Skip to Content

Escola embaixadora

 O IESP Pedra da Aguia foi un dos catro centros escollidos pola Oficina de Información do Parlamento Europeo en España para participar no programa de Escolas Embaixadoras, que pretende fomentar o coñecemento activo da Unión Europea e do labor do seu Parlamento. A selección implica crear un punto de información no instituto que sirva para dar visibilidade na bisbarra ós proxectos que se abordan na UE.

Para desenvolver o programa, que poderá seguirse a través do Facebook e desta web, seleccionáronse 15 alumnos e alumnas de 3º de ESO quen, tras traballar no centro coordinados por Susana Álvarez e Jacobo Santos, visitarán en abril Estrasburgo e Bruxelas. Ler a nova na Voz de Galicia



page | by Dr. Radut