Skip to Content

KA121 Educación escolar - 2021-2027

Mirando Cara a Europa cos Ollos Grandes

 

O proxecto "Mirando cara a Europa cos Ollos Grandes" está cofinanciado polo programa Erasmus+ da Unión Europea. O contido desta publicación é responsabilidade exclusiva do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes e nin a Comisión Europea, nin o Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) son responsables do uso que poda facerse da información aquí difundida.

 

Os obxectivos do noso proxecto, en consonancia cos obxectivos establecidos na nosa acreditación KA120, son os seguintes:

  1. Aumento da calidade educativa de forma inclusiva, promovendo a atención á diversidade, a inclusión e a igualdade de dereitos e oportunidades.
  2. Promoción da excelencia educativa, con especial atención á promoción das vocacións STEM entre o alumnado feminino, a fin de alcanzar un adecuado nivel de representación neste sector.
  3. Mellora do nivel de convivencia no centro a través da educación social e emocional dos membros da comunidade educativa.
  4. Promover o cambio da metodoloxía docente que fomente a aprendizaxe baseada en competencias e tome en consideración a diversidade cognitiva entre o alumnado.
  5. Mellorar a aprendizaxe de linguas estranxeiras e a sensibilización ante a diversidade cultural entre alumnado e profesorado para unha mellor adaptación a unha sociedade globalizada.

 

El proyecto “Mirando cara a Europa cos Ollos Grandes” está cofinanciado por el programa Erasmus+ de la Unión Europea. El contenido de esta publicación es responsabilidad exclusiva del IES Nosa Señora dos Ollos Grandes y ni la Comisión Europea, ni el Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) son responsables del uso que pueda hacerse de la información aquí difundida. 

Los objetivos de nuestro proyecto, en consonancia con los objetivos establecidos en nuestra acreditación KA120, son los siguientes:

  1. Aumento de la calidad educativa de forma inclusiva, promoviendo la atención a la diversidad, la inclusión y la igualdad de derechos y oportunidades.
  2. Promoción de la excelencia educativa, con especial atención a la promoción de las vocaciones STEM entre el alumnado femenino, a fin de alcanzar un adecuado nivel de representación en este sector.
  3. Mejora del nivel de convivencia en el centro a través de la educación social y emocional de los miembros de la comunidad educativa.
  4. Promover el cambio de la metodología docente que fomente el aprendizaje basado en competencias y tome en consideración la diversidad cognitiva entre el alumnado.
  5. Mejorar el aprendizaje de lenguas extranjeras y la sensibilización ante la diversidad cultural entre alumnado y profesorado para una mejor adaptación a una sociedad globalizada.

Diseminación dos proxectos Erasmus+

Hoxe fumos a Radio Lugo para participar no programa Hoy por Hoy. Alí, Mar Neira e Roberto Núñez falaron dos proxectos internacionais que estamos levando a cabo, case todos enmarcados no programa Erasmus+. As "nosas" alumnas italianas, Melanie, Lorena e Chiara falaron da súa experiencia como participantes nunha mobilidade de longa duración en Lugo.

 

Mobilidade a Islandia

Xoves 27 de abril

Continuamos aprendendo sobre patrimonio artístico e historia de Islandia facendo un tour polo centro de Reikiavik

Mércores 26 de abril.

No día de hoxe coñecimos o patrimonio natural de Islandia: cataratas, géyseres... Impresionante!

Martes 25 de abril.

A nosa delegacion Erasmus + foi recibida por Guðni Thorlacius Jóhannesson, presidente de Islandia. Entregouselle un agasallo do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes e outro en nome do Concello de Lugo.

Xa pola tarde presentacións sobre a nosa literatura, música, cine...

 

Luns 24 de abril.

Alumnado do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes de visita en Reikiavik, hoxe tivo a oportunidade de aprender sobre a xeografía e a historia de Islandia.

Despois fixeron unha icebreakers na clase de teatro.

Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grrandes viaxa a Reikiavik, Islandia

Esta mobilidade desenvólvese do 22 ao 30 de abril e está encadrada dentro do proxecto Erasmus+ 

 

Mobilidade a Polonia

Venres 14 de abril. No día de hoxe tocou visita guiada pola cidade de Cracovia.

Xoves 13 de abril. O noso grupo Erasmus+ desprazado a Wieliczka visitou o antigo campo de concentración de Auschwitz onde puideron coñecer de primeira man momentos da historia que non debemos repetir nunca mais.

Mércores 12 de abril. Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes desprazouse a Wieliczka,  Polonia 

Ali deron a coñecer aos nosos anfitrións a nosa vila, cultura e costumes.

Recibimos aos nosos socios de Lituania e Francia

Este fin de semana recibimos ás delegacións de Druskininkai (Lituania) e L´Isle Jourdain (Francia) e comezamos as actividades sobre o Camiño de Santiago.

Mércores 29 de Marzo.

Acompañamos aos nosos amigos franceses e lituanos a facer un pequeno tramo do Camiño e chegar a Santiago.

Luns 27 de Marzo.

O luns, tivemos no pavillón do IES unha xornada de xogos tradicionais: "Xogos e Arte" co alumnado de 4º ESO inmerso no Erasmus "Buen Camino" e co alumnado visitante de procedencia Lituana (Druskininkai) e Francesa (L´Isle Jourdain)

A xornada foi coordinada polo Departamento de Educación Física e organizada coa axuda do alumnado de 1º BACH A.

Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecta: Proxecto de Vida Saudable de Deportiva

Domingo 26 de Marzo

Día intenso cos nosos socios de Lituania e Francia. Desprazámonos ata A Mariña para facer unha ruta seguindo o Camiño do Mar, visitando a Praia das Catedrais.

Xa pola tarde aproveitamos para visitar a vila de Mondoñedo.

Sábado 25 de Marzo

O sábado apreveitamos o día para coñercernos e para mostrar a nosa cidade e revisar os coñecementos sobre o Bo Camiño.

Recibimos aos nosos socios de Noruega

Esta semana recibimos á delegación noruega que non puiedera realizar a mobilidade en Lugo connosco en outubro.

Mércores 22 de Marzo

Hoxe mércores a delegación Noruega xunto con parte do noso alumnado visitou a cidade de Santiago.

En Santiago fixeron un recorrido polo casco histórico e visitaron a catedral. Nestas fotos vémolos disfrutando dos tellados da catedral.

Martes 21 de Marzo

 

Despois dunhas nocións de español e galego de supervivencia e da benvida do noso director, desprazámonos ás instalacións do Vello Cárcere para realizar unhas actividades para romper o xeo.

 

Ao rematar, fixemos un exercicio de aprendizaxe cooperativa no que traballamos conceptos relacionados co patrimonio cultural dos dous países. Pola tarde, o noso alumnado fixo de guía dos nosos convidados ensinándolles os puntos máis representativos da nosa cidade.

Mobilidade a Francia

Alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes viaxou a Francia, devolvendo a visita ao Lycée Joseph Saverne de L´Isle Jourdain, Toulouse.

Venres 24 de marzo

Despedida. Como todos os anos momento de bagoas. Amigos para sempre.

Xoves 23 de Marzo

Hoxe visitamos en l´isle Jourdain o Museo Europeo das Campanas e a Casa Museo de Claude Augé, ilustrador do diccionario Larousse.

Ademais fíxose a entrega de diplomas e a despedida. Mañá venres, retornamos.

Mércores 22 de Marzo

Airbus ten en Toulouse a súa sede social e os talleres finais de montaxe de aeronaves. Coa visita ao museo o noso alumnado  descubriu os segredos de Airbus.

Martes 21 de Marzo

Foto de grupo en La Halle des Machines en Toulouse.

No interior de La Halle des Machines con distintos mecanismos fabricados con materiais reciclados.

De visita na Basílica de Saint Sernin

Luns día 20 de marzo

Despois dunha fin de semana en convivencia coas familias de acollida o noso alulmnado comezou as actividades e visitas en grupo. Na fotografía podemos velos na visita á cidade medieval de Carcassonne.

Videoconferencia co Cónsul de España en Noruega

Alumnado de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes asistiu a unha videoconferencia con Don Pedro Luis Sosa Torres, Cónsul da Embaixada de España en Noruega.

Esta charla xurdía no intercambio Erasmus+ con Noruega e versou sobre a formación e actitudes necesarias para traballar como diplomático nunha embaixada.

 

Docencia en Leipzig

No marco do proceso de internacionalización do noso centro, a nosa compañeira María José Fernández Senande, profesora de Lingua Inglesa, desprazouse á cidade alemana de Leipzig para impartir docencia de linguas estranxeiras no Evangelisches Schulzentrum durante unha semana. Tamén tivo a oportunidade de coñecer de primeira man a organización e o funcionamento dos centros educativos nese país.

Actividades co Lycée Joseph Saverne de L´Isle Jourdain, Toulouse

No día de hoxe alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes acompañou ao alumnado do Lycée Joseph Saverne de L´Isle Jourdain, Toulouse, nunha visita a Coruña. 

Alí visitaron a Torre de Hércules, o Museo de Belas Artes e percorreron a cidade.

No día de onte fixeron unha visita a Santiago.

En Santiago visitaron o Parlamento de Galicia, percorreron o casco histórico e coñeceron o final do camiño. 

Distribuir contido


by Dr. Radut