Skip to Content

ANPA

ANPA. Xunta directiva

Presidenta

MONTSERRAT PITA CASTRO

Vicepresidenta

MARÍA BELÉN LOUZAO FERRACES

Secretario

MARTÍN FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ

Tesoureira

SILVIA ARROJO RODRÍGUEZ

Vogal

MARÍA JOSÉ GARCÍA OTERO

Vogal

MARÍA JESÚS FERREIRO GÓMEZ

 

Benvida da ANPA

Convocatoria da asemblea ordinaria ANPA 19/VI/23

Estimadas familias,

 

A Xunta Directiva da ANPA IES Ollos Grandes convida as familias do centro, tanto socias como non socias, a unha reunión o luns19 de Xuño ás 18:00 h na que se informará de temas de interese xeral e da actividade da asociación. A continuación terá lugar unha asemblea de socios coa seguinte:

 

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA ORDINARIA ANPA IES OLLOS GRANDES

  

DATA: Luns 19/06/2023

 

HORA: 18:30 (1ª convocatoria) 19:00 (2ª convocatoria).

 

LUGAR: Salón de Actos do Instituto (Ramón Ferreiro s/n)

 

 

ORDE DO DÍA:

 

1º. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

2º. Informe sobre actuacións desenvoltas ao longo do curso 22_23.

3º. Información sobre a xestión administrativa e económica da Anpa. Cota socios.

4º. Propostas para o curso 23_24.

5º. Rogos e preguntas.

 

 

En Lugo, a 9 de xuño de 2023

 

Esperamos a vosa asistencia. Un cordial saúdo,

 

Montserrat Pita Castro

Presidenta

ANPA

 

 P.D. No ficheiro adxunto pódese descargar a ficha de alta para o curso 23_24

Convocatoria asamblea xeral Asociación Nais Pais IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

A Asociación de Nais e Pais, coa colaboración da Dirección do Centro, invítavos a unha reunión co actual Equipo directivo o vindeiro luns, día 17 de outubro, ás cinco e media da tarde, no Salón de Actos do Centro.

Acto seguido, as 18:00 h. en primeira convocatoria, e ás 18:30 h. en segunda convocatoria, a Xunta directiva da ANPA, convoca unha ASAMBLEA ORDINARIA coa seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede da acta da reunión anterior

  2. Actividades realizadas no curso anterior

  3. Estado de contas e aprobación das mesmas.

  4. Acto de Graduación de 2º de Bac.

  5. Continuidade de Obradoiros para as familias.

  6. Plan xeral de actuación da Asociación

  7. Rogos e preguntas.

Despois, acorde cos Estatutos da Asociación, celebrarase a ASAMBLEA EXTRAORDINARIA para renovar a Xunta Directiva da ANPA.

Esta reunión ten lugar só unha vez ao ano, e polo tanto, cumpre tamén a importante función de establecer contacto entre o centro, a ANPA e as nais e pais do alumnado do IES.

En Lugo a 14 de Outubro do 2022

 

A Presidenta da A.N.P.A.

 

Achégase formulario de inscripción para entregar nas oficinas do centro

 

Grazas pola vosa colaboración

Convocatoria reunión ANPA 04.04.22

O luns 04.04.2022, ás 18:30 horas, no salón de actos do centro, celebrarase unha reunión da ANPA do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes á que están convidados todos os  pais/nais/titores legais de alumnado do centro, con independencia da súa condición ou non de socios.

A orde do día é a seguinte:

Punto primeiro - Lectura da acta da reunión anterior.

Punto segundo - Proposta de charlas a desenvolver.

Punto terceiro - Información sobre temas a tratar no pasado Consello Escolar

Punto cuarto - Proposta de cambio no horario do centro

Punto quinto - Xestión información redes sociais da ANPA

Punto sexto - Cambios na Dirección da ANPA

Punto séptimo - Rogos e preguntas

Lémbrase que as decisións tomadas nestas reunións o serán por votación de todos os asistentes as mesmas.

 

Convocatoria reunión ANPA 07.02.22

O luns 07.02.2022, ás 18:30 horas, no salón de actos do centro, celebrarase unha reunión da ANPA do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes á que están convidados todos os  pais/nais/titores legais de alumnado do centro, con independencia da súa condición ou non de socios.

A orde do día é a seguinte:

Punto primeiro - Lectura da acta da reunión anterior.

Punto segundo - Nova organización das reunións da ANPA e proposta de calendario.

Punto terceiro - Proposta de actividades
Graduación de 2º Bacharelato e 4º ESO, outras propostas.

Punto cuarto - Información sobre temas a tratar no vindeiro Consello Escolar

Punto quinto - Xestión administrativa e económica da ANPA

Punto sexto - Rogos e preguntas

Lémbrase que as decisións tomadas nestas reunións o serán por votación de todos os asistentes as mesmas.

Lugo, 2 de febreiro de 2022.

 

Alta de socios na ANPA PARA O CURSO 21/22

No ficheiro adxunto atópase información sobre o mercadillo de libros, e o impreso para a alta de socios na ANPA de cara ao curso 21/22

Convocatoria asamblea extraordinaria da ANPA do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

Prezadas familias, vos convocamos para o vindeiro 21 de xuño a asamblea extraordinaria para renovar cargos da Xunta Directiva, o de presidente fixo,  que recae sobre esta que vos escribe, e rematei a miña etapa como nai no Centro. Tamén vos adxunto as contas a día de hoxe cos gastos e ingresos que houbo dende o 2/01/2021 que foron as derradeiras contas presentadas e aprobadas en Asamblea.

Primeiro darvos as grazas por a confianza depositada e vos animo a que participedes como candidatos a coller os cargos cesantes, todas as familias son importantes, mais sería bo que as familias que están nos primeiros cursos da ESO formasen parte da directiva, xa que participarían con unha visión  dende toda a traxectoria das etapas.
 
Non vos debe dar medo coller ningún dos cargos saintes, queda moito traballo feito en canto a modelos de documentos tanto prara a Administración, Banco, Federación, etc. A ANPA do IES pouco ten que ver con a dun centro de primaria en canto organizar actividades para o estudantado, mais si que cumpre un papel moi importante como nexo das familias co Centro en canto a consultas, ter un diálogo ante problemáticas diversas, cambios, etc, e en situacións de decisións das administracións que perxudiquen aos  nosos fillos e / ou as familias. Sería unha pena que tivese que desaparecer a anpa por non haber candidatos. 
 
Por outra banda, os que se animen, se teñen dúbidas de calquera tipo, eu aínda que marcho, deixarei o meu email e o meu teléfono para axudar no que poda.
 
Moitas grazas.
Berta Villamor Catoira 

 

Convocatoria  

ASAMBLEA  EXTRAORDINARIA

da

ANPA DO IES A NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES  (LUGO)

 

A Xunta directiva da ANPA, acorde cos Estatutos da Asociación, convoca ASAMBLEA  EXTRAORDINARIA para o vindeiro  21 de xuño, lunsás 19:30 da tarde en primeira convocatoria, e ás 20:00 en segunda coa seguinte e única orde do día:

 

-       RENOVAR XUNTA DIRECTIVA, xa que hai que cubrir cargos vacantes,  entre eles o de PRESIDENTE, porque  hai persoas que cesan no cargo.

 

Dita ASAMBLEA terá lugar no Salón de Actos do Centro (este salón esta no segundo andar) de maneira presencial ou por videochamada a través do seguinte enlace:

https://meet.google.com/nyc-yibi-dud

           

Prégase puntualidade e a maior asistencia posible

Mercadillo de libros

Prezadas familias, por mor do Covid-19, non teremos Mercadillo presencial para a compra /venta dos libros de texto e de lectura. Por iso da mesma maneira que o ano pasado, habilitamos un grupo de WhatsApp para facilitar a comunicación entre os interesados en comprar ou vender.
 
Dende a ANPA, RECOMENDAMOS UN PREZO  de 10 euros para libros de texto (por materia) e de 5 euros para os de lectura, non intervimos nin xestionamos a compra/venta, solo facilitamos un medio de comunicación entre as familias.
 
IMPORTANTE:
- Mantense a vixencia dos libros de texto, mais lembramos que 3º e 4º da ESO incorporanse ao programa EDIXGAL, mais haberá materias que precisen libro de texto, pregase mirar as listas cando se publiquen na web do Centro.
- Ter en conta a recomendación "non mercar ata falar co profesor", e valorade por si logo houbese que mercalo na librería, ou si pode ser de axuda como consulta para os vosos fillos.
- As familias de 2º de BAC, que xa non precisen os libros, vos animamos a que participedes aínda que xa non teñades fillos no Centro.
 
Abre este enlace para unirte a mi grupo de WhatsApp: 

Charlas informativas para as familias

Adxuntamos información da charla que será impartida por Dª. Laura Pardeiro coa temática "Educando hoxe ás persoas de mañá". 

Será o vindeiro xoves 13 de maio, as 20:15 horas pola plataforma zoom.
 
Interesados enviar correo electrónico indicando nome e apelidos e solicitando o enlace da conexión a: anpaiesollosgrandes@gmail.com
 
 

 

Adxuntamos tamén información sobre o seminario online e gratuito "Problemas de aprendizaxe e desenvolvemento motor. Qué nos une?" impartido por Fapacel coa colaboración do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia. 

Será o Sábado 22 de maio de 21:30 a 23:30

 


 
Agardamos que sexan do voso interés.
Distribuir contido


by Dr. Radut