Skip to Content

2º BACHARELATO

ABAU 2024. NORABOA RAPACES E RAPAZAS

94,8% DE APROBADOS NAS ABAU 2024 e 10 DOS NOSOS ALUMNOS/AS ENTRE OS MELLORES EXPEDIENTES de GALICIA

Parabéns ao noso alumnado de 2º BAC polos magníficos resultados acadados nas probas ABAU 2024. Sodes excelentes!
Máis parabéns, aínda, para os 10 alumnos e alumnas do Otero Pedrayo recoñecidos/as polas 3 universidades galegas por estar entre os MELLORES EXPEDIENTES DE GALICIA. O vindeiro venres, 21 de xuño, asistirán ao acto de recoñecemento MEGABAU 2024, no Coliseum da cidade da Coruña. Todo un orgullo!
  • PAULA ANDRÉS DIÉGUEZ
  • TANIA BARREDA CID
  • SARA CALVO FERNÁNDEZ
  • XOEL CID MOJÓN
  • PABLO DOMÍNGUEZ ESTÉVEZ
  • SARA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ
  • LUCÍA GONZÁLEZ VÁZQUEZ
  • CARMEN LUCÍA SEOANE
  • CELIA RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ
  • JIMENA SOTO FERNÁNDEZ

Hoxe repetimos ben alto:

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
 

DOAZÓN DE SANGUE

O alumnado de 2º BAC tivo onte unha charla sobre a importancia da doazón de sangue e os requisitos que se precisan para poder facelo.
Hoxe, unha unidade móbil estará diante do noso centro, en horario de mañá, para que profesorado e alumnado maior de 18 anos que así o desexe poida levar a cabo este acto tan xeneroso e necesario.
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN STEMBACH

Hoxe, na Fundación Ramón Otero Pedrayo, o noso alumnado de 2º STEMBACH presentaba dous novos traballos de investigación.
Por un lado, Lucía González Vázquez, titorizada pola profesora do noso centro Elvira Moroño e o profesor da Universidade de Vigo Manuel Forcadela, facía unha defensa brillante do seu traballo "Poesía e xeografía en Bocarribeira. Poemas pra ler e queimar", na que mesturou novas tecnoloxías (a xeolocalización da toponimia da Bocarribeira) e a literatura.
Por outro lado, Celia Rodríguez Fernández, Nerea Rodríguez Andrade e Lidia Rodríguez Domínguez, titorizadas polo profesor do centro Daniel Lorenzo Valdivieso e a profesora da Universidade de Vigo Susana Reboreda Murillo, presentaron "Otero Pedrayo alumno. Traxectoria no centro que leva o seu nome", un traballo excelente no que revelaron, con respecto á figura de don Ramón, os datos obtidos do vaciado do arquivo do IES Otero Pedrayo (1898-1905). Rematou a exposición, coa entrega de copias de toda esta nova documentación á Fundación.
Dicía o presidente de fundación, D. Eduardo López Pereira, que don Ramón estaría feliz vendo a estas investigadoras mozas na súa casa, falando da súa obra e da súa persoa. Nós non temos ningunha dúbida de que así sería. Grazas á Fundación por acollelas-acollernos nun día tan emocionante como o de hoxe.
E parabéns alumnas, parabéns profesorado titor. Traballo excelente.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

PROXECTO DE INVESTIGACIÓN STEMBACH

O pasado martes, os alumnos de 2º BAC Alexandre Conde Julián e Raúl Dapía Justo defendían no Paraninfo do IES Otero Pedrayo o seu traballo de investigación "¿Racismo en los libros de texto? Una reflexión narrativa-visual", dentro do marco STEMBACH.

Nel analizaron e compararon como se trata o tema das razas humanas en dous libros de texto separados por case un século: un de Historia Natural do ano 1910 e outro de Antropoloxía do 2009. Foi unha exposición magnífica, avalada por un traballo magnífico.

Grazas ás titoras da Universidade de Vigo, María Esther Martínez Figueira e Silvia Sierra Martínez, así como á titora do IES Otero Pedrayo, Mª del Pilar Rodríguez Vázquez, por guiar ao noso alumnado na consecución dun traballo de excelencia como o exposto. Grazas, tamén, ao tribunal por outorgarlle a máxima nota aos nosos alumnos.

Mil parabéns Alexandre; mil parabéns Raúl. Orgullo de alumnado!

 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

CHARLA INFORMATIVA ABAU

O pasado luns, o alumnado de 2º BAC asistiu a unha charla organizada polo Departamento de Orientación na que un representante da Comisión Interuniversitaria Galega (CIUG) lles aclarou todas as dúbidas relacionadas co proceso de adminisión á universidade, así como as que tiñan a ver coas probas de acceso (probas ABAU). Charla produtiva e moi, moi necesaria.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

CAMIÑANDO A OTERO PEDRAYO...

Trasalba, Prisca, Bóveda, Abruciños, Fontefría, Formigueiro, Albeiros... son só algúns dos lugares que o alumnado de 2º STEMBAC recorreu a semana pasada, camiñando polas terras de Otero Pedrayo, aquelas que o patriarca das nosas letras evocou no poema "Bocarriberira: herdade, souto, laxe", incluído no poemario `Bocarribeira. Poemas para ler e queimar´.
A actividade está enmarcada dentro do traballo de investigación sobre a paisaxe oteriana que unha das alumnas está a elaborar para o bacharelato de excelencia.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

ABAU

Parabéns á nosa alumna Andrea Núñez Parada que cun 9,86 de media nas probas ABAU sitúase entre as mellores notas da comunidade.

Parabéns, tamén, ao resto dos nosos alumnos e alumnas de 2º BAC por eses magníficos resultados.

Nota de prensa Voz de Galicia I

Nota de prensa Voz de Galicia II

 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

 

VISITA Á CATEDRAL DE OURENSE. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA

O alumnado de Historia da Arte de 2º BAC do Otero Pedrayo realizaba unha completa visita á un dos grandes templos románicos de España: a catedral de Ourense. Que importante é coñecer e pór en valor o noso!

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

"CHEGANDO AO FINAL..."

Uns instantes da actividade do noso alumnado de 2º STEMBAC, bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía.
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

CALENDARIO DE EXAMES 2º BAC - XUÑO 2021

Convocatoria extraordinaria de xuño, 2021:

Os exames de 2º Bacharelato e materias pendentes de 1º Bac. serán os días 18, 21 e 22 de xuño nas aulas e horas que se indican aquí

 

Distribuir contido


by Dr. Radut