Skip to Content

Educación física

Departamento de Educación Física. Curso 2022-2023

A composición do departamento de educación física do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes durante o curso 2022-2023 é a seguinte:

  • Cabado Estraviz, Santiago (xefe de departamento)
  • Fernández Pedraza, Noemí
  • Salgado Garrues, Adrián

 

 

Piragüismo e senderismo en Pontedeume

Hoxe, día 08 de xuño, o alumnado de 2º ESO foi a Pontedeume, en concreto ao Clube Náutico "O Firrete", acompañados dos seus profesores de Educación Física: Natalia, María e Noemí e máis o profesor de Lingua Estranxeira, Inglés: Daniel Rouco.

Alí o grupo dividiuse en dous e mentras uns ían remando en kaiaks pola mar rumbo ao pobo de Redes o outro grupo foi camiñando dende Pontedeume ata alí, en Redes fixose o intercambio de grupos e así todos/as puideron disfrutar de ambas actividades.

 

 

 

Surf en Esteiro

Hoxe, 31 de maio de 2023 o alumnado de 4ºESO foi á Praia de Esteiro, O Barqueiro (Concello de Mañón) a un bautismo de Surf e Paddle Surf acompañados polas súas profesoras de Educación Física: Natalia, María e Noemí.

A Viveiro Surf Escola foi nesta ocasión a encargada de ensinarlle ao noso alumnado as súas primeiras nocións nestos deportes.

Os nosos campións

Na conta oficial do Departamento de Educación Física do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes para o Proxecta: Proxecto de Vida Saudable e Deportiva podes seguir aos nosos Campións

Síguenos en https://www.instagram.com/pvsdefiesnsollosgrandes/

e en noeefiesollosgrandes.blogspot.com

Campionato de España infantil de voleibol

Alumnado de 2 ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes acompañado polo profesorado do Departamento de Educación Física, foron camiñando ao pavillón: “Casa do Deporte” en Lugo, para poder disfrutar do Campionato de España de Voleibol Infantil. 

No equipo EMEVE de Lugo xoga unha alumna de 2 ESO  do noso centro, Emma Lorenzana, a cal o alumnado quixo acompañar para animala.

Foi un dái no que o alumnado aprendeu moito de voleibol e doutros temas como valores no deporte: equipo, compañerismo, traballo, esforzo…

Campionato Galego de Orientación Escolar a pé

Hoxe, 06 de maio de 2023, celebrouse en Ourense o “Campionato Galego de Orientación Escolar a pé”. O equipo infantil feminino do IES que se clasificara no “Campionato Provincial Escolar” en segunda posición, neste “Campionato Galego Escolar” quedou nunha meritoria cuarta posición de un total de 12 centros escolares.

As integrantes do equipo foron: Sara Salgado Pollán. Julia Saqués Feijoo. Moraima Ferreiro García. Candela Vilarín Salvador. Alejandra Castedo Medina. Ania Vázquez Pastor.

Parabéns a todas as participantes!!! Grazas polo voso impecable comportamento e a vosa gran actuación.

Campeonato interescolar 3x3 Baloncesto

Hoxe, tivo lugar no pavillón do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes o Campeonato Interescolar de Baloncesto 3x3 para 3º e 4º ESO.

Os centros que participaron foron: CPI Guntín, IES Lucus Augusti, Colexio Fingoy, Colexio Franciscanos e IES Nosa Sra dos Ollos Grandes.

Foi unha xornada enmarcada dentro do Proxecta de centro: “Proxecto Vida Saudable e Deportiva” no apartado XOGADE.

A actividade foi coordinada polo Departamento de Educación Física: Maria Aguiar, Natalia Castro e Noemí Fdez.

Campeonato Provincial de Orientación Deportiva a Pé

O día 23 de marzo, alumnado de 1º, 2º e 4º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes participou no "Campeonato Provincial de Orientación Deportiva a Pé" no Campus Universitario de Lugo acompañados polos seus profesores/as: Lucía de Galego, Xosé de Portugüés, María e Noemí de Educación Física.

Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecta: Proxecto de Vida Saudable e Deportiva de centro coordinado polo Departamento de Educación Física.

 

Todos/as eles/elas tiveron unha brillante actuación, destacando os terceiros postos acadados polas irmás Lía ( 2ºESO) e Noa (4ºESO)

 

Saída ao Urban Planet

O día 15 de marzo o alumnado de 4ºESO  saiu acompañado dos seus profesores: Daniel Rouco, Tania Fernández, Lucía Teijeiro, Natalia Castro, María Aguiar e Noemí Fernández ao Urban Planet de Oleiros (A Coruña).

Alí probaron e perfeccionaron: airbag, barredera, climb wall, dodge ball, foam pit, free jump, kids jump, ninja planet, pro jam, slam basket, street jump…

 

 

 

Coñecendo a loita

Hoxe contamos no centro coa presencia de Pablo Pintos do Club Loita Lugo, o alumnado de 1º ESO disfrutou dunha xornada de coñecemento dun deporte distinto para eles.

 

Esta actividade está enmarcada dentro do plan Proxecta: PVSD dentro do apartado: "Coñece o meu club" e organizada polo Departamento de Educación Física.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut