Skip to Content

Francés

Departamento de Francés. Curso 23-24

A composición do departamento de francés do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes durante o curso 2023-2024 é a seguinte:

  • Lozano Beceiro, Clara (xefa de departamento)
  • Ulloa González, María Teresa

XIII Festival da Francofonía

Alumnado de 2º e 3º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes participou no XIII Festival da Francofonía celebrado o martes 7 de maio en Vilanova de Arousa.

Preto de 2000 alumnos de  22 institutos de Galicia reuníronse no pavillón da vila coa finalidade de promover a lingua francesa e dar a coñecer a creación cultural e artística do mundo francófono.

Visita de Jean-Paul Rodríguez Jouvencel

Alumnado de 1º ESO do IES Nosa Sra dos Ollos Grandes tivo a enorme sorte de recibir unha clase de francés de Jean-Paul Rodríguez Jouvencel.

Jean-Paul, con 90 anos, mantén a vitalidade e o bon facer de quen adicou a súa vida profesional a ensinar francés na Academia Jouvencel. A súa longa experiencia non pode desperdiciarse e debe ser aproveitada polos que veñen detrás.

DELF scolaire 2024

Informamos, no video adxunto, sobre a convocatoria de DELF scolaire

Erasmus +

O IES Nosa Señora dos Ollos Grandes sigue a difundir as actividades do proxecto Ersasmus + dentro da nosa comunidade educativa.

Mencía e Uxía fixeron unha presentación na súa clase de Francés sobre a súa experiencia Erasmus+ de cinco semanas no Lycée Joseph Saverne, en L'Isle-Jourdain. 

Mobilidade a Francia

Alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes viaxou a Francia, devolvendo a visita ao Lycée Joseph Saverne de L´Isle Jourdain, Toulouse.

Venres 24 de marzo

Despedida. Como todos os anos momento de bagoas. Amigos para sempre.

Xoves 23 de Marzo

Hoxe visitamos en l´isle Jourdain o Museo Europeo das Campanas e a Casa Museo de Claude Augé, ilustrador do diccionario Larousse.

Ademais fíxose a entrega de diplomas e a despedida. Mañá venres, retornamos.

Mércores 22 de Marzo

Airbus ten en Toulouse a súa sede social e os talleres finais de montaxe de aeronaves. Coa visita ao museo o noso alumnado  descubriu os segredos de Airbus.

Martes 21 de Marzo

Foto de grupo en La Halle des Machines en Toulouse.

No interior de La Halle des Machines con distintos mecanismos fabricados con materiais reciclados.

De visita na Basílica de Saint Sernin

Luns día 20 de marzo

Despois dunha fin de semana en convivencia coas familias de acollida o noso alulmnado comezou as actividades e visitas en grupo. Na fotografía podemos velos na visita á cidade medieval de Carcassonne.

Viaxe a Amiens

Esta é a ligazón do blog da viaxe a Amiens.

https://amiensrita.blogspot.com/2022

Blog da viaxe a L'Ille Saint Jourdain

Distribuir contido


by Dr. Radut