Skip to Content

Secretaría

MATRÍCULA CURSO 24-25

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE PRÉSTAMO:

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE PRÉSTAMO:
- FONDO XUNTA: venres, 21 de xuño
- FONDO ANPA: mércores, 26 de xuño
 
 
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024-25

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2024/25

 

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 

 

Prazo de solicitude: do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos.

 As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica  empregando a aplicación informática: fondolibros.

 

ACREDITACIÓN DA COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO

 

Ven de saír publicada a Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

 

A Acreditación da competencia dixital do alumnado pode ser:

 

 

Podedes acceder a unha DEMO das probas na seguinte enlace DEMO PROBA

 

 

 IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

 

 

CURSO CAPACITACIÓN DIXITAL

 

Bo día:
Achegamos información sobre o curso de alfabetización dixital que se vai desenvolver no noso centro a partir do 3 de outubro. Está dirixido a persoas que non pertenzan ao sistema educativo e formativo formal (xubilados/as, parados/as, traballadores/as) e non posúan competencias dixitais básicas.

Pedímosvos que, na medida do posible,  lle deades publicidade e, se coñecedes a alguén que cumpla os requisitos anteriores e estea interesado/a, se poña en contacto co centro. O curso ten certificación oficial, é gratuíto e será impartido polo  departamento de Tecnoloxía. 

Grazas de antemán.

ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023- 2024

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2023/24

Orde do 10 de maio do 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B).

prazo para presentar solicitudes iniciarase o día 20 de maio e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).

 

As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica  empregando a aplicación informática: fondolibros.

 

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2022- 2023

Prazo aberto desde o 19 de maio ata o 30 de setembro do presente curso. Toda a información AQUÍ.

CONVOCATORIA DO FONDO LIBROS E AXUDAS DE MATERIAL PARA O CURSO 2022- 2023

Prazo aberto desde o 19 de maio ata o 22 de xuño do presente ano. Toda a información AQUÍ.

Libros de texto curso 2016-17

Distribuir contido


by Dr. Radut