entrañas daquelas terras visitando a Cova natural das Güixas.
Parabéns ós participantes polo seu aproveitamento nesta aventura de aprendizaxes!!!

Teatro en inglés

O pasado 19 de xaneiro alumnos de 1º e 2º da ESO desprazáronse ata Santiago para ver a obra de teatro Sherlock Holmes.

O famoso detective inglés e o seu amigo, o doutor Watson, mostraron aos alumnos a súa intelixencia e habilidade para resolver casos difíciles.

Escola embaixadora

 O IESP Pedra da Aguia foi un dos catro centros escollidos pola Oficina de Información do Parlamento Europeo en España para participar no programa de Escolas Embaixadoras, que pretende fomentar o coñecemento activo da Unión Europea e do labor do seu Parlamento. A selección implica crear un punto de información no instituto que sirva para dar visibilidade na bisbarra ós proxectos que se abordan na UE.

Visita ó castelo de Vimianzo

   O pasado 19 de decembro o alumnado de Historia de 2º ESO visitou o castelo de Vimianzo para coñecer in situ un anaco da nosa Historia. A través desta construción medieval, o alumnado coñeceu como eran as relacións sociais, políticas e económicas naquela época. Tamén realizou un roteiro fotográfico por equipos para coñecer as distinas partes do castelo usando dispositivos móbiles.
 

Boas festas

Lara Canosa (2º A).

 

Con estas imaxes das postais gañadoras do concurso organizado polo departamento de galego, queremos desexarvos que pasedes unhas moi boas festas.

       

 Sabela Mouzo (1º B). Categoría Postal dixital.

Distribuir contido


by Dr. Radut