Skip to Content

Tecnoloxía

Departamento de Tecnoloxía. Curso 23-24

A composición do departamento de tecnoloxía do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes durante o curso 2023-2024 é a seguinte:

  • Varela Vázquez, Rocío (xefa de departamento)
  • López Cela, Ana Mª
  • Rey Rodríguez, Cristina
  • Yugueros Valbuena, María Covadonga
  • Blanco Rguez, Marta

Visitamos Sotavento

Alumnado de 4º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitou o parque eólico experimental de Sotavento.

Visitamos as instalacións de Sotavento para desfrutar das actividades de educación enerxética. Actividade patrocinada por @norvento.enerxia 

...

Iniciación á pegada dixital e redes sociais

Alumnado de 2º e 3º da ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes participaron nun obradoiro de “Iniciación á pegada dixital e redes sociais” impartido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

Nela trataron aspectos básicos como a identidade dixital, a seguridade e a privacidade, aprenderon a configurar os seus perfís sociais, a configurar os motores de búsqueda nos seus dispositivos e tamén novos termos como o “egosurfing”.

Charla de Robótica

Efrén Arias Jordán, profesor de programación no grado de Robótica, regalou ao alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes unha charla sobre programación e robótica.

Descubriunos que os robots están presentes na maioría dos procesos industriais e que topamos con eles no noso día a día, desde un simple semáforo ata o mais sofisticado dos satélites, pasando polo mesmo espertador do móbil.

Vimos como era quen de mover un pequeno brazo robótico cun sinxelo programa e puxo varios exemplos de Intelixencia artificial. 

 
Aquí en Lugo temos a sorte de ser un dos poucos sitios en España onde podemos estudar Robótica. Foi xenial!

Charla de Sotavento

Alumnado de 1º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes recibiu unha charla impartida por persoal de Sotavento.

Fixeron varias actividades relacionadas co ámbito das enerxías renovables o aforro e a eficiencia enerxética.

 

Visita a Sotavento

Alumnado de 4º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitou o parque eólico experimental de Sotavento.

 

Charla Impresión 3D

Alumnado de 1º de Bacharelato participou nunha charla sobre impresión 3D

A Charla foi impartida polo profesor da USC  Alberto Coelho Coton.

Acercamento a linguaxe de programación Python

Esta semana, os alumnos de TIC de 2º de BAC tiveron a sorte de contar con Efrén Arias Jordán, profesor de programación na Escola de Enxeñeiros do Campus Terra da Universidade de Santiago.

 

 Efrén estanos acercando un pouco a unha das linguaxes de programación máis en boga nos últimos anos, Python. Unha linguaxe que utilizan moitas das grandes empresas do mundo tecnolóxico e que lles será moi útil a tódolos alumnos, especialmente a aqueles que o próximo ano opten por un grado do mundo das enxeñerías e a informática.

Dende o departamento de Tecnoloxía so podemos estar enormemente agradecidas.

Distribuir contido


by Dr. Radut