Skip to Content

1º trimestre

Mercado de Xabóns Artesáns

O Club de Ciencia do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes fixo xabón ecolóxico e puxo un punto de venta na entrada do IES.

Teatro: Golpes

Alumnado de 4º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes asistiu, no Salón de Actos do centro, á representación da obra de teatro "Golpes"

Pamela, unha xoven que ven de sufrir violencia machista, cóntanos como se enamorou, os seus sonos, como foi entrando nese círculo de violencia e por eso quere compartir a súa experiencia para que ningunha outra muller pase por ser golpeada.

Estébaliz Veiga da vida a Pamela en "Golpes", actuación da compañia teatral aAntena dentro do programa do Día Internacional para Eliminar a Violencia Contra a Muller

Charla sobre accesibilidade cognitiva

Alumnado de ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participou nunha charla sobre accesibilidade cognitiva.

A accesibilidade cognitiva é a condición que deben cumplir textos, carteles, tecnologías, pictograms, para que todas as persoas podan entendelos facilmente.

 

25N

O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes celebra o 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participou en distintas actividade para conmemorar o 25N

O alumnado de 1º ESO formou un lazo e aproveitaron para facer a lectura de distintas frases reivindicativas, de condena, de esperanza e de reflexión sobre a Violencia de Xénero.

Novembro: Mes da Ciencia en Galego

No IES Nosa Señora dos Ollos Grandes estamos a celebrar o mes da Ciencia en Galego.

Talleres, experimentos, conferencias, exposicións...

Trátase de poñer en valor a importancia da Ciencia en tódolos ámbitos da vida.

Celebración de Samaín

O venres 28 de Outubro celebramos a festa do Samaín.

Houbo concurso de cabazas, concurso de disfraces, xogos e moita festa.

Correlingua 2022

Alumnado de 3º ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes participou na festa Correlingua 2022.

  

O acto tivo lugar no Auditorio Gustavo Freire e contou ca actuación de Pauliña.

O Correlingua é unha proposta de carácter lúdico, educativo e reivindicativo do dereito a "medrar en galego".

SAMAÍN

Esta semana, o venres 28, celebramos o Samaín. Concurso de cabazas, concurso de disfraces...

Anímate e participa!!

Máis información en Biblioteca, EDLG ou Vicedirección

Visita a Coruña

Alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes acompañaron ao alumnado polaco que nestes días está  de visita no noso centro facendo un percorrido pola Coruña.

Alí visitaron o Acuario, o MUNCYT e percorreron a cidade da Coruña.

         

Visita á exposición "Cultura e tradición no camiño"

Alumnado de 1º de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitou a exposición  Cultura e tradición no Camiño 

 

Trátase dunha exposición a  cargo de Traxandaina no Centro Cultural O Vello Cárcere.

Alí fixéronse demostracións de elaboración de caligrafía gótica e encadernación.

Distribuir contido


by Dr. Radut